Composteiro

O Concello de Negreira dá un paso máis cara a unha mellor xestión sostible dos residuos coa posta en marcha de novas iniciativas centradas nos biorresiduos. O programa de compostaxe doméstica contará con varias sesións formativas e entregas de composteiros, mentres que o novo servizo do colector marrón estará operativo a partir do 16 de decembro.

Colector marrón

O novo servizo de colector marrón comezará a funcionar o 16 de decembro. Este colector está deseñado para recoller exclusivamente restos orgánicos, como cascas de froita, restos de comida ou podas pequenas. A materia orgánica recollida será tratada para producir compost, un abono natural que axudará a reducir a pegada de carbono e os custos de xestión de residuos.

A veciñanza interesada en participar no uso do colector marrón pode solicitar un cubo individual e un chaveiro para acceder aos colectores. Recoméndase separar correctamente os residuos orgánicos e evitar depositar materiais plásticos, aceites ou outros elementos que non sexan biodegradables.

Entrega de composteiros

Para aquelas persoas que dispoñan dun terreo e desexen transformar os seus residuos orgánicos en compost de calidade, o Concello organiza as seguintes sesións formativas con entrega de composteiros de balde:

•         Sábado 14/12/2024, 11:30h: Escola de Pesaduira

•         Sábado 14/12/2024, 17:30h: Escola de Liñaio

•         Sábado 21/12/2024, 11:30h: Teleclub de Landeira

•         Sábado 21/12/2024, 17:30h: Local de Broño

Os composteiros serán entregados exclusivamente durante estas sesións formativas. As prazas son limitadas e será necesario inscribirse previamente en: negreira.rsu.gal.

Postos informativos sobre a xestión dos biorresiduos

Para resolver dúbidas e informar sobre a compostaxe doméstica e o uso do colector marrón, instalaranse postos informativos os seguintes días:

•         Domingo 08/12/2024: Pazo do Cotón (fronte á capela).

•         Domingo 15/12/2024: Pazo do Cotón (fronte á capela).

•         Domingo 22/12/2024: Praza do Concello (entrega de composteiros).

Estas accións están financiadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para máis información, inscricións ou consultas, pode contactar co Concello de Negreira a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico: residuos@concellodenegreira.gal.

VI Carreira do turrón

O vindeiro 28 de decembro a partir das 16:30 h terá lugar a Carreira do turrón, unha proba non competitiva polas rúas de Negreira.

Nesta sexta edición vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 4.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

A inscrición é ???????? e, para participar, só tes que anotarte no enlace de inscrición

O derradeiro día para anotarse é o xoves 26 de decembro, ás 14:00 horas.

+ ???? e INSCRICIÓN: https://goo.su/tZaY

Campo de fútbol de Cepelo

Dirección: Logrosa S/N - 15830 Negreira

Horario: en función das actividades e adestramentos.

Descrición: superficie de herba sintética con medidas 100x50 m. onde adestran e compiten as categorías base da AD Nicrariense, Agrón Barcala, SD Negreira e ADC Negreira Veteranos.

pistas polideportivas

Pódense atopar en: Negreira, Aro, Portor, Pesadoira e Bugallido.

campos de futbol parroquias

Pódense atopar en: Xallas, A Pena, Liñaio e Landeira.

Piscina de O Coto

Dirección: Parque do Coto S/N - 15830 Negreira

Horario: aberta do 15 de xuño ao 15 de setembro de 10:00 a 15:00 h. / 16:00 a 20:30 h.

Descrición: A instalación conten dous vasos, un de 20x12 m. e outro de 8x4 m., ademáis conta con vestiarios e zona verde.

Pista multideporte

Dirección: Parque Avda. Brañas - 15830 Negreira

Horario: aberta todo o ano.

Descrición: superficie de herba sintética con medidas 40x20 m. en donde se pode practicar fútbol e baloncesto.

Pistas de Tenis

Dirección: Pedra Mámoa S/N - 15830 Negreira

Horario: de luns a domingo en función das actividades deportivas e torneos.

Descrición: 3 pistas de tenis rápido con pavimento poroso (tennisquick), donde se realizan as actividades da Escola Deportiva de Tenis e competicións do Club de Tenis Negreira e outras ligas.

Pabellón Pedra Mámoa

Dirección: Pedra Mámoa S/N - 15830 Negreira

Teléfono: 673 359 896

Horario: de luns a venres de 16:30 h. a 22:00 h., sábados de 10:00 h. a 22:00 h  en función das actividades e torneos.

Descrición: No pavillón lévanse a cabo as actividades e competicións das diferentes escolas deportivas e clubs de Negreira.