Piano.jpg

A Escola Municipal de Música de Negreira ten actualmente aberta a matrícula para o alumnado que cursou estudos musicais durante o presente curso, e cuxa audición de fin de curso terá lugar o venres 22 de xuño, ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

O día 2 de xullo ábrese o periodo de matrícula para o novo alumnado, ata o día 6 de setembro, polas tardes na Casa da Cultura, para un curso 2018-2019 que comezará no mes de outubro, e segundo informa o seu director, Raúl Martín Niñerola, este ano adiántase a presentación e asignación de horarios, concretamente ao venres 7 de setembro, ás seis da tarde, na Casa da Cultura, para que as familias poidan organizarse co resto de actividades deportivas e culturais.

 

Saxos.jpg

 

Entre as novidades para o vindeiro curso, Raúl Martín Niñerola avanza que en breve «tendremos una web propia», donde o alumnado, familias e público en xeral terán acceso a todo tipo de novas sobre a escola, as súas especialidades e os eventos que desenvolven durante curso. Polo de pronto, a Escola Municipal de Música vén de presentar o que é o seu novo logotipo.

 

escolamusicalogo.png

As especialidades que son impartidas na Escola Municipal de Música son as que seguen: Frauta; clarinete; saxofón; trompeta; trombón; trompa; bombardino; tuba; percusión; guitarra; piano; violín e gaita.

respira070618.jpg

O Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.) do Concello de Negreira, informa que está aberto o prazo de inscricións para participar no Campamento urbano Respira, a desevolverse entre o 2 de xullo e mailo 31 de agosto, nas instalacións do CEIP O Coto, en horario de 8:45 a 14:15 horas, de luns a venres.

 

Esta actividade está orientada ás familias que por mor da súa actividade laboral durante o verán non poden facerse cargos dos seus fillos/as, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

A inscrición pódese formalizar no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, desde o 6 ao 28 de xuño. O prezo da actividade é de 100 € ó mes, e para obter máis información pódese chamar aos seguintes números de teléfono: 881 035 154/ 881 035 155.

visita080618.jpg

A Casa do Concello acolleu hoxe a visita dos nenos e nenas das escolas infantís de Aro (Negreira) e de Lañas (A Baña), que xunto coas súas mestras foron recibidos polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

 

Na súa visita á vila, tiveron oportunidade de coñecer as instalacións do cuartel da Garda Civil, sendo recibidos polo sarxento e os axentes do posto que atende aos dous concellos. A última parada da súa visita á capital da Comarca de Barcala, foi ao Albergue Municipal no Camiño de Fisterra, en Patrocinio, onde celebraron unha pequena merendola.

piscina110618.jpg

O Concello de Negreira informa que este venres 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 2 de xullo ó 29 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 11 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11).

 

- Grupo 1: do 2 ó 30 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Grupo 2: do 1 ó 29 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Natación para bebés: do 2 de xullo ó 29 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

- Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 30 de agosto para o Grupo 2. O venres 31 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchables, a partir das 16:00 horas.

 

diververan.jpg

O Concello de Negreira fomenta as actividades de conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, cunha nova edición dos Obradoiros de manualidades e xogos Diververán.

 

Durante os meses de xullo e de agosto (de luns a venres), de 10.30 a 13:30 horas na pranta baixa do Centro Sociocultural, os rapaces e rapazas, en dúas quendas, poderán participar nestas sesións de manualidades e xogos onde van a aprender técnicas de pintura, traballos en coiro e moitas cousas máis.

 

Horarios

 

Primeira quenda: de 10.30 a 12:00 horas, os nados de 2013 a 2015.

Segunda quenda: de 12:00 a 13:30 horas, os nados de 2009 a 2012.

O prezo da inscrición é de 15 €. Prazas limitadas por orde de anotación na Delegación de Cultura e Deportes, antes do 26 de xuño. Máis información no número de teléfono: 981 885 886.

itv_agricola.jpg

O Concello de Negreira informa que os días 19 e 20 de xuño, a unidade móbil de Inspección técnica de agrícolas estará no campo da festa de Pesadoira, na parroquia de Alvite; e os días 21, 22 e 25 farao no campo da feira, en Negreira.

 

Comunícase aos interesados que o horario de atención ó público será de 9:00 a 13:30 horas, e de 15:15 a 18:00 horas, de luns a venres.

 

Para solicitar cita previa:

* Por teléfono: 902 30 90 00

* A través da web: www.sycitv.com (Cita previa)

astarot_portada2.jpg

Presentamos aos grupos que o venres 13 de xullo participarán no festival Nicrarock 2018 no Parque do Coto. Nesta edición contaremos con: Exit, Nao, Aphonnic e Astarot. Todos eles teñen unha ampla e dilatada traxectoria musical, participando nos mellores festivais galegos, ou enchedo salas e locais de concertos.

 

​O público poderá desfrutar dun evento totalmente de balde, escoitando aos mellores grupos do panorama rock galego, pois o venres 13 de xullo, a partir das 22:00 horas, a vila de Negreira convértese no epicentro da música metal na Área de Compostela e Costa da Morte.

 

exit_in.jpg

EXIT (A Coruña). Un grupo que logo de varios anos de andaina polos escenarios galegos, nos directos sabe como poñernos as pilas para gozar a lume de biqueira da súa música: grandes clásicos do rock de todos os tempos, desde Hendrix a Bowie, de AC/DC a Led Zeppelin. É o grupo residente da Sala Coruñesa Mardigras.

​+ info: PREMA AQUÍ

 

 

APHONNIC (Vigo). É un grupo de metalcore procedente de Vigo. Logo dos seus dous primeiros discos editados "Silencce" (2003) e "Foolproof" (2006), o seu último traballo "6 baixo par" non deixou de sorprender en cada un dos seus cortes, non só pola súa calidade, se non tamén pola súa nova e firme aposta musical, dando paso a unha maior explosión de contidos en castelán.

+info: PREMA AQUÍ

 

  

astarot_in.jpg

ASTAROT (Cangas). Fúndase no ano 1983 por catro rapaces en Cangas do Morrazo, dispostos a tocar versións heavys nos locais que daquela eran o berce do rock na bisbarra do Morrazo. Na actualidade con máis de vinte discos no mercado, presumen de ser todo un referente do rock feito en Galicia.

+info: PREMA AQUÍ


 

nao_in.jpg

NAO (A Estrada). É unha banda de rock creada para transmitir – sensacións e sentementos – mentres tocan. A banda está formada por: Pablo Carracedo "Jasper", a guitarra e voz; Gustavo Brea "Gus", á guitarra; Antón "Torroncho", ao baixo, e Amós, encargado da batería.

+info: PREMA AQUÍ

 

Máis información do festival na seguinte ligazón. NICRAROCK WEB 

 

camp_dep_dip.jpg

Destinados a rapaces/as, de entre 9 e 14 anos de idade, desenvolveranse no centro Calvo Sotelo, na cidade da Coruña, en catro quendas; do 1 ao 6 de xullo, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xuño.

 

Negreira participará na terceira quenda, do 15 ao 20 de xullo cando a mozos de Ames, A Baña, Boiro, Boqueixón, Brión, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, e Vedra.

 

O prezo do campamento é de 85 euros e inclúe transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. En cada quenda participarán un máximo de 100 rapaces, supervisados por dez monitores.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de actividades que inclúe dende a práctica de equitación, actividades náuticas, equitación, sendeirismo, ademais de practicar fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolverán actividades e xogos que fomenten a comunicación, a convivencia, o intercambio de experiencias e o respecto polos demais.

piscina140618.jpg

Infórmase que debido á avaría na bomba principal do circuito de auga da piscina municipal ao aire libre do parque do Coto, e xa que foi imposible reemplazar o equipo afectado, o Concello decidiu adiar a apertura das instalacións prevista para este venres 15 de xuño ata a vindeira semana, unha vez instalado o novo equipamento que permite encher o vaso e realizar as pertinentes análises sobre o estado das augas.

 

A día de hoxe non se pode concretar unha nova data de inicio da tempada, comprometéndose o Concello de Negreira a dala a coñecer en canto lle sexa posible.

 

O Concello de Negreira lamenta as molestias que este cambio poida ocasionar entre os usuarios e usuarias.  

voltaciclista2018.jpg

Este sábado 23 de xuño, a partir das 16:30 horas, celébrase nun circuito urbán e pechado ó tráfico, a sexta edición da Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, dentro do circuito de carreiras do Campionato Galego en estrada, baixo a organización do Club Ciclista Negreira e maila Federación Galega de Ciclismo, e coa colaboración do Concello e o apoio de distintas firmas comerciais de Negreira.

 

Corte de tráfico

 

Con motivo da celebración deste importante evento deportivo en Negreira, e para poidase desenvolver coa máxima seguridade dos participantes, o Concello solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante a tarde do sábado.

As rúas que permanecerán cortadas de 16 ás 20 horas son as seguintes: Avenida das Brañas; rúa Deportivo da Coruña; rúa Carballiños; rúa Xosé M. López Ardeiro; rúa Castelao; rúa Teresa Fabeiro Caamaño; rúa do Tambre e rúa Camiño Vello (só un carril).