Feira das profesións

Promovida polos departamentos de Orientación dos institutos de Bertamiráns (Ames), Brión e Negreira, este ano tamén contará coa participación como centro convidado do IES de O Milladoiro. Desenvolverase no pavillón de Pedra Mámoa, o xoves 24 de abril e o evento reunirá a 63 expositores entre centros de Formación Profesional, as tres universidades, empresas e profesionais independentes.

A previsión dos organizadores apunta a unha participación superior ás 1.600 persoas. Pola mañá farano os estudantes dos catro centros en dúas quendas de aproximadamente setecentos alumnos por quenda que se desprazarán en autobuses ata o complexo deportivo negreirés. Pola tarde, de catro a seis e media, a feira abrirá as súas portas ás familias. Ademais, unha vintena de alumnos colaboran na organización mediante varios grupos de traballo.

Os fillos da incerteza

Un proxecto inclusivo e sostíbel para salvar ás abellas e fomentar a educación ambiental. Co obxectivo de concienciar sobre a importancia das abellas no noso ecosistema, naceu o proxecto "Os fillos da incerteza: a nosa alvariza", unha iniciativa innovadora e que combina educación ambiental con inclusión social. Dirixido a menores de entre 0 e 6 anos, integrantes da Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra, este proxecto busca fomentar o respecto pola biodiversidade e desenvolver habilidades sociais, cognitivas, motoras e sensoriais a través do contacto coa natureza.

O certo é que cando as familias deciden ter fillos enfróntanse dalgunha maneira, aínda que evidentemente a nivel metafórico, ao principio da incerteza. Non poden saber con precisión e ao mesmo tempo que é o que está a ocorrer dentro da barriga. Desde a Unidade de Atención Temperá traballan dobremente con fillos e fillas da incerteza, non só porque son unha incerteza en si mesma ata o momento do nacemento, senón que tamén o é a súa evolución posterior. Máis que ninguén, eles son fillos da incerteza, da incerteza, da biodiversidade e do desafío.

Desafíos diarios

O proxecto, impulsado pola UAT, en colaboración con expertos en apicultura, non só busca fomentar a protección das abellas, senón tamén dar voz a aqueles menores que, como estes insectos, enfróntanse día a día a numerosos desafíos; e, con todo, con apoio e comprensión, poden florecer e facer do mundo un lugar mellor.

O proxecto contou co apoio dos concellos, os centros educativos e mailas familias. Éstas últimas mostraron gran entusiasmo por esta iniciativa pioneira en Negreira e Val do Dubra. Ademais, este proxecto enmárcase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) da Organización de Nacións Unidas (ONU), contribuíndo á educación de calidade, a acción polo clima e a protección do noso ecosistema.

"Queremos que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de aprender sobre a natureza e sentirse parte activa da súa protección. Con este proxecto, non só promovemos a conservación das abellas, senón que tamén traballamos na inclusión e no desenvolvemento de capacidades dos menores con diversidade funcional", sinalou María Jesús Cao, coordenadora da UAT. 

Parque eólico Outes

O Goberno local convocou para este sábado, día 5 de abril, a unha reunión informativa á veciñanza da parroquia de San Pedro de Xallas como posibles afectados pola execución do proxecto eólico Outes en terreos da devandita parroquia.

Na xuntanza, que terá lugar o sábado dende as 19.30 horas no Local social de Xallas, darase conta de toda a información recabada nas últimas semanas polo Concello, tanto por parte da Xunta de Galicia que encárgase da súa tramitación como por parte da empresa promotora Norvento SL.   

O proxecto presentado pola promotora contempla o levantamento de cinco grandes aeroxeradores, dos que catro irían en territorio de Negreira e maila correspondente subestación, cunha potencia de 21 megawatios. A súa tramitación arrincou en xullo de 2012 mediante a exposición pública.

escolainfantil2025

Informamos da apertura do prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de 0 e 3 anos de idade, na Escola Infantil Municipal para o curso 2025-2026.

O prazo de renovación de matrícula vai do día 1 ó 15 de abril, e o de novo ingreso, do 1 ó 30 de abril. O lugar de tramitación é na propia escola en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

A documentación necesaria pódese consultar a continuación, así como descargar os modelos de inscrición.

Sen patrón

No mundo malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?

En Sen patrón, non hai quen made, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido.

Sen patrón é a última creación saída da factoría de Pistacatro Produtora mediante unha residencia artística no auditorio Afonso Eanes do Cotón. Dirixida por Pablo Reboleiro, que tamén é un dos seus malabaristas cando a Aitor Garuz e Santiago Montero, con música a cargo de Manuel Fonte, o espectáculo estréase esta primavera 2025 despois de semanas de creación en Negreira e de dous pases previos para escolares do colexio O Coto.

O espectáculo Sen patrón inclúe circo, malabares e humor, estando adaptado tanto para rúa como para sala. Dende Negreira desexámoslle o maior dos éxitos.  

Certame pintura infantil

O Concello de Negreira promove na súa décimo sexta edición, o Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 4 e 18 anos de idade, en catro categorías: de 4 a 7 anos; de 8 a 11; de 12 a 14 e de 15 a 18 anos.

A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.

O prazo de presentación de traballos ábrese o 22 de marzo até o día 30 de abril, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

Máis información: 676 454 879 ou no enderezo: marcos.perez@concellodenegreira.gal 

Telefónica apaga centrais de cobre

Segundo traslada a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dependente da Xunta de Galicia, a compañía Telefónica está a levar a cabo o apagado de centrais de cobre que prestan servizo no ámbito territorial da comunidade.

Devandito proceso de peche de centrais lévase a cabo por parte do operador Telefónica co motivo da transformación da súa rede de acceso de pares de cobre e o cesamento no seu uso, ao migrar os usuarios que dependen destas centrais para estar atendidos mediante fibra óptica ou outras tecnoloxías.

Este proceso de apagado das redes de cobre afecta a todos os operadores que presten servizo mediante liñas de cobre. Telefónica realizará o peche completo en maio de 2025.

Como queira que este proceso pode xerar dúbidas e posibles incidencias entre os usuarios finais, para atender calquera consulta ou problema, os usuarios deben poñerse en contacto co seu operador a través das súas canles comerciais habituais.

Concilia Semana Santa

O Concello de Negreira, en liña co seu compromiso coa conciliación familiar e laboral, pon en marcha o programa “Concilia Semana Santa” durante os días non lectivos das vacacións escolares do devandito periodo.

O programa desenvolverase nas xornadas do 14, 15, 16 e 21 de abril, no Centro Sociocultural, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Alí, os nenos e nenas participantes poderán gozar das actividades lúdicas nun espazo seguro, mentres as súas familias compatibilizan as obrigas laborais e persoais.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas poderán solicitar praza ata o martes 25 de marzo, lembrando que as prazas son limitadas e que se respetará a orde de inscrición.

Con esta acción, a administración local reafirma o seu compromiso co benestar das familias e a importancia de ofrecer solucións prácticas para a conciliación.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (C.I.M.) do Concello de Negreira.