Pleno ordinario de xaneiro

Infórmase da convocatoria de Pleno da Corporación Municipal de Negreira, en sesión ordinaria, o luns, día 13 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Orde do día

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 404/2024 ó nº 484/2024, ambos inclusive.

Segundo.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito.

Terceiro.- Plan Normativo do Concello de Negreira para 2025.

Cuarto.- Modificación na composición das Comisións Informativas e Consellos Escolares.

Quinto.- Rogos e preguntas.

Foto felicitación Nadal

Dende a Escola Municipal de Música do Concello de Negreira, queremos desexarvos unhas festas cheas de alegría e un próspero Aninovo 2025!!

Neste álbum de fotos recóllense momentos máxicos onde profesores e alumnado comparten a súa paixón pola música, unindo notas e sorrisos para que este Nadal sexa inesquecible. 

Postal de Nadal

No Nadal, un tempo festivo e de lecer, en Negreira existe unha oferta cultural e deportiva moi diversa, pensada para todos o públicos, pero na que os máis pequenos e pequenas son os grandes protagonistas.

Como cada ano, a postal de felicitación do Concello de Negreira escóllese a través dun concurso de postais navideñas no que participan os alumnos e alumnas dos centros escolares negreireses. Neste 2024 o debuxo gañador corresponde á aula de 1-2 anos, da Escola Infantil Municipal. Moitos parabéns.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome do conxunto da Corporación municipal deséxalles unhas felices festas e un ventureiro ano 2025. 

ampliación horarios festas Nadal

O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.

Autorízase a ampliación en dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local nas seguintes datas: Madrugada do día 25 de decembro de 2024; do día 1 de xaneiro de 2025 e do día 6 de xaneiro de 2025, festividades de Nadal, Aninovo e Reis, respectivamente.

 

nuevo reglamento de extranjería

O Concello de Negreira organiza para o xoves 19 de decembro unha nova actividade enmarcada no programa de inmigración, que desenvolve actuacións de asesoramento xurídico en estranxeiría e mediación intercultural.

Este novo obradoiro está destinado especificamente a mulleres migrantes, para informarlles sobre as novidades do novo Regulamento de Estranxeiría, que entrará en vigor o próximo 20 de maio de 2025. Tamén se abordarán técnicas e estratexias para a mellora da empregabilidade das mulleres migrantes residentes no Concello de Negreira, enlazando coas novas figuras de acceso á regularización a través do arraigamento que contempla o novo Regulamento de Estranxeiría.

A execución do programa de inmigración iniciouse no ano 2020 coa colaboración da “ONGD SenValos”, xunto cos Servizos Sociais do Concello de Negreira e contando co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo Plus.

O lugar de celebración do obradoiro será o Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e o acceso será libre e gratuíto para todas aquelas mulleres que desexen participar. Estará impartido por persoal técnico especializado da “ONGD SenValos” e da “Fundación Mujeres”.

O Concello de Negreira, segundo o Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2022, contaba con 271 persoas estranxeiras empadroadas (150 mulleres e 121 homes), o que supón case o 4% da poboación total. As principais nacionalidades de orixe das persoas migrantes de Negreira son Marrocos, Brasil e Venezuela.

A través do programa de inmigración, atendéronse máis de 190 persoas nestes catro anos de execución, das cales un 62% eran mulleres e un 38% homes. 

 

Certame poesía

O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolleu este 11 de Nadal, o fallo do xurado e maila entrega do XIII Certame de Poesía Xosé M. López «Ardeiro», que recae una obra «A pintora», cuxa autora é Lupe Gómez Arto, natural de Curtis, sendo un poemario homenaxe á pintora María Antonio Dans, porque dixo «síntome representada coas pinturas que ela facía de nenas e nais labradoras; eu véxome nas súas pinturas por iso quixen con este libro representar á pintora, a ela, coas miñas palabras».

Convocado polo Concello de Negreira, coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura, o premio está dotado cunha contía de 2.500 euros e a entrega de 300 exemplares da edición do poemario gañador.

Certame poesía 1

 

A outra poeta finalista foi Silvia Tasende Cotelo, de CarballoObtén un premio en metálico de 500 euros pola obra «Pel memoria». Silvia Tasende agradeceu ao Concello de Negreira polo seu decidido apoio á poesía e a cultura, e sinalou que «o mundo precisa máis metáforas e menos violencia», ademais de dar os parabéns a Lupe Gómez polo premio.

Certame poesía 2

 

O acto contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, ademais dos membros do xurado formado por José Antonio Ponte Far, en calidade de presidente, xunto co poeta Xulio López Valcárcel; a escritora e académica da RAG, María López Sandez, xunto con María López Rey e Diana Varela. O acto estivo presentado por Carme Pereiro e contou coa actuación musical do dúo Minguante.  

II Foro de Internacionalización do Camiño de Fisterra-Muxía

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía, que integran Santiago de Compostela, Ames, Negreira, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra, designou a Negreira como sede do segundo Foro de Internacionalización do Camiño, a celebrarse durante o sábado, día 14 de decembro, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Programa:

9:30 – 10:00. Inauguración institucional

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde

Xosé Manuel Merelles, director Turismo de Galicia

Xosé Regueira, vicepresidente Deputación da Coruña

Áurea Domínguez, presidenta Asociación de Concellos e alcaldesa de Fisterra

Antonio Leira, deputado provincial de Deportes

10:00 – 10:15. Entrega recoñecemento “Ti fas Camiño”

10:20 – 11:30. Mesa redonda: Camiño sostíbel? Ameazas e retos cara ao 2027

Modera: María Mesías, consultora de turismo

Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra

Yolanda Ferro. Turismo de Santiago

Césareo González, presidente Clúster de Turismo de Galicia

Guti Martín, xerente de Sherpa Project, director da oficina técnica e Galicia Destino Sostíbel

11:30 – 12:00. Pausa café

12:00 – 13:00. Mesa redonda. Podcast e Camiño. De experiencia local a conexión global

Modera: Leo Menéndez, director Galicia Podcast Summit

Aldara Diéguez, creadora do podcast “Até o fin”

José Mari Ardanaz, podcast “El Camino People”

Mariana Vaccaro, produtora podcast e de Adonde Media

13:00 – 14:00. Mesa redonda. Servizos e valores complementarios a potenciar na oferta turística

Modera: Noelia Baleato, edila de turismo en Santa Comba

Iván Guardado, fundador de Debullar (novas tecnoloxías)

Xurxo Cegarra, proxecto europeo Atlántic Sunset

Florencia Cueto Predotti, de Travel & Tech

Pausa para o xantar

16:30 – 17:45. Mesa redonda. Promoción e internacionalización turística do Camiño

Modera: Lanzada Calatayud. Asistencia técnica Asociación de Concellos

Xosé Manuel Merelles, director Turismo de Galicia

Luis Pedro Martins, director de Turismo de Porto e Porto Norte

Clare Taylor, confraternity of St.  James (Reino Unido)

Fran Flanagan, director da axencia Uwalk (Irlanda)

17:45 – 18:15. Slowlight. O novo enfoque da paisaxe nocturna no Camiño

Modera: Maruxa Lema, edila de turismo de Dumbría

Begoña Fernández, de Stoupa, tenda de produtos en Costa Morte

Jesús Picallo, presidente asociación Solpor e vicepresidente Clúster Turismo de Galicia

José Formoso, xestor hotel literario Bela Fisterra

Daniel Rojo, xestor da firma Varodron

19:30. Clausura. Intervención de Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira e vicepresidente da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía.

19:45. Concerto e cóctel para os asistentes

 

Inscrición gratuita premandoi na seguinte ligazón: https://acortar.link/bTvAv5

Presentación programa cultural Nadal 2024

Negreira prepárase para celebrar un Nadal cheo de actividades dirixidas a todas as idades, cun programa que combina cultura, lecer, tradición e festividade. A programación, que se desenvolverá entre decembro e xaneiro, ofrece propostas para pequenos e maiores, en diversos espazos da localidade.

Mercado e inauguración do alumeado 

O Nadal comezou con forza na primeira fin de semana de decembro, celebrándose o tradicional Mercado de Nadal e levándose a cabo o acendido da iluminación de Nadal coa música e enerxía do pasarrúas de “Os Elegantes”, a ritmo de batucada.

XIII Certame de poesía “Ardeiro”

O mércores día 11 de decembro, ás 19:30 horas e no Auditorio Afonso Eanes do Cotón, vai ter lugar o fallo do xurado do XIII Certame de poesía Xosé M. López “Ardeiro”, que inclúe a actuación musical do dúo Minguante. O premio para o poemario gañador é de 2.500€ e a publicación da obra, ademais dun premio de consolación para o segundo semifinalista de 500€.

E o martes día 17 de Nadal, a Escola Municipal de Teatro presenta a súa exhibición navideña por parte do grupo de pequenos,  no Auditorio Afonso Eanes, a partir das 17:00 horas.

A chegada de Papá Noel

O venres 20, Papá Noel visitará a Escola Infantil de Aro dende as 11:00 horas e a Escola Infantil Municipal, ás 12:00. Esa mesma tarde, ás sete da tarde, a Escola Municipal de Música ofrecerá unha audición de Nadal no Auditorio Afonso Eanes.

O sábado 21 está reservado para o Gran Festival de Nadal, organizado polo Concello e a Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón, con reserva de entradas, a partir das seis da tarde.

O luns 23, Papá Noel recibirá aos máis pequenos na súa casa, instalada na praza do Concello, a partir das 17:00 horas.

Festa do nen@

Metidos xa no 2025 en xaneiro, o xoves día 2 teremos unha nova entrega da festa infantil con xogos inchables e obradoiros no pavillón do CEIP O Coto, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Banda música

 

Banda música

O sábado 4 chega a quenda para o concerto especial de Ano novo a cargo da Banda de Música Ateneo de Negreira. Bandas sonoras de clásicos do cine de Hollywood soarán no auditorio Afonso Eanes do Cotón, baixo a interpretación dos músicos dirixidos por Raúl Martín Niñerola. “Sons de Hollywood”, comeza ás 19:00 horas.

Cabalgata de Reis

A tarde do domingo 5 de xaneiro é a máis agardada do ano polas crianzas de Negreira. A Cabalgata dos Reis Magos pechará as celebracións do Nadal. A comitiva real partirá ás 17:30 horas do Campo da Feira. Ao remate do percorrido haberá a recepción das súas Maxestades de Oriente no pavillón do colexio O Coto.

Para os que queiran participar acompañando aos Reis Magos na cabalgata, poden anotarse na Delegación de Cultura (máis información no 676 454 879 ou no enderezo electrónico: marcos.perez@concellodenegreira.es.

Nadal deportivo Negreira

Unha ducia de actividades conforman un completo programa deportivo do Nadal 2024/25 en Negreira, ao longo de varias semanas, entre o 21 de decembro e mailo 10 de febreiro de 2025.

Torneos deportivos, excursións, e a Campaña da Neve da Deputación de A Coruña, son algúnhas das actividades previstas para estos meses de inverno.

A primeira das actividades será o Torneo de Xadrez, o xoves 19 de decembro, tamén destaca o Torneo de Tenis de mesa, que despois duns anos chega a Negreira para promocionar unha actividade que volve a estar dentro da programación das Escolas Deportivas Municipais.

VI Carreira do Turrón

O último sábado do ano vaise a celebrara a Carreira do Turrón - dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 17:00 horas dende o CEIP O Coto, antes a partir das 16:30 h terán lugar as Carreiras de Escolares con distancias de 100 m. e 800 m.

Mini- Campus de Baloncesto

Os días 2, 3 e 7 de xaneiro terá lugar o Campus de Baloncesto de Nadal no Pavillón de Pedra Mámoa, unha boa ocasión para non perder o contacto co balón ou iniciarse nesta disciplina.

XIII Gala do Deporte

O Concello de Negreira promove a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 7 de febreiro, dende as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Antes, un xurado deberá definir quenes van ser os galardoados correspondentes ó ano 2024, estando composto por un representante de cada un dos sete clubes federados existentes no noso concello, xunto co técnico de Deportes, o director de Radio Negreira, e maila concelleira de Deportes, esta última con voz pero sen voto.

Relación de premios:

1. Mellor deportista do ano 2024

2. Mellores deportistas promesas do 2024 (masculino e feminino)

3. Mellor equipo ou clube do ano 2024

4. Recoñecemento á traxectoria deportiva

5. Recoñecemento ó patrocinador, ou colaborador co deporte

6. Recoñecemento a clubes pola súa antigüidade

7. Recoñecemento especial do xurado

Axudas para formar a 18 usuarios con discapacidade

A Deputación da Coruña contribúe cunha achega de 11.256 euros aos gastos de formación ocupacional das dezaoito persoas usuarias de Negreira, A Baña e Santa Comba, formados pola Fundación para a Protección de persoas con discapacidade psíquica “Comarca de Barcala”.

Unha axuda din, necesaria para diversificar e mellorar a formación prelaboral dos usuarios que acoden ao seu centro ocupacional, a través dos talleres de jesmonite, velas e tufting; ofrecendo un servizo de atención de calidade en horario de dez da mañá a cinco da tarde, de luns a venres.