web_caseta.jpg

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de subvencións do programa dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia, de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2019.

 

A resolución que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP), aproba de forma definitiva, unha subvención de 11.920 euros para a contratación por un período de seis meses, dun informador/a turístico por parte do Concello de Negreira, en agrupación cos Concellos da Baña e Val do Dubra, e polo que o primeiro iniciará o proceso de contratación mediante unha convocatoria pública coas súas bases.

portada.jpg

Esta estudante de Negreira vén de acadar a medalla de bronce na competición Spainskills, que é a olimpiada nacional de FP tras facerse coa medalla de ouro na fase de Galicia, logo de rematar os seus estudos de Coidados Auxiliares de Enfermería en Santiago, no IES Lamas de Abade. De Madrid volveu cunha medalla de bronce na súa estrea en Spainskills, despois de sela a elixida como abanderada.

 

Iria Díaz Granja foi agasallada cunha recepción oficial no Salón de Plenos do Concello de Negreira, á que acodeu acompañada pola súa familia e amigos, sendo felicitada polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, xunto á concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, así como pola concelleira de Ciudadanos de Negreira, María del Carmen Vieites, amiga da familia.

 

pie_pagina.jpg

portorweb_recortada.jpg

A Asociación de veciños Os Gazafellos, da parroquia de Portor, presenta este sábado 20 de abril, a partir das sete da tarde, no local social da parroquia, unha exposición formada por 126 fotografías antigas recuperadas entre a veciñanza, que recórdanos cómo era a vida social, relixiosa e cultural de Portor, sobre todo a partir de finais dos anos cincoenta en adiante, e todas, en branco e negro.

 

Son imaxes cun gran contido sentimental. A máis antiga, data do ano 1905 e nela pode verse unha procesión no lugar de Pontemaceira. Outras son imaxes familiares ou de grupos de veciños durante alguna celebración da parroquia.

 

Para presentar a mostra, primeiro haberá o visionado dun vídeo elaborado para tal ocasión e que contén un bo número das imaxes que integran a exposición que permanecerá no local social para que quenes queiran visitala fágano.

 

Dende Os Gazafellos de Portor xa están traballando nunha segunda entrega. Trátase de fotografías, sobre todo a partir dos anos noventa que se chamará ¨Vintage¨, onde a mocidade da parroquia a través de instantáneas de partidos de fútbol, festas ou obras teatrais, entre outras, é a principal protagonista, segundo desvelou Sonia Ponte Esturao, que é a secretaria da entidade.

portada_web_dialibro(2).jpg

O Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña – Negreira, aproveitou os traballos realizados polas familias que forman parte do grupo ¨Avelaiños¨ e ¨Rebuldeiros¨, para montar un pequeno museo dos contos na primeira pranta da Casa da Cultura, co gallo do Día do Libro.

 

Trátase dun modesto museo que inclúe imaxes dos contos, unha mesa con agasallos, un panel de citas literarias e unha mesa con obxectos dos contos.

 

Ademáis, quenes queiran poden colgar a súa cita preferida no panel das citas, ou mesmo intercambiando algún libro no curruncho de intercambio de libros habilitado para tal fin.

pie_web_dialibro.jpg

 

encontro_maiores_portada220419(4).jpg

O Concello de Negreira informa que dende hoxe e ata o vindeiro martes 30 de abril, pódense retirar nos Servizos Sociais os convites para asistir ao 24 Encontro dos maiores que terá lugar o sábado 4 de maio, no Campo da feira, e para o cal, a veciñanza participante contará cun servizo de autobús que percorrerá as diferentes parroquias, a partir das 12:30 horas polas paradas de costume, e con regreso a partir das 19:30 horas.

 

O programa de actos comezará ás 13:30 horas coa misa na capela do Cotón, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Negreira. Ás 14:30 horas comezará o xantar popular baixo carpa. Haberá baile amenizado polo dúo Matices.

informador_portada_web.jpg

O Concello de Negreira vén de publicar as bases para a contratación dunha praza de persoal laboral temporal de técnico/a de información, publicidade e promoción turística, por un período de 6 meses. As persoas interesadas teñen de prazo dende hoxe e até o martes 30 de abril para presentar as súas solicitudes.

 

Entre as funcións propias do posto: Información puntual e actualizada do estado do Camiño de Fisterra; da ocupación nos aloxamentos, hoteis e albergues da ruta e en concreto dos tres concellos participantes (Negreira, A Baña e Val do Dubra); e información do xeodestino, ou a elaboración de guías e planos axustados ás necesidades de peregrinos e visitantes.

 

Consulta as bases aquí

local_elecciones_web.jpg

Doce mesas distribuidas en nove locais electorais albergarán este domingo 28 de abril, as urnas para as votacións ás Eleccións Xerais 2019 para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados e mailo Senado, entre as 9:00 e as 20:00 horas.

 

Cambio en Negreira

 

Lémbrase á cidadanía do centro urbano, así como ás zonas de Campos, Vilachán, O Corpachón, Ponte Negreira, Patrocinio, Negreira (igrexa), e Negreiroa, o cambio de local electoral do Colexio O Coto para o Centro Sociocultural, dotado de maior espazo e máis accesible para que a veciñanza poida exercer o seu dereito ao voto, ademáis dun maior estacionamento para turismos.

 

As outras dúas novidades veñen determinadas pola supresión dos locais electorais das parroquias de Broño, que deberán votar no Local social de Aro; e de Bugallido, que farano na Escola de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

 

Locais electorais

Centro Sociocultural (4 mesas)

Teleclub da Chancela (Logrosa)

Local social de Portor (Portor)

Local social de Aro (Aro e Broño)

Local social de Gonte (Gonte, Zas e Cobas)

Teleclub de Landeira (Landeira e A Pena)

Local social de Romarís (Arzón, Lueiro e Xallas)

Teleclub de Liñaio (Liñaio)

Escola de Pesadoira (Alvite, Campolongo e Bugallido)

carteldefinitivo_web.jpg

Esta edición da Ruta das Tapas de este ano, a oitava, será entre o 3 e o 5 de maio.

 

Cantos de taberna

 

Esta edición trae como novidade os cantos de taberna, aqui as actuación programadas:

 

10.png

 

Tapasporte cos horarios da ruta e tapas ofrecidas polos locais

 

O Tapasporte pódese recoller  na Casa da Cultura, no Concello ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso ou mesmo acceder a el e imprimilo nesta mesma páxina, ao final da mesma.

 

Os hosteleiros esperan a visita dos participantes no seguintes horarios:

Viernes:  19:00 as 22:30

Sábado: 12:00 14:30 e 19:00 as 22:30

Domingo: 12:00 14:30 

 

Portada

 

interior.jpg

Bases do concurso e o Tapasporte:

 

itv2

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao concello de Negreira nas seguintes datas:

 

1 – Do 24 ó 25 de xuño, no campo da festa de Alvite (Pesadoira).

2 – Do 26 ó 28 de xuño, no Aparcadoiro do Campo da Festa (Negreira).

 

O horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas, e de 15.15 a 18:00 horas, 

 

Para solicitar cita previa, pódese chamar por teléfono ó 902 30 90 00, ou ben a través da web: www.sycitv.com, no apartado de cita previa.

 

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Logo_28A_grande290419.jpg

Consulta os resultados finais escrutados nas doce mesas electorais do concello de Negreira nas Eleccións Xerais 2019 celebradas o domingo 28 de abril, coa vitoria do Partido Socialista de Galicia-PSOE con 1.336 votos (33,58%); seguido do Partido Popular con 1.282 votos (32,22%); Podemos-Eu-Mareas en común-Equo, con 440 votos (11,06%); Ciudadanos con 397 (9,98%); o Bloque Nacionalista Galego, con 210 (5,28%), e Vox que obtivo 194 votos (4,88%).