asubios.jpg

A Rede de Dinamización Lingüística falaRedes, da Xunta de Galicia, achégase este primeiro domingo de decembro a nosa vila coa obra: Asubíos, da compañía Elefante Elegante. Esta montaxe vai dirixida ao público infantil, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Asubíos, é un alegato da compañía Elefante Elegante para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle. Unha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no universo literario do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular O flautista de Hamelín, recollido polos irmáns Grimm.

 

 

No espectáculo que a compañía do Elefante Elegante crea para a Rede de Dinamización Lingüística, a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía con el. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

 

Máis información sobre a obra Asubíos.

fundacion292.jpg

A Casa do Concello de Negreira acolleu hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Fundación María Esperanza Rubido Romero, maila Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, coa participación do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, en calidade de presidente do Padroado da Fundación de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala; do alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, como vicepresidente, e María Jesús Forján Vieito, presidenta do Padroado da Fundación Mª Esperanza Rubido Romero, xunto con María Rosa Tuñas Hortas, directora da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos.

 

A Fundación María Esperanza Rubido Romero concede unha subvención anual de 10.000 euros para levar a cabo o Programa de mellora do benestar persoal e social, entre os usuarios/as da Fundación. Un programa que leva funcionando dende o pasado mes xuño ata o mes de decembro.

 

fundacion291.jpg

 

Dende a dirección da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, expresan o seu agradecemento á Fundación María Esperanza Rubido Romero, xa que dende o ano 2010 ven axudando coas súas aportacións para levar a cabo os programas de autonomía persoal e de mellora do benestar persoal e social.

 

Os obxectivos xerais do programa son:

 

Desenvolver as habilidades emocionais

Mellorar as relación interpersoais

Aumentar a autonomía persoal dos/as usuarios/as da Fundación

As áreas que se traballan no programa son:

Area de vida no fogar Area de educación emocional,

Área de vida na comunidade

Integración na comunidade

Área de formación laboral

charla0412181.jpg

O persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM), Rosa Fuentes Cambeiro, directora, e Natalia Suárez García, psicóloga,  impartiron unha charla informativa sobre a violencia de xénero ao alumnado, profesorado e persoal do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV.

 

Abordáronse contidos como a victimización á que se enfrontan as vítimas de violencia cando deciden rematar coa situación de violencia e, tamén se expuso a violencia de xénero entre adolescentes advertíndolle aos asistentes dos perigos das novas tecnoloxías.

 

As profesionais do CIM diferenciaron entre sexo e xénero,  considerando que vivimos nunha sociedade patriarcal onde ás mulleres lles veñen impostas determinados roles polo mero feito de nacer muller.

 

Informaron aos asistentes dos recursos existentes na nosa contorna como é o CIM, que é un recurso de carácter permanente dende o que se artella unha intervención global dirixida ás mulleres que o demanden, así como a calquer persoa, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero, sendo prioritaria a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade e exclusión social.

 

charla0412182.jpg

 

Tamén informaron de que o Concello de Negreira ten constituida a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero, que é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais impricados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

 

Os obxetivos da mesa son:

 

-Determinar criterios de detección precoz de casos de violencia de xénero.

-Acordar criterios para a detección e a atención en casos de alto risco.

-Realizar o seguimento de casos de alto risco.

-Identificar a situación de posible descoordinación entre os distintos ámbitos e proposta de mellora.

-Poñer en común e avaliar os datos de violencia de xénero de cada ámbito de actuación.

-Impulsar estratexias de sensibilización e prevención.

-Avaliar os resultados das campañas de sensibilización prevención realizadas.

festivoslocais041218.jpg

Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, polo que se determinan as festas locais, a Corporación Municipal do Concello de Negreira, en sesión ordinaria do Pleno de data 12 de novembro de 2018, ratificou o decreto de Alcaldía, número 205/2018, de data 17 de outubro de 2018, polo cal establécense as festividades locais de Negreira para o vindeiro ano, determinadas como inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito do concello.

 

As datas establecidas son:

- Venres, día 12 de xullo. Festa de San Cristovo

- Luns, día 16 de setembro. Festa de Santa Margarida

nadal2018.jpg

Unha vintena de actividades conforman un ambicioso programa cultural e deportivo do Nadal 2018 en Negreira, ao longo de catro semanas, entre o 10 de decembro e mailo 5 de xaneiro de 2019.

 

Teatro, música, festivais, torneos deportivos, e mailos tradicionais obradoiros DiverNadal, ou a gran Cabalgada de Reis, integran unha programación cultural para tódalas idades, aínda que máis centrada no público infantil.

 

No mes de decembro, destaca o musical da asociación Aspas: ¡Peter. Volamos! o venres 14, ás nove da noite no Auditorio; ou o fallo do VII Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, o xoves 20 ás 19.30 horas, coa actuación do Coro Sénior da Universidade de Ferrol; o Gran Festival de Nadal, o sábado 22 ás seis da tarde; e mailo Festival de Nadal da Escola de Teatro, o xoves 27 ás seis da tarde.

 

I Carreira do Turrón

 

No eido deportivo, en decembro vánse celebrar o Torneo de Xadrez (domingo 23), de 11 a 13 horas, na Casa da Cultura, e mailo Torneo de Baloncesto Escolar (sábado 29), a partir das nove da mañá, no Pavillón de Pedra Mámoa. O último sábado do 2018 celebrarase ademáis, a primeira Carreira do Turrón -dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 16:30 horas dende o CEIP O Coto.

 

A programación de Nadal estrea o 2019 con teatro. O xoves 3 de xaneiro actuará a compañía Malasombra Teatro, coa súa montaxe: The Fantastic Cleanner´s, ás seis da tarde, no Auditorio.

 

E o sábado 5 terá lugar a Gran Cabalgada de Reis, que partirá ás 17:00 horas do Campo da Feira, e a recepción á comitiva real dende o balcón da Casa do Concello, unha hora despois, para rematalo percorrido no Pavillón Escolar do Coto, coa entrega de agasallos.

 

DiverNadal

 

Os Obradoiros de manualidades para idades infantís terán lugar nas seguintes datas: 22, 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e, o 2, 3 e 4 de xaneiro, no Centro Sociocultural. Hai que anotarse na Delegación de Cultura, en horario de mañá.

 

 

cartelnadal2018.jpg

O debuxo que foi elaborado polos nenos e nenas da Aula de 6º curso ´C´, de Infantil, do Colexio O Coto, é o gañador do Concurso de Cartaces que anuncia a programación navideña e felicita as festas de Nadal do Concello de Negreira.

 

Nosa noraboa a todos eles e a súa profesora polo traballo realizado, cuxo premio consiste nun vale agasallo por valor de 100 € para cambiar en comercios de Negreira.

 

Este galardón vailles ser entregado na tarde do día 5 de xaneiro, durante a celebración da Gran Cabalgada de Reis, na recepción que as súas Maxestades ofrecerán aos nenos e nenas do noso concello, no Pavillón do CEIP O Coto.

 

noel1.jpg

A Aula da Rede CeMIT, no Centro Sociocultural de Negreira, acolleu hoxe sendas videoconferencias con Papa Noél, tanto para os 15 usuarios e usuarias do centro ocupacional da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, como para un grupo de nenos e nenas, pertencentes ás escolas infantís de Aro e Lañas.

 

noel2.jpg

 

As videoconferencias con Papá Noél tiveron unha duración máxima de trinta minutos, durante as cales, houbo tempo para que falasen con Papá Noél e interesarse polas súas cartas e peticións de agasallos para estas festas do Nadal.

 

noel3.jpg

ardeiro191218.jpg

O Concello de Negreira convocou para o xoves día 20 de Nadal, ás 19:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o acto do fallo do VII Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", cuxo poemario gañador será editado e publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademáis, e por segundo ano consecutivo, o gañador opta a un premio económico por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o finalista.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deben ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición, alcanzouse un número de 24 traballos presentados, entre os cales, o xurado elixiu a dous finalistas.

 

O xurado do VII Certame de poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, está formado por José Antonio Ponte Far, escritor; Xulio López Varcárcel, poeta; María Rey e María Sandez, profesoras do instituto Xulián Magariños, e Diana Varela.

 

O acto contará coa asistencia do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; e de Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Para pechalo acto contarase coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol.

certameardeiro201218.JPG

Raúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, presentado baixo o pseudónimo de Barca de tinta, e natural do concello de Brión, é o gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, cuxo fallo do xurado e entrega, tivo lugar esta tarde nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, encargado de entregarlle o galardón cunha dotación económica de setecentos euros. Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, natural de A Estrada, foi a outra finalista, quen recibiu un premio de trescentos euros.

 

Cando o alcalde do Concello de Negreira, participou no acto, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario, e maila entrega de douscentos exemplares ao gañador. Dase a circunstancia, de que Raúl Gómez Pato foi finalista na edición de 2017 que gañou a teense, Claudia Castro.

 

O xurado, conformado por José Antonio Ponte Far, escritor e catedrático en Lingua e Literatura, xunto ao poeta Xulio López Valcárcel, e as profesoras María Rey e María López Sández, docentes do instituto Xulián Magariños, así como a avogada e poeta, Diana Varela Puñal, valorou a «unidade e alento poético, que non decae ao longo das páxinas, e a densidade conceptual».

 

Este acto cultural e social, rematou coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol, chegada ata Negreira por mediación de José Antonio Ponte Far, membro deste coro ferrolán.

redtour211218.jpg

Este sábado 22 de decembro celébrase o decano dos festivais de Nadal, que alcanza a súa vixésimo oitava edición, convertido nun gran escaparate musical, de baile galego, ou de exhibicións de disciplinas deportivas coma o kárate e a ximnasia rítmica. É o Gran Festival de Nadal, que o Concello de Negreira promove en colaboración coa Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, con entrada de balde, e dende as 18:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Na súa 28 edición, o festival contará coas seguintes actuacións e exhibicións:

 

Grupo de Danza Tradicional Veiga do Cotón

Escola Municipal de Baile Galego

Escola de Kárate Akai Ryu

Escola Municipal de Pandeireta

Agrupación de acordeóns Xosé Manuel Suárez

Coro da Asociación de Xubilados de Negreira

Escola Municipal de Ximnasia Rítmica

 

E dúas actuacións especiais como son as do espectáculo aéreo ¨Sue Moreno¨, e a presentación en exclusiva para Negreira e comarca, da nova dianteira de cantantes da afamada orquestra Olympus, comandada por Jorge Ferre, xunto con Néstor Peña (ex-El Combo Dominicano), Nakary Palumbi (ex-Aché), Tania Domínguez (ex-La Fórmula), e Fer Sánchez (ex-Aché).

 

Como fin de festa haberá unha chocolatada para todos os asistentes.

 

Festival de Nadal.jpg