Programación VCN
Programación VCN 2
Programación VCN 3
balnearios

O departamento municipal de Servizos Sociais informa da apertura do prazo para solicitar a participación na convocatoria do programa de Benestar en Balnearios 2025 da Xunta de Galicia.  Este programa ofrece estadías de 10 días en réxime de pensión completa en 15 balnearios de Galicia, desde xullo ata decembro de 2025.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante.  No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33%, tamén podería acompañar.

Prazo de inscrición:

O prazo de inscrición é do 17 de xuño ata o 15 de xullo de 2025.

Como e onde se solicita a praza?

Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A): sede.xunta.gal.  Tamén se pode solicitar presencialmente en calquera rexistro oficial da Xunta, ou rexistro administrativo ou oficina de Correos, presentando o impreso de solicitude que se pode descargar na sede electrónica da Xunta ou na web: politicasocial.xunta.gal.

Custo:

A tarifa varía en función do establecemento escollido.  A Xunta de Galicia financia ata o 48% do custo total. O prezo indicado é por persoa en réxime de pensión completa.

Confirmación da reserva:

Unha vez recibida a confirmación oficial da concesión da praza, débese contactar directamente co balneario escollido para reservar a quenda cun depósito de 30 €, aboándose o importe restante á chegada.

Para máis información, os interesados poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

festi

Mediante un Bando de Alcaldía, o Concello de Negreira lembra ás asociacións veciñais, culturais e comisións de festas organizadoras de eventos como festas e verbenas da obrigatoriedade de presentar toda a documentación requerida en prazo, sendo éste, con 15 días de antelación á celebración do evento.

En virtude do Decreto 98/2020, de 2 de xullo, polo que se regula o Procedemento de Autorización da celebración de Espectáculos públicos e Actividades recreativas, lémbrase que a documentación que deben achegar debe incluir, entre outros:

  • Solicitude formal de autorización.
  • Declaración responsábel (facilitarase no Concello).
  • Programa detallado das actividades previstas.
  • Plan de seguridade e medidas preventivas se é o caso.
  • Permisos específicos no caso de utilizar a vía pública, instalacións eléctricas, escenarios, etc.
  • Póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante de pago.

Prazo de presentación: con 15 DÍAS de antelación á celebración da festa ou evento.

O Concello de Negreira quere informárlles que non se tramitarán solicitudes fóra de prazo.

A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Negreira ou telemáticamente a través da sede electrónica, conforme á normativa vixente.

O Concello de Negreira quere agradecerlles de antemá a súa colaboración para o bo desenvolvemento dos eventos e festas dentro do termo municipal. 

imaxe_escola

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2025-26 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais.

O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 26 de setembro, ás 18:00 horas, sendo a data fixada para a presentación do curso no auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Matrícula

O prazo para renovar a matrícula comprende dende o luns 23 ao luns 30 de xuño de 2025. E para o novo alumnado, vai dende o 1 de xullo ao 15 de setembro de 2025. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, ou de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Negreira.

Para calquera consulta: escolademusicanegreira@gmail.com

Documentos 

cim negreira

Unha vez rematado o prazo de inscrición no Campamento Urbano Respira e reunido o persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Negreira, procédese a dar cumprimento a o disposto no Regulamento do Programa "Negreira Concilia", e publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, segundo o artigo 7 do Regulamento do Campamento Urbano Respira (BOP núm. 45 do 8 de marzo de 2022).

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ser igualmente subsanadas para, no seu caso, poder formar parte da listaxe de agarda.

Establécese un prazo de 3 días hábiles (a contar desde a data de publicación da listaxe) para presentar reclamacións corrixir erros ou defectos que motivasen a exclusión.

A listaxe pódese consultar na sección de Publicacións Oficiais a través deste enlace:

https://www.concellodenegreira.gal/uploads/media/document/decreto-lista…

aula

Este luns 16 de xuño, a partir das nove da noite na Aula Cemit, no Centro Sociocultural, o Goberno local convidou aos responsábeis dos negocios de hostalería e restauración para “analizar e valorar a situación actual”, cando a problemáticas, opinión ou calquera outro tema que poida xurdir durante a xuntanza.

Nunha carta remitida ao sector, dende o Goberno municipal sinalan que “entre todos podemos atallar e mellorar calquera aspecto que atinxa ao sector e que poidamos dar un bo servizo e imaxe dun concello que ten como un motor económico moi importante ao Camiño de Santiago e o turismo”, afirma.

Dende o equipo de goberno agradecen de antemán contar coa presenza do máximo posible de representantes da hostalería local.

San Xoan 2025

O Concello de Negreira abriu o procedemento para a solicitude de permisos para a realización das fogueiras na noite de San Xoán, o cal pode facerse efectivo ata as 14:00 horas do venres, día 20 de xuño, na Casa do Concello.

As persoas solicitantes deberán ser maiores de idade. Deberán coidar os arredores e coñecer os números de teléfono de Emerxencias (112), ou Garda Civil (062).

A tramitación dos permisos pódese facer por vía presencial, no Rexistro Xeral do Concello, na rúa do Carme, 3 baixo, ou mediante a sede electrónica, a través da web: www.concellodenegreira.gal

Normas

En zona urbana, o volume de combustible do lume non deberá superar os 3 metros de perímetro, nen o metro de altura. En zonas rurais, a cacharela non poderá exceder os 6 metros de perímetro nen os 3 metros de altura. A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano será de coma mínimo 12 metros.

Debe poñerse especial coidado de non situar as cachelas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

Doutra banda, lembremos que está prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, de xeito xeral, calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (aerosois), aínda estando baleiros.

Os organizadores deberán atender as indicacións da Policía Local e dos Bombeiros. Non se aproveitará a cachela para queimar restos domésticos, agrícolas ou forestais.

piscina

O Concello de Negreira informa que o sábado, día 14 de xuño, abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada ata o día 14 de setembro.

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas. O prezo da entrada será de 1 euro.

Abonos

- Mensual: 10 €
- Tempada: 20 €
- Familiar: 30 €
- Familia numerosa: 40 €

 

Cursos de natación

Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de mañá, haberá cursos intensivos de todos os niveis dende os 2 anos, mediante o pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), ou ben remitindo o impreso e mailo xustificante á seguinte dirección de enderezo electrónico: alvaro.lira@concellodenegreira.es

 

Plan mellora camiños 24 25
Plan mellora camiños 24 25
estrea unidade mobil DNI e pasaporte

O Ministerio de Interior na mellora dos servizos que presta á cidadanía do rural, vén poñendo en funcionamento unidades móbiles que permiten a expedición ou renovación do DNI e do pasaporte en apenas 10 minutos, como en calquera comisaría da Policía Nacional. Ata agora, este servizo só dábase para o DNI, e ademais había que agardar tres días para a obtención do documento.

A estrea deste novo servizo en Negreira viuse adiada o pasado mes de abril e hoxe luns 26 tivo lugar a primeira visita sendo elixido o Campo da Feira para a súa ubicación.

A subdelegada do Goberno na provincia de A Coruña, María Rivas López visitou Negreira e explicou que “os novos vehículos veñen a sustituir ás oficinas móbiles nas que había mínimo dúas citas e agora, ofrecen un servizo no mesmo día”, sinalou. A subdelegada estivo acompañada polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez e maila primeira tenente de alcaldesa, Teresa Duro Leis, ademais de concelleiros do goberno local e representantes da Policía Nacional e Policía Local.

unidade mobil dni e pasaporte 2

 

Durante a mañá de hoxe foron máis de sesenta persoas, de Negreira e A Baña, as que pasaron pola citada unidade móbil que na seguinte visita, o luns 22 de setembro vai ser ubicada na entrada ao Centro Sociocultural.