pel20032019.jpg

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de axudas das liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) para a anualidade 2019, dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende mañá xoves, 21 de marzo, ata o 22 de abril de 2019 ás 14:00h

 

PEL-PEMES subvenciona ata o 75% na contratación de persoal

 

A liña PEL-PEMES subvencionará ás pemes situadas nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 75% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 16.500 euros anuais.O período de contratación subvencionable abarca desde 1 de xaneiro de 2019 e ata un máximo de dous meses posteriores á data de concesión das axudas.

 

Habilítase tamén unha liña PEL-PEMES Mantemento, que subvencionará as contratacións laborais indefinidas das entidades subvencionadas na convocatoria anterior do programa, de maneira que os beneficiarios da convocatoria anterior poidan optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2018 durante 12 meses máis, financiándose o 50% do soldo e seguridade social cun importe máximo da axuda de 11.000 euros. 

 

PEL-Emprende, axudas para investimentos e actividades

 

Na liña PEL-Emprende Investimento financiaranse a realización de investimentos en bens inventariables novos e necesarios para o desenvolvemento da actividade en empresas cunha antigüidade máxima de 5 anos.  As axudas cubrirán ata o 80% do investimento, cun máximo de 20.000 euros de axuda a fondo perdido, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información.

 

Na liña PEL-Emprende Actividades contémplanse axudas para subvencionar as actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial nos ámbitos de Responsabilidade Social Empresarial, Marketing, comunicación, competitividade e expansión  en empresas cunha antigüidade máxima de 10 anos. As axudas cubrirán ata o 80% do orzamento da actividade, cun máximo de 4.800 euros.

 

Os investimentos e as actividades subvencionadas nas liñas PEL Emprende, deberán ser realizadas no período comprendido entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

 

Pódese consultar as bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do día 6 de marzo de 2019 e na páxina web da Deputación da Coruña

 https://emprego.dacoruna.gal.

tandiferentes.jpg

O 21 de marzo de cada ano, e dende o 2012, aínda que se descobreu no 1959, celébrase este día da Síndrome de Down, para visibilizar e sensibilizar á sociedade.

 

O motivo de que se celebre cada 21 de marzo non é por aletoriedade nin capricho, esta condición humana, que está presente en todo o mundo dáse cando se triplica o cromosoma número vinte e un (mes 3, dia 21).

 

O lema para este ano 2019 é “Non deixar a ninguén atrás” como reivindicación para sensibilizar á sociedade sobre os problemas de inxerción a todolos niveis sociais dos individuos afectados por esta condición.

 

O axenda da ONU para o Desarrollo Sostible para 2030 abranxe a meta de que todos os individuos con esta afeción teñan as mesmas oportunidades e haxa una igualdade social completa para con estas persoas afectadas, entre outras metas.

 

O Concello de Negreira súmase a campaña de Down Galicia e, nesta data tan sinalada, pon en marcha una campaña de visibilización repartindo carteis e facendo agasallo dunhas pulseiras con motivo deste día aos alumnos da Escola Municipal de Música.

escola_musica_dia_down_21032019.jpg

punto_de_atencion_peregrinos.jpg

A Deputación da Coruña vén de aprobar, a través do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a concesión provisional de subvencións do programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2019.

 

Ao Concello de Negreira, en agrupación cos da Baña e Val do Dubra, se lle concede unha achega económica de 11.920 euros para facer fronte aos gastos de contratación dun informador/a turístico para a tempada de verán 2019 cando se produce a maior afluencia de peregrinos polo Camiño de Fisterra, sendo Negreira a porta de entrada.

 

Entre as súas tarefas está a coordinación do Punto de Información que o Concello ten na avenida de Santiago, cuxa apertura producirase no mes de maio.

 

 

 

deportes_Instalacion_piscina_municipal.jpg

As subvencións, por importe de 306.000 euros, servirán para a contratación de socorristas durante a tempada estival

 

A Deputación da Coruña destina 306.000 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais e praias fluviais de 43 concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes.

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os  3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un periodo máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán. 

 

Os concellos que contarán con servizo de socorrista subvencionado pola Deputación este ano son, entre outros, A Baña, Ames, Brión, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.

 

O orzamento para Negreira é de 7.000,00€.

 

quema_agricola.jpg

Debido ás altas temperaturas, a Xunta tomou a decisión de prohibir dende hoxe e ata novo aviso, as labores de queima de restos agrícolas e forestais en Galicia.

 

Esta medida repítese ano tras ano na temporada de calor, esta actuación responde ó estudo que Medio Rural observou segundo a evolución meteorolóxica para os próximos días, con temperaturas que se manteran mesmo incrementaránse nalgúns puntos da comunidade.

 

Os permisos, anulados

 

Esta medida da Xunta, tamén afecta aos veciños que tiveran permisos xa concedidos, xa que logo, estas comunicacións e autorizacións carecen de validez dende o momento da prohibición.

 

A conselleria manterá activado o telefóno gratuito 085 para que calquer particular poida chamar no caso de detectar calquer tipo de incidente desta índole.

 

 

 

 

 

logo_xunta.png

A Xunta convoca as probas para obter os certificados Celga 1, 2,3 e 4 no ano 2019. Esta convocatoria vai dirixida ás persoas maiores de dezaseis anos ou que cumpran dita cifra no ano natural da proba.

 

As probas dos niveis Celga Terán lugar no mes de xuño de 2019, as datas concretas publicaránse no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de 15 días naturais antes do día fixado.

 

Estas probas hánse realizar en Santiago de Compostela, para todos aqueles habitantes da comunidade e dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Mentres que as persoas que vivan fóra da comunidade terán as probas en Ponferrada para os niveis Celga 2, 3 e 4. As sedes e horarios serán publicados na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto ca listaxe das persoas admitidas para as probas.

 

As persoas que queiran presentarse deberán cubrir e mandar o formulario de inscripción, xunto ca documentación requerida e o xustificante de pago de taxas, o precio destas é de 16.19€ cada proba, sendo o día 19 de abril o remate do plazo.

 

Tanto a solicitude como a documentación pódense presentar telemáticamente a través da web da xunta asi como presencialmente na oficina do rexistro.

 

Toda a información detallada e o formulario están na web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.html

veranos_paz_27032019.jpg

Un ano máis, o programa “Vacacións en Paz”, promove o encontro entre as familias galegas e saharauis para a acollida de nenas e nenos do país africano, antiga colonia española.

 

Vacacións en Paz nace dende unha iniciativa solidaria para concienciar a poboación española da difícil situación das persoas saharauis nos campos de refuxiados que naceron en 1975 por mor da invasión armada por parte de Marrocos.

 

Os obxectivos primordiais deste movemento son: A concienciación dos galegos e galegas, pero máis importante é a acción humanitaria que se leva a cabo durante a estadía dos nenos acollidos durante os meses de xullo e agosto, xa que logo, evitan as temperaturas extremas da tempada de calor, que poden chegar aos 50ºC e ademais as familias están obrigadas a levalos nenos ás revisións medicas especiais que se habilitan para tales fins.

 

Quen pode ser familia de acollida

 

Calquera persoa ou familia que esté interesada neste proxecto, pode participar despois de pasar una serie de requisitos, como poden ser a asistencia a unhas xornadas de formación ou unha ficha de colaboración, unha doazón mensual económica para accións humanitarias, e a máis importante, o compromiso de acoller temporalmente a menores saharauis.

 

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

par_pena_obradoiro27032019.jpg

Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89 % pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo.

 

Durante o mes de febreiro e o presente mes de marzo, executouse no noso concello varias actuacións da programación do Obradorio de emprego Xallas-Barcala-Dubra V, promovido polo Concello de Santa Comba en colaboración cos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, consistentes en mellorar a ocupabilidade de dezaseis alumnos traballadores, a través dá súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

 

paflu_rastreva_obradoiro27032019.jpg

 

 

Actuacións en Negreira

 

Executouse a limpeza das seguintes parcelas municipais: Na Área recreativa de Campolongo; área do albergue e a área recreativa en Vilaserío; pista polideportiva de Pesadoira; campo da festa de Alvite; pista polideportiva en Bugallido; campo de fútbol de Landeira; área recreativa de Marcelle; área do cruceiro de Piaxe-A Pena; campo de fútbol de Liñaio; campo de fútbol de Gonte; área recreativa de San Vicente; área recreativa do Refuxio de Covas; paseo fluvial da Restreva; área casa da Barquiña; paseo fluvial do parque empresarial de Covas; contorna do Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa; parque do Coto; campo de fútbol de Portor, e contorna do depósito de incendios de Padín, na parroquia de Covas.

 

As vinte actuacións levadas a cabo no noso concello abarcaron un área de máis de 250 quilómetros, e isto foi debido tanto pola súa diversidade coma a súa diseminación e heteroxeneidade dos puntos nos que se debía levar a cabo os traballos a executar, englobando a máis de dez parroquias de Negreira.

 

As tarefas realizadas consistiron na limpeza, desbroce, acondicionamento ou mantemento... Obtendo un eixe común de mellora e conservación de montes en todas elas que era o obxetivo do propio certificado de profesionalidade impartido neste Obradoiro de emprego.

 

par_portor_obradoiro27032019.jpg

Foto web.jpg

Do 5 ao 11 de abril, a Escola Municipal de Música do Concello de Negreira levará a cabo unha serie de xornadas de portas abertas achegando a escola a toda a veciñanza.

 

Estas xornadas comezarán o venres 5 de abril, ás 18:00 horas cunha audición de frauta, guitarra e percusión, na Aula 3; e seguirán o luns 8 ás 17:30 horas no Auditorio cunha audición de saxofón, clarinete e canto. O martes 9 ás seis da tarde terá lugar unha audición de metáis, no auditorio da Casa da Cultura.

 

As dúas últimas xornadas, o mércores 10 celebrarase unha audición do alumnado de iniciación musical, piano e gaita, a partir das cinco da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, mentres que o xoves 11 ás 18:30 horas será a quenda dos alumnos de violín e alumnos de intercambio da escola de Boiro.

 

Curso de composición

 

A Escola Municipal de Música promove a súa vez, un curso de composición que será impartido polo prestixioso mestre Andrés Valero - Castells, os días 29 e 30 de xuño, en horario de 10 a 14, e de 16 a 20 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Máis información e matricula na seguinte ligazón:

 

 

Foto música.jpg

certame_pintura28032019.jpg

Un ano máis o Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes,  e con esta  e xa van catorce, promove o certame de pintura, este vai dirixido ós mozos con idades de entre seis e dezaeoito anos, dividos en dous grupos, facendo a partición nos doce anos.

 

O motivo da pintura, asi como os materiales e as técnicas son completamente libres, as únicas restricción é: a obra debe ser orixinal e non pode ter sido premiada en nalgún outro premio ou certame. O tamaño é preferible que sexa A3.

 

Os traballos hánse de entregar na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura. O prazo abriuse o día 26 e estará neste estado ata o dia 10 de maio. Os traballos entregados deberán estar acompañados do formulario de inscripción.

 

A decisión do xurado faráse pública o 15 de maio e farase a entrega de premios ese mismo dia ás 20:00h no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Hánse repartir premios económicos para os tres primeiros postos de cada categoría de idade.

 

Toda a información ampliada no tríptico oficial e o formulario, na seguinte pdf: