margarida18.jpg

Confirmanse as actuacions previstas para festas de Santa Margarida de Negreira a celebrar no 16 e 17 de setembro.

 

A primeira xornada será na honra á Virxe das Dores. As 12:00 haberá misa rezada na Capela do Cotón e as 19:00 horas na praza do concello celebrarase o Festival de Bandas no que participarán a Banda Ateneo de Negreira, A Banda de música de Calo de Teo e a Banda de Música de Visantoña. A noite estará amenizada pola orquestra Superfama.

 

O luns 17 a festa será na honra de Santa Margarida. A misa será as 12:00 horas na Igrexa Parroquial e haberá pasarrúas a cargo dos grupos de gaitas Veiga do Cotón e @s Jaitas Blue. A partir das 22:00 horas a sesión da noite será a cargo da orquestra Olympus.

 

Tanto domingo coma luns, haberá unha pulpeira no campo da feira.

malecon.jpg

A Deputación da Coruña publicaba na xornada de onte o anuncio de licitación das obras de mellora da seguridade vial na estrada DP 1302, no noso termo municipal, que suporán un investimento de 75.398 euros.

 

Os traballos consistirán na construción dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón. Para elo levarase a cabo previamente a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O primeiro tramo da senda contará con novas beirarrúas pola marxe esquerda, con ancho variable en función do espazo dispoñible. O segundo tramo, que discorrerá pola marxe dereita (no esquerdo xa hai beirarrúas) diporá dun ancho total de 1,20 metros, discorrerá a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e contará con sistema de recollida de pluviais. Finalmente no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorerrá pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cortón. Todas as obras están adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas.

 

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público poden facelo ata o vindeiro 1 de outubro.

Bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego "Xallas Barcala Dubra V" dos Concellos de Santa Comba, Negreira, A Baña e Val do Dubra.

esc_dep_18.jpg

O Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

diabici1.jpg

Este sábado celébrase na capital do Val de Barcala, a edición número 12 do Día da bicicleta, un evento referente na nosa comarca, no que todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo e refrixerios. Igualmente, ao rematar o percorrido haberá un sorteo de agasallos e de dúas mountain bike, por xentileza de Comercial Antelo e Comercial Vigo.  

 

É necesario que a veciñanza interesada en participar faga a súa inscrición previa antes do venres 14 de setembro, na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ó número de teléfono 981 885 886 ou no enderezo de correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

diabici2.jpg

 

Como nas once edicións anteriores, a concentración será a partir das 10:00 horas na parte final da rúa de Castelao. A saída infantil efectuarase ás 10:30 horas sobre 1,2 quilómetros, entre a saída e mailo campo da feira, a través da propia rúa de Castelao, a do Carme e maila Carreira de San Mauro.

 

Lembramos que o uso de casco é obrigatorio para tódolos participantes nun evento de cuxa seguridade encargaráse a Policía Local e voluntarios de Protección Civil.

torneobaloncesto18.jpg

Este sábado dende as cinco da tarde vaise disputar na polideportiva do Parque do Coto, un torneo de baloncesto para categorías base organizado polo clube baloncesto Porto do Son, en colaboración co Concello de Negreira.

 

As categorías participantes son: Preminibasket; Mini masculino; Mini feminino; Infantil masculino e Preinfantil feminino, pertencentes aos equipos da Escola de Baloncesto de Negreira, do clube baloncesto Porto do Son, do clube baloncesto Outes e a Escola do Concello de Brión.

banda1309182.jpg

O terceiro domingo de setembro celébrase na praza do Concello unha nova edición do festival de bandas de música co gallo das festas de Santa Margarida. Dende as 19.00 horas actuarán a Banda de Música de Calo (Teo), a Banda de Visantoña e pechará a Banda de Música Ateneo de Negreira.

 

A Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, interpretará as seguintes pezas:

 

Guillermo "El del Clarín" (pasodoble), de Vicente Llorens.

Sangral, de Israel Alonso.

Virginia, de Jacob de Haan.

 

banda1309181.jpg

festassetembro.jpg

Este domingo e o luns 17 celébranse as festas de Santa Margarida, a cita festeira de cada mes de setembro para despedir o verán en Negreira. Compre lembrar que o luns será festivo local.

 

O programa de actos depara para o domingo 16 a misa cantada, ás doce do mediodía na Capela do Cotón, dedicada á virxe das Dores. Ás sete da tarde celébrase o festival de bandas na praza do Concello coas actuacións da Banda de Música de Visantoña, a Banda de Calo e maila Banda Ateneo de Negreira. Pola noite actuará no campo da feira a orquestra Superfama para amenizar a verbena.

 

A xornada festiva do día de Santa Margarida comezará cos pasarrúas dos grupos de gaiteiros Veiga do Cotón e Os Jaitas Blue, seguidos da misa e procesión na honra a Santa Margarida, ás doce na igrexa parroquial de Negreira.

 

O gran colofón chegará ás dez da noite coa actuación da orquestra Olympus de Negreira, no campo da feira, dentro da xira do seu 20 aniversario. E os dous días de festa permanecerá instalada unha pulpeira no campo da festa.

escolasdep2018.jpg

O Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

Díptico Escolas Deportivas 2018-19.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. CULTURAIS.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEP. ADULTOS.pdf)
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEPORTIVAS.pdf)

parcelaria180918.jpg

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Aro-Campelo-Gonte, no concello de Negreira, que supón a determinación dos predios de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Trátase da reorganización de 6.252 parcelas que pasan a ser 1.274 predios pertencentes a 812 propietarios.

 

Este anuncio, que se vai publicar en breve no Diario Oficial de Galicia, foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta 880 hectáreas e que ten un carácter principalmente forestal.

 

Nesta reorganización territorial lévanse investidos 2,5 millóns de euros destinados na súa meirande parte á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos, como o levantamento topográfico ou a redacción das bases e do acordo, entre outros.

 

Ademais, co obxectivo de darlle un forte impulso a zona, estanse iniciando os traballos de colocación dos marcos dos novos predios. Traballo necesario e imprescindible para que os propietarios da zona podan empezar a traballar e plantar as súas novas parcelas.

 

Para explicar este acordo, e mailo resultado das alegacións presentadas por propietarios, o Concello de Negreira informa que haberá unha xuntanza o xoves 27 de setembro, ás 10.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A entrega da documentación das novas parcelas terá lugar nos seguintes días no Local Social da parroquia de Aro: días 2, 3 e 4 de outubro.