concentra240918.jpg

O Servizo de Infraestructuras Agrarias dependente da Consellería de Medio Rural informa que este xoves 27 de setembro, desde as 10:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural vaise celebrar unha xuntanza informativa para tódolos propietarios/as dos novos predios do proceso de Reestructuración parcelaria de montes de Aro-Campelo e Gonte, de cara a informar do acordo polo que aprobouse o reparto de novos predios.

 

Entrega de boletíns

 

A entrega dos boletíns e maila exposicións dos planosdas fincas do acordo de reestructuración parcelaria destas tres parroquias terá lugar no Local Social de Aro, dacordo ás seguintes datas e por orde alfabética de apelidos:

 

Horario: 09:30 a 13:00 horas.

+ Martes 2 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra A ata a letra L.

+ Mércores 3 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra M ata a letra Q.

+ Xoves 4 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra R ata a letra Z.

 

Para recoller a documentación e importante ter en conta os seguintes extremos:

 

- Farase entraga da documentación aos titulares que deberán comparecer co seu DNI.

- No caso de matrimonios con bens gananciais calquera dos dous membros poderá recoller a documentación.

- No caso de matrimonios de bens privativos será necesaria a autorización do titular dos bens para que o outro membro poida recoller a documentación.

- Se o titular non puidera recoller a documentación persoalmente, poderá autorizar a outra persoa a facelo. Neste caso, deberá achegar unha autorización asinadas por ambos e acompañada de fotocopia do DNI da persoa que o autoriza. A persoa autorizada deberá presentar o seu DNI ou documento equivalente.

- No caso de propietarios falecidos, calquera dos herdeiros pode recoller a documentación, presentando o certificado de defunción, e acreditando co testamento ou documento equivalente a súa condición de herdeiro, xuntando ademais as autorizacións do resto de herdeiros, segundo o descrito no parágrafo anterior.

- No caso de que o pripietario sexa unha sociedade, a persoa que pretenda recoller a documentación deberá acreditar suficientemente a súa representación.

 

NOTA. Os planos e o plan de cultivos poderánse consultar na WEB da Xunta de Galicia: http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions

intercambio260918_2.jpg

Dende a Asociación ¨Terras de Compostela¨, informan que desenvolverá un Intercambio Xuvenil en Seulo - Cerdeña (Italia), entre os días 10 e 16 de novembro vindeiros, polo que estando o noso concello no seu territorio de actuación, están a seleccionar 5 mozos/as, de entre 18 e 25 anos de idade , que vivan no territorio de actuación do GDR Terras de Compostela.

 

Este proxecto denominado ¨News is cool¨, está financiado polo programa Eramus +, e inclúe desprazamentos até 275€, aloxamentos, manutención e actividades.

 

 

Durante o intercambio, 25 mozos de cinco países europeos: España; Portugal; Finlandia; Malta e Italia, convivirán e participarán nunha serie de actividades relacionadas coa temática deste intercambio: Cómo abordar a problemática do abandono escolar a idades temperás en zonas rurais.

 

Para máis información é necesario contactar coa Asociación Terras de Compostela, a través do número de teléfono: 617 129 702, ou por correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

itv_ciclomotores.jpg

Comunicamos que a Unidade Móbil 7 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao Concello de Negreira, o venres 9 de novembro, instalándose a estación móbil no Campo da Feira.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas, e para solicitar cita previa:

 

Por teléfono: 902 30 90 00

A través da web: www.sycitv.com - Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

contacontos280918.jpg

O programa Apego, de apoio á infancia en galego, promove este martes 2 de outubro, un contacontos coa obra ¨O ratiño presumido¨, de Trinketrinke Teatro, ás 17:30 horas, na entrada ao Centro Sociocultural, dirixido aos nenos/as de idades comprendidas dos 3 aos 8 anos, cunha temática en favor da igualdade de xénero.

 

Esta actividade enmárcase na programación do Apego, promovido dende o Servizo de Normalizaicón Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, e que inclúe contacontos e obras teatrias para o público infantil, os primeiros martes de cada mes ata finais do presente ano.

monologos280918_2.jpg

O mes de outubro volve a ser o dos monólogos na programación cultural do Concello de Negreira, con tres citas os venres 5, 19 e 26 de outubro ás 21.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A primeira cita do Ciclo de Monólogos 2018 chega o venres 5 de outubro con Oswaldo Digón, cun prezo de 10 euros á entrada. Seguiralle o venres 19 a presenza de Juan Muñoz, ex Cruz y Raya, cun prezo de 12 euros.

 

O colofón ó Ciclo de Monólogos 2018 en Negreira vano protagonizar os coñecidos actores, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, o último venres de mes. As entradas para un único pase custarán 15 euros.

 

As entradas sairán á venda o luns anterior a cada monólogo, na Delegación de Cultura, de forma presencial. Para máis información, no número de teléfono: 981 885 886.

andaina011018.jpg

O sábado 29 de setembro celebrouse a undécima edición da Andaina Popular ¨Negreira no Camiño de Fisterra¨, coa participación de 150 persoas, a través de 25 quilómetros pola Ruta dos Tres Pazos, e unha última parte pola ruta xacobea ata Zas e regreso ao punto de partida no Campo da Feira.

 

O trofeo ao participante de maior idade foi para Manuel Cid Maneiro (1940), de Negreira; o da camiñante máis nova foi para Laura Vieites Ferreiro (2002), de Negreira, e o da familia con máis participantes recaeu na familia González García, de Sanxenxo (Pontevedra).

 

Sorteo de agasallos

 

Celebrado este luns 1 de outubro, en directo en Radio Negreira, este foi o resultado final:

 

1) Forro polar Gar Sport: José Manuel Grela Pose

2) Camiseta técnica Gar Sport: Juan Carballo Cobas

3) Camiseta técnica Gar Sport: Laudelina Blanco Blanco

4) Vale de 20 € Breogán Deportes: Manuel Cid Maneiro

5) Forro polar Gar Sport: José Raña Beiras

6) Vale de 20 € Breogán Deportes: Francisco Villadonga Ouro

7) Mochila: Isabel Iglesias del Río

vespa.jpg

Vai selo sábado 13 de outubro, durante todo día, cando amantes das míticas motos vespa e lambretta, cítense en Negreira para participar neste encontro que organizan un grupo de veciños coa colaboración do Concello de Negreira...

 

O programa de actividades comezará coa recepción aos participantes, a partir das 10.30 horas na Carreira de San Mauro, e coa exposición de motos ata as doce do mediodía en que partirán para realizar un roteiro en moto pola parte alta do concello, visitando lugares como o parque eólico do Corzán ou a zona de Campolongo.

 

 

A seguinte parada será para o xantar de irmandade de tódolos participantes ás dúas da tarde, no restaurante O Rueiro, en Vilaserío, na parroquia de Bugallido, onde haberá un sorteo de agasallos xentileza de Motos Antelo, de Negreira.

 

A partir das 16.00 horas comezará o segundo roteiro da xornada que levará aos participantes neste encontro por paraxes naturais como as de Pontemaceira e maila parroquia de Portor, para regresar á vila de Negreira cunha parada no Campo da Feira. Alí, a partir das 19.30 horas celebrarse un concerto a cargo do grupo Sexy Soviets, quenes interpretarán clásicos e himnos musicais dos setenta, oitenta e noventa.

 

O colofón a esta intensa xornada chegará pola noite, a partir das 22.30 horas no Bar O Cotón, cun sesión musical a cargo de Dj Edu Lambretta, e Dj Hugo Xixón.

 

A inscrición ten un prezo de 20 euros e pódese realizar ata o día 9 de outubro. 

Máis info en Negreira Scooter Run.

 

Entrevista a Carlos Fernádez (membro da organización).

 

sven.jpg

Entre os máis de 6.000 peregrinos/as que no que levamos de ano pasaron pola Caseta de Información que o Concello de Negreira ten aberta ata o 15 de outubro na avenida de Santiago, este primeiro domingo do mes de outubro, tívemola agradable visita deste mozo chamado Sven, de Leipzig (Alemaña), quen aparte de solicitar información do Camiño de Fisterra-Muxía, achegouse a saudar a Cristina Ameijeiras, a persoa que a atende.

 

Sven comezou a sua pereginaxe en Leipzig, e non é a primeira vez que visita Galicia, nin tampouco Negreira, xa que Sven estivo varios anos vivindo na cidade de A Coruña e ten amizades en Cee. Por iso, tivo a ben facelo Camiño de Fisterra.

carreiraultimasemana.jpg

O vindeiro luns 15 de outubro remata o primeiro prazo reducido a 6€ para formalizar a inscrición na XXXIX Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, do domingo 11 de novembro sobre un circuíto de 5 quilómetros ao que os corredores/as darán dúas voltas no caso da proba raiña de 10.000 metros, e unha soa volta na proba de 5.000 metros.

 

A partir do día 16 e ata o 31 de outubro o prezo é de 7€. Do 1 ó 7 de novembro o prezo de inscrición é de 10€.

 

Lembramos que os participantes poden facer efectiva a inscrición nunha soa carreira (5.000 ou 10.000 metros). Todos os participantes na «Clásica» recibirán unha bolsa do corredor composta por: bolsa de polyester; camiseta técnica; pastel; batido e bebida isotónica.

Incríbete xa en: http://emesports.es/eve…/xxxix-carreira-popular-de-negreira/

vespa_aprazado.jpg

O Scooter Run Negreira e mailo Concello decidiron aprazar ata novo aviso, o primeiro Encontro de vespas e lambrettas previsto para este sábado 13 de outubro, debido á previsión de mal tempo para devandita xornada do sábado na comarca de Barcala.

 

Segundo a organización, a idea é programar unha nova data para celebrar esta concentración de amantes das motos antigas e dos modelos citados para máis adiante, manténdose o programa de actos deseñado para a ocasión que inclúe sendos roteiros en moto polo noso concello, un xantar de irmandade, así como un concerto dun grupo musical e unha festa final nun establecemento da hostalaría de Negreira.