horarioampliado.jpg

O Concello informa que a Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, vén de conceder autorización para a ampliación dunha hora na finalización das verbenas das festas patronais de San Cristovo 2018, os días 5, 6 e 7 de xullo, ademais da ampliación dunha hora do horario de peche dos locais de hostalería, nos días citados anteriormente, trala solicitude oficial cursada polo Concello de Negreira.

verancultural2018.jpg

Vén de presentarse a programación do Verán Cultural de Negreira 2018. Entre xullo e setembro a veciñanza poderá desfrutar dunhas 30 actividades de carácter festivo, cultural e deportivo.

 

Entre elas destacan o Nicrarock (13 de xullo), unha nova Noite en Vela (20 de xullo), o encontro de cultura psicodélica Galipsy (27-29 de xullo) a XVI Noite Folk (18 de agosto) a XII Feira do Románico (24-26 de agosto), a VII Gala da Maxia (31 de agosto) e o Festival de Bandas (16 de setembro).

 

Tamén hai propostas deportivas diversas. Alén dos cursiños de natación, os obradoiros Diververán e o campamento Respira; na segunda quincena deste mes desenvolveranse os campamentos deportivos da Deputación e a excursión ao Aquapark de Cerceda. Ademais, celebrarase o I Open de Tenis (14-21 de agosto), o I Torneo de Pádel (4-14 de setembro); o XII Día da Bicicleta (15 de setembro) e a XX Andaina Popular (22 de setembro).

 

Actividades variadas e para todos os públicos nas que non poden faltar actuacións musicais coma a de Mamá Cabra (15 de setembro); así como varias intervencións de Cultura a Pé de Rúa.

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o programa completo.

 

galeuropa_18.jpg

O Concello de Negreira promove un ano máis o programa de mobilidade transnacional Galeuropa. A través del a mocidade poderá facer prácticas formativas non remuneradas 100% subvencionadas en empresas do Reino Unido.

 

A iniciativa está destinada a mozos e mozas de menos de 30 anos inscritas no Sistema de Garatía Xuvenil. Ofértanse 10 prazas entre os concellos de Negreira e Val do Dubra, co que existe un convenio de colaboración.

 

A duración estimada é de 3 meses e a axuda cubre todos os gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguros, así como cursos formativos en inglés e orientación laboral.

 

O prazo de inscrición remata o 3 de Agosto. Para anotarse ou obter máis información deben poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello de Negreira (teléfonos 881.035.150 / 881.035.162).

 

Poden consultarse as bases completas pinchando na seguinte ligazón: Galeuropa 2018 ou Bases

rodeiro.jpg

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte mércores 18 de xullo o centro IES Xulián Magariños de Negreira no que este novo curso se implantará un novo ciclo de FP de “Sistemas microinformáticos e redes” e que ofrece 30 prazas.

 

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

 

A oferta que tamén avanza na cidade e comarca de Santiago é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 6 ciclos deste tipo de formación con 97 prazas. Esta FP dual é unha aposta do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos.

 

Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira e Santiago de Compostela.

acto240718_2.jpg

O vindeiro sábado, 28 de xullo, celebrarase un acto solemne de entrega dos restos de vítimas da represión franquista exhumados en Paramos (Val do Dubra). Trátase, en concreto, de José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino, Vicente Peña Tarrasa e Manuela Teiga (esta última veciña de Zas - Negreira).

 

O evento terá lugar a partir das 12:30 no auditorio de Bembibre e despois haberá un xantar de confraternización no restaurante O Brañón (reservas no 981 88 90 00).

 

Esta iniciativa está impulsada polos concellos de Negreira e do Val do Dubra xunto coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

contedores3.jpg

Nestes días estase procedendo á limpeza e lavado dos colectores de lixo nas zonas rurais de Negreira.

 

Dende o concello prégase a colaboración da veciñanza para que non depositen nada no interior dos colectores de residuos mentras vexan na súa zona os vehiculos adaptados para limpeza, xa que se precisa que os contedores esten baleiros para procer coas labores de lavado.

romanico 1.jpg

Na mañá deste venres presentouse oficialmente a XII Feira do Románico de Negreira. O acto tivo lugar na praza do Cotón ás 11h e nel o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, avanzou algúns detalles da programación deste ano, se ben aínda non está pechada de todo.

 

O rexedor anunciou, entre outras cuestións, que haberá animación musical e teatral continua nas rúas e que desta volta se vai apostar especialmente polas actividades para nenos e nenas. Durante toda a fin de semana do 24 ao 26 de agosto haberá mercado de artesanía, campamentos e exposicións, exhibicións de cetrería, demostracións de voo e de oficios; entre outras propostas.

 

A Feira comezará o venres ás 18h, día no que pola noite haberá un espectáculo de lume. O sábado o mercado abrirá ás 11h e desenvolveranse actividades durante toda a xornada co colofón dun espectáculo pirotécnico á medianiote, seguido dun concerto de Wyrdamur. A despedida da Feira será o domingo arredor das 23h cun espectáculo musical e teatral de rúa.

 

Na súa intervención o alcalde insistiu na necesidade de que haxa un bo clima de convivencia. Fixo fincapé no cumprimento das normas e dos horarios para que o Románico manteña a súa esencia de mercado medieval, máis alá da festa nocturna que o rodea.

negreira_folk.jpg

Velaquí o cartel oficial da XVI edición da Noite Folk de Negreira. Coma noutras ocasións, o encargado de plasmar en imaxes todo o que representa esta celebración foi Xosé Vizoso. O ilustrador mindoniense tamén se encargou este ano do deseño do cartel das Festas do Apóstolo de Santiago, entre outras.

A combinación de violetas, azuis e vermellos semellan transmitir xa o eco das músicas de Xabier Díaz, Caxade e Malvela, protagonistas desta edición. Así, o vindeiro sábado 18 de agosto o Refuxio de Pescadores de Covas encherase de música folk a partir das 22:00h cuns concertos que serán completamente de balde.

sentido_unico1_negreira.jpg

O Concello está a sinalizar o sentido único de circulación na rúa Cidade de Vicente López desde a Carreira de San Mauro, ao igual que na rúa Serzedo en sentido subida hacia A Cachurra, mentres que a conexión coa avenida de Vilachán será de dobre sentido de circulación.

Os traballos de sinalización horizontal e vertical chegan un mes despois de que se procedese ó asfaltado con aglomerado en quente, e tras dotar de novas redes de sumidoiros e recollida de augas pluviais á rúa Serzedo e maila propia Cidade de Vicente López, así como de beirarrúas.

MapaOnlineNegreira.jpg

 

Xa podes consultar neste enlace https://goo.gl/kWmjbn o mapa en liña dos recursos turísticos do concello de Negreira.

Dende a sección de turismo do concello estamos a tirarlle proveito ás novas tecnoloxías e empezamos este ano a xeolocalizar os elementos máis senlleiros do noso concello, para facer un mapa en liña fácil de consultar e tamén de actualizar. Este mapa en lina quere recoller os sitios máis fermosos para visitar do noso concello, as rutas para percorrer, pero tamén a información básica e localización dos servicios e equipamentos do concello. Para facer máis accesible a información, agrupámola segundo varios temas: Que facer, que visitar, onde aloxarse, onde comer, onde tomar algo... así como un grupo que inclúe a información e localización dos servizos do concello, o trazado do camiño de Fisterra-Muxía e a situación das nosas parroquias.

Neste mapa en liña recollemos información útil para os que nos visiten, pero tamén para a veciñanza de Negreira que queira descubrir o noso concello. Podes activar e desactivar estes grupos de información, e deixar á vista só a información que te interese ver. Ademais podes empregar este mapa no teu móbil ou tableta, xa que o podes abrilo dende a aplicación de Google Maps e así, chegar aos sitios que te interese visitar e consultar a información asociada a cada punto, aproveitando así as capacidades de xeolocalización do teu dispositivo.

Sabemos que é un mapa incompleto, seguro que falta información, faltan fermosos sitios, recunchos singulares, historias fermosas... Para lograr facer un mapa completo e sen erros, precisamos a túa axuda. Se detectas erros ou que falta algo, por favor comunícalo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Integraremos a túa suxestión o antes posible.