diabici1.jpg

Este sábado celébrase na capital do Val de Barcala, a edición número 12 do Día da bicicleta, un evento referente na nosa comarca, no que todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo e refrixerios. Igualmente, ao rematar o percorrido haberá un sorteo de agasallos e de dúas mountain bike, por xentileza de Comercial Antelo e Comercial Vigo.  

 

É necesario que a veciñanza interesada en participar faga a súa inscrición previa antes do venres 14 de setembro, na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ó número de teléfono 981 885 886 ou no enderezo de correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

diabici2.jpg

 

Como nas once edicións anteriores, a concentración será a partir das 10:00 horas na parte final da rúa de Castelao. A saída infantil efectuarase ás 10:30 horas sobre 1,2 quilómetros, entre a saída e mailo campo da feira, a través da propia rúa de Castelao, a do Carme e maila Carreira de San Mauro.

 

Lembramos que o uso de casco é obrigatorio para tódolos participantes nun evento de cuxa seguridade encargaráse a Policía Local e voluntarios de Protección Civil.

torneobaloncesto18.jpg

Este sábado dende as cinco da tarde vaise disputar na polideportiva do Parque do Coto, un torneo de baloncesto para categorías base organizado polo clube baloncesto Porto do Son, en colaboración co Concello de Negreira.

 

As categorías participantes son: Preminibasket; Mini masculino; Mini feminino; Infantil masculino e Preinfantil feminino, pertencentes aos equipos da Escola de Baloncesto de Negreira, do clube baloncesto Porto do Son, do clube baloncesto Outes e a Escola do Concello de Brión.

banda1309182.jpg

O terceiro domingo de setembro celébrase na praza do Concello unha nova edición do festival de bandas de música co gallo das festas de Santa Margarida. Dende as 19.00 horas actuarán a Banda de Música de Calo (Teo), a Banda de Visantoña e pechará a Banda de Música Ateneo de Negreira.

 

A Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, interpretará as seguintes pezas:

 

Guillermo "El del Clarín" (pasodoble), de Vicente Llorens.

Sangral, de Israel Alonso.

Virginia, de Jacob de Haan.

 

banda1309181.jpg

festassetembro.jpg

Este domingo e o luns 17 celébranse as festas de Santa Margarida, a cita festeira de cada mes de setembro para despedir o verán en Negreira. Compre lembrar que o luns será festivo local.

 

O programa de actos depara para o domingo 16 a misa cantada, ás doce do mediodía na Capela do Cotón, dedicada á virxe das Dores. Ás sete da tarde celébrase o festival de bandas na praza do Concello coas actuacións da Banda de Música de Visantoña, a Banda de Calo e maila Banda Ateneo de Negreira. Pola noite actuará no campo da feira a orquestra Superfama para amenizar a verbena.

 

A xornada festiva do día de Santa Margarida comezará cos pasarrúas dos grupos de gaiteiros Veiga do Cotón e Os Jaitas Blue, seguidos da misa e procesión na honra a Santa Margarida, ás doce na igrexa parroquial de Negreira.

 

O gran colofón chegará ás dez da noite coa actuación da orquestra Olympus de Negreira, no campo da feira, dentro da xira do seu 20 aniversario. E os dous días de festa permanecerá instalada unha pulpeira no campo da festa.

escolasdep2018.jpg

O Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

Díptico Escolas Deportivas 2018-19.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. CULTURAIS.pdf
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEP. ADULTOS.pdf)
FOLLA INSCRICIÓN ACT. DEPORTIVAS.pdf)

parcelaria180918.jpg

A Consellería do Medio Rural vén de aprobar o acordo da concentración parcelaria da zona de Aro-Campelo-Gonte, no concello de Negreira, que supón a determinación dos predios de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Trátase da reorganización de 6.252 parcelas que pasan a ser 1.274 predios pertencentes a 812 propietarios.

 

Este anuncio, que se vai publicar en breve no Diario Oficial de Galicia, foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta 880 hectáreas e que ten un carácter principalmente forestal.

 

Nesta reorganización territorial lévanse investidos 2,5 millóns de euros destinados na súa meirande parte á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos, como o levantamento topográfico ou a redacción das bases e do acordo, entre outros.

 

Ademais, co obxectivo de darlle un forte impulso a zona, estanse iniciando os traballos de colocación dos marcos dos novos predios. Traballo necesario e imprescindible para que os propietarios da zona podan empezar a traballar e plantar as súas novas parcelas.

 

Para explicar este acordo, e mailo resultado das alegacións presentadas por propietarios, o Concello de Negreira informa que haberá unha xuntanza o xoves 27 de setembro, ás 10.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A entrega da documentación das novas parcelas terá lugar nos seguintes días no Local Social da parroquia de Aro: días 2, 3 e 4 de outubro.

tenis180918_1.jpg

Grandes sensacións deixou o primeiro Open de Tenis ¨Val de Barcala¨ celebrado nas pistas do Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, cuxa espectacular final individual masculina gañouna o tenista asturiano Roberto Menéndez, campión mundial de máis de 40 anos neste 2018 e tres veces campión de Europa, ante o xoven Alberto López, por 7/5 e 6/1.

 

Nas semifinais do sábado, Roberto Menéndez venceu por 6/4 e 6/4 a Yahir Alcolea, outro dos favoritos como vixente campión de Castela-A Mancha, mentres que Alberto López eliminaba a Carlos Tajes 6/0 e 6/3.

 

 

Tamén desfrutamos dunha bonita final feminina entre dúas promesas de tenis galego como Adriana Subias e Patricia Aspron (6/0 e 6/2), para Adriana, quen en semifinais apeou do torneo a Lucía Martínez (6/2 e 6/3), mentres que a súa rival na gran final, Patricia Aspron, eliminou a Belén Hermo (6/2 e 6/3).

 

tenis180918_2.jpg

 

A entrega de trofeos e premios en metálico de 300 e 160 euros, respeitivamente, para o gañador/a e finalistas, contou coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, así como do concelleiro de Deportes, José Daniel Casal Leis, e maila segunda tenente de alcalde, María Jesús Veiga Hortas.

andaina_2018.jpg

A 11ª Andaina Popular «Negreira no Camiño de Fisterra» que se celebra o sábado 29 de setembro, vai a ter unha camiñada de 25 quilómetros cunha dificultade media, a través da Ruta dos 3 Pazos (O Cotón, Baladrón e Albariña), duns 16 quilómetros, e co engadido de nove máis unha vez chegados ó punto de partida, polo Camiño de Fisterra na súa saída de Negreira polo Corpachón ata Zas, e dende alí, por un sendeiro, no que os participantes regresarán a Negreira polo paseo fluvial do río Barcala.

 

Con esta iniciativa preténdese potenciar e dinamizar o Camiño de Fisterra e Muxía, ao seu paso polo noso concello. 

 

Para facer efectiva a inscrición, podes chamar ó número de teléfono 981 885 886 ou enviar os datos a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. A inscrición é de balde. Os datos a cumprimentar son os seguintes: nome e apelidos, data nacemento, DNI, localidade e teléfono de contacto.

 

A data límite para facer efectiva a inscrición é o xoves 27 de setembro as 14:00 h.

 

bosas_200918_1.jpg

Na Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos  Comarca de Barcala, dende fai anos, leváse a cabo un programa de concienciación ambiental cos/as usuarios/as do centro ocupacional, mediante diferentes actividades: informativas, de reciclaxe, ou visitas ao Punto limpio.

 

Este ano, e dende o programa de Mellora do Benestar persoal e social financiado pola Fundación Mª Esperanza Rubido Romero, decidiron dentro da campaña de eliminación de bolsas de plástico, facer unha proposta para os concellos de Negreira e A Baña, de bolsas de tela e cun deseño propio.

 

bosas_200918_2.jpg

 

Estas bolsas están en diferentes establecementos de Negreira que colaboran para a súa exposición e venda como son: Supermercado ErosKi; Parafaramacia A Boa Saúde; Comercial Corzán; Taberna O Seixo; cafetería Abrente; Bar O Cotón; Bar e panadería Rios; Vaqueros Lúa; Restaurante hospedaxe A Mezquita;  Casa da Cultura, e Oficina de Correos. Tamén no concello de A Baña.

xornadaigualdade2018.jpg

Este sábado 22 de setembro, dende as seis da tarde, o Parque do Coto é o escenario elixido para celebrar a primeira Xornada pola Igualdade no Deporte  que promoven o Agrón Clube de Fútbol e mailo Concello de Negreira, e que busca ¨concienciar¨ sobre a necesidade de visualizar a muller no mundo do deporte, así como impulsar a práctica do mesmo entre a poboación feminina.

 

Esta xornada foi presentada este xoves no programa de actualidade O Faladoiro, en Radio Negreira, por parte de Natalia Suárez, psicóloga do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.); Diego Rama, directivo do Agrón C.F.; Álvaro Lira, técnico municipal de Deportes, e Ainhoa Rodríguez, directora da Escola de Kárate Akai Ryu.

 

A xornada incluirá o seguinte programa:

 

- 18-19 horas: Adestramento cross training dirixido a mulleres, a cargo do ximnasio Closs Class Negreira. Constará dunha exhibición de deportistas do ximnasio, e unha segunda parte aberta ao público en xeral.

 

- 19 horas: Comezo do acto coa intervención de Silvia Fadeville, veciña e xestora de centros deportivos.

 

- 19.20 horas: Actuación da ximnasta Alba Varela, do Clube Viravolta, de Santiago.

 

- 19.40 horas: Intervencións dos organizadores. Diego Rama, polo Agrón C.F. e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

- 20 horas: Introducción e lectura do manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte, ao que suscribiuse o Agrón C.F., impulsado polo Consello Superior de Deportes.

 

Posteriormente, como peche da xornada celebrarase na polideportiva do Coto un partido de fútbol sala, coa participación de xogadoras do equipo do Gaiola F.S., de Santiago, e do Fisober F.S., de Dumbría, grazas á colaboración de Eva Iglesias e María Maroñas, xogadoras do Gaiola e Fisober, respeitivamente; así como de xogadores do Agrón, persoal do Concello, e veciñanza. Constará de dous partidos de 12 minutos cada un, e cun descanso de cinco minutos.