elementos2.jpg

A campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, clubes e escolas deportivas, promovida dende o Área de Igualdade da Deputación da Coruña, fixo escala hoxe en Negreira cun vídeo fórum, cuxo eixo vertebrador foi o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  viuse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, cun coloquio con tódolos asistentes celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contou coa presenza dunhas relatoras de excepción para o alumnado do Ceip O Coto e mailo IES Xulián Magariños como foron Paula Mayobre, atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, e que ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola de Atletismo Paula Mayobre.

 

elementos1.jpg

 

Tamén participou Laura Delgado, que aínda téndose iniciado no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo, posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse novamente campioa de Europa.

gim190318_1.jpg

As xóvenes integrantes en competición da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira acadaron un pleno de éxitos, na súa participación na primeira fase do Campionato Interescolar Galego celebrado este domingo 18 de marzo no pavillón municipal de O Carballiño, en Ourense:

 

Kiara García, terceira clasificada

Sara Verde, primeira clasificada

Xiana García, primeira clasificada

Conxunto Alevín, segundo posto

Conxunto Infantil, primeiro posto

 

Ourense acollerá a segunda fase do Interescolar Galego de Ximnasia Rítmica, o vindeiro 8 de abril, e a terceira será o 13 de maio en Ribadavia, mentres que o sábado 2 de xuño terá lugar a fase final no pavillón municipal de Pedra Mámoa, en Negreira.

 

gim190318_2.jpg

NEGREIRA-EMERXIA-Facebook.jpg

O Concello de Negreira pon en marcha un novo sistema de notificación e xestión de incidencias urbanas para os veciños e visitantes.

 

A plataforma EMERXIA permite ós usuarios comunicarse co concello dun xeito rápido e sinxelo, tan só con acceder a ela dende calquera dispositivo conectado a internet. Cada incidencia xeolocalizase de forma automática para facilitar a súa busqueda.

 

O usuario pode achegar fotografías e comentarios, e estará permanentemente informado vía correo electrónico do proceso de xestión, evolución e resolución da súa incidencia.

 

EMERXIA

parcelaria220318.jpg

A veciñanza das parroquias de Campelo, Gonte e Aro, afectada polo Acordo de Reestructuración Parcelaria, está convocada a unha xuntanza informativa que terá lugar o martes día 3 de abril, ás 10:30 horas, no Local Social de Aro, coa que se iniciará a fase de exposición e enquisa pública previa ao acordo de reestructuración parcelaria, a cal estará aberta por un periodo de 1 mes, segundo informa o Servizo de Infraestructuras Agrarias dependente da Consellería de Medio Rural.

 

Nesta xornada informativa, e ao longo do periodo establecido, entregarase aos titulares de fincas, un documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemplazo que se lles asignarán, ao tempo que quedarán expostos os planos que tamén se poderán ver na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

 

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions/

 

Durante dito prazo, as persoas afectadas poderán achegar, por escrito e debidamente rexistradas, as alegacións que estimen oportunas.

crespo260318.jpg

Jorge Crespo Arias acadaba esta pasada fin de semana unha fantástica cuarta posición no cros para maiores de 35 anos do  Campionato de Europa de Atletismo en categoría de veteranos baixo teito, celebrado en Madrid, mostrándose moi valente ao tirar do grupo, se ben finalmente non puido entrar no podio individual e por equipos.

 

A nosa noraboa para Jorge Crespo, todo un exemplo de deportista e orguio para Negreira por ternos representado en campionatos autonómicos, nacionais e agora tamén, de Europa. 

 

Medalla de bronce para Carla Rodríguez

 

A karateca negreiresa Carla Rodríguez, pertencente á Escola Akai Ryu, acadou a medalla de bronce grazas ao terceiro posto na modalidade de kata por equipos no Campionato de España Sénior celebrado a pasada fin de semana na localidade de Tomares, en Sevilla.

 

carla260318.jpg

 

Carla Rodríguez estivo acompañada no equipo de kata sénior feminino por Ariadna Rocha, do Club Bunkai de Ferrol, e Carla Fernández, do Club Shihan de Lugo, dentro dunha Selección Galega integrada por unha ducia de deportistas.

 

Próximamente, a fin de semana do 13 ó 15 de abril, vaise desputar en Benidorm (Alacante), os Campionatos de España Infantís coa participación de catro xóvenes karatecas do Akai Ryu: David Rico (campión galego en kata alevín); Nicolás Carnota (campión galego en kumite alevín); Raúl García (kumite infantil como campión galego), e Ildara García, campioa galega en kumite xuvenil. Todos eles acompañados da súa preparadora, Ainhoa Rodríguez como integrante do corpo técnico da Selección Galega de Kárate.

escolainfantil280318.jpg

O Concello de Negreira ten aberto o prazo para a renovación de matrícula e de solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas de 0 a 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2018-2019.

 

O prazo de renovación de matricula vai dende o día 1 ó 15 de abril, e para novos ingresos será dendo o 1 ó 30 de abril. Deben presentar as solicitudes no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación.

 

azul2.jpg

O Concello de Negreira segue dando pasos para converterse nun municipio referente na ardua tarefa da inclusión das persoas. O último, sumándose neste ano 2018 por primeira vez, á campaña de sensibilización "Light it up blue" (ilumínao de azul), unha campaña de carácter internacional pola que edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo tínguense de azul, en apoio e solidaridade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.

 

A iniciativa consistiu na iluminación de azul da fachada da Casa do Concello, o luns 2 de abril entre as nove e as doce da noite, no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, no que Radio Negreira sensibilizou a veciñanza sobre o autismo falando con Elena Pérez, coordenadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SPAP), da asociación Aspanaes, de Santiago, xunto con Raquel Quintáns e Ainhoa Rodríguez, veciñas de Negreira e que promoveron o proxecto para colocar un total de 304 pictogramas en edificios e instalacións públicas de Negreira, logrando a adaptación cognitiva dos espazos mediante debuxos e a súa descrición en castelán e inglés.

 

#ilumínalodeazul

curso_prot_civil.jpg

Durante tres fins de semana consecutivas do mes de abril, Negreira acolle un curso sobre incendios forestais e urbáns dirixido a agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Desenvolverase os días 7/8; 14/15 e 21/22 de abril, sendo impartidos en módulos teórico-prácticos por persoal cualificado na Casa da Cultura, e no parque empresarial de Cobas.

 

Coa colaboración do Concello de Negreira e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, trátase dun curso descentralizado, promovido e financiado pola Academia Galega de Seguridade (AGAS), Emerxencias 112 Galicia e maila Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil.

Comunícase aos interesados na reestructuración parcelaria da zona de Aro - Campelo e Gonte, que, nas datas e lugares indicados, o persoal técnico atenderá as consultas dentro da fase de enquisa previa ao acordo.

 

Local Social de Aro:

Propietarios de Aro: 4, 5, 6, 9 e 10 de abril.

Propietarios de Campelo: 11, 12, 13 e 16 de abril.

Propietarios de Gonte: 17, 18, 19 e 20 de abril.

Horario: 10:00 a 14:00 h.

 

Ao longo do período establecido, entregarase ás persoas titulares o correspondente documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemprazo que se lles asignarán, e quedarán expostos os planos que tamén se poderán ver na web da Xunta de Galicia, a través do seguinte enlace:

 

http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions/ 

 

Durante devandito prazo, as persoas afectadas poderán achegar, por escrito, as alegacións que estimen oportunas.

logo_deputacion.jpg

O Concello de Negreira informa que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para optar ás axudas que concede a Deputación da Coruña dentro do seu programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2018.

 

Os beneficiarios poderán ser:

 

Entidades de natureza cultural

Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños)

Entidades de natureza socioeducativa

Entidades de natureza social e/o asistencial

 

O prazo para a solicitude de dita convocatoria rematará o vindeiro 27 de abril do presente ano, ás 14:00 horas.

 

Para máis información e asesoramento, os interesados poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local, na primeira pranta da Casa do Concello.