fundacion.jpg

A Fundación para a Protección de discapacitados psíquicos ¨Comarca de Barcala¨, ven de recibir unha achega económica da da Deputación da Coruña por un importe de 1.201 euros para sufragar os gastos do seu proxecto de socioterapia, o cal inclúe  as actividades de baile e teatro, as cales leváronse a cabo no presente ano no Centro Sociocultural de Negreira.

 

O obxectivo xeral deste proxecto foi incrementar a interacción dos/as usuarios/as co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.

 

Os obxectivos específicos foron os seguintes:

•       Mellorar o benestar físico.

•       Incrementar a autoestima

•       Desenvolver a capacidade expresiva

•       Devenvolver a capacidade comunicativa  a  nivel emocional

•       Favorecer o traballo en grupo

•       Mellorar a orientación espacial e postura corporal

•       Mellorar o equilibrio e a lateralidade

•       Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés

 

O  proxecto realizouse dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile os luns e os mércores no Centro Sociocultural de Negreira, mentres que o teatro desenvolveuse os martes no Auditorio de Negreira.

carreira091117.jpg

O maior evento deportivo que se celebra en Negreira precisa do apoio e colaboración de toda a cidadanía para que a 38ª Carreira Popular poida desenvolverse coas máximas garantías de seguridade para os máis de milleiro e medio de corredores/as inscritas nas cinco probas da gran festa do deporte na rúa.

 

Para iso é necesario respectar as prohibicións de estacionamento e circulación de vehículos nas rúas e estradas polas que transita o circuito homologado. Sempre seguindo as indicacións dos axentes de seguridade, dígase Garda Civil de Tráfico, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, así como os voluntarios que colaboran para o normal desenvolvemento da proba.

 

O Concello lembra que dende a tarde do sábado quedará restrinxido o estacionamento en toda a rúa de Castelao, zona onde está situada a liña de saída e meta da Carreira Popular. Prégase aos residentes e visitantes, que retiren os seus vehículos antes da medianoite do domingo.

 

circuito091117.jpg

 

 

Horarios e rúas afectadas

 

1ª Carreira 5.000 metros (1 volta)

Saída: 10:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 10:50 horas

 

2ª Carreira 10.000 metros (2 voltas)

Saída: 10:50 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro; avenida das Brañas; Xanín; rotonda de Ceilán; comprexo deportivo de Pedra Mámoa; Parque Empresarial; avenida de Barcala; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

Peche de control: 12:05 horas

 

3ª Carreira 1.200 metros. Categorías: Benxamín, Alevín e Infantil

Saída: 12:05 horas

Percorrido: Rúa de Castelao; Teresa Fabeiro; Rosalía de Castro, avda das Brañas; rúa da Cachurra; rúa do Carme e META na rúa Castelao.

 

4ª Carreira 250 metros. Categoría Prebenxamín

Saída: 12:35 horas

Percorrido: Rúa do Carme e META rúa Castelao.

 

5ª Carreira 200 metros. Categoría Chupetes

Saída: 13:00 horas

Percorrido: Rúa de Castelao e META.

 

andainacontraviolencia141117.jpg

O sábado 25 de novembro celébrase por sexto ano consecutivo, a Andaina contra a violencia de xénero que partirá ás 10:00 horas desde o Centro Sociocultural, percorrendo os paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas e, dende alí, regreso á vila por Pedra Mámoa e a avenida de Barcala.

 

A veciñanza pode sumarse a partir das 09:30 horas á concentración previa á saída. Haberá unha camiseta conmemorativa para as 150 primeiras persoas inscritas no Centro de Información á Muller (C.I.M.).

 

Ao remate (ás 13.00 horas), repartirase un chocolate con rosca entre a veciñanza participante, e acto seguido entregaranse os premios do VII Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do noso concello.

pleno161117_1.jpg

Este mércores 15 de outubro celebrouse o Pleno Extraordinario e Urxente da Corporación Municipal de Negreira para a toma de coñecemento da renuncia presentada por Manuel Ángel Leis Míguez ó seu cargo de Alcalde-Presidente deste Concello, en virtude da secuencia que dictamina a Lei de que nos 10 días posteriores á presentación da renuncia, débese dar conta ao Pleno,m abríndose outro período de 10 días para a celebración dun segundo Pleno Extraordinario para a elección de novo alcalde.

 

Na súa despedida do cargo, Manuel Ángel Leis Míguez valorou coma «positiva» a experiencia, na que dixo «aprendín día a día, tanto do persoal funcionario e traballadores como dos problemas diarios dos veciños, aos cales puxen empeño e dedicación en solucionalos sempre que fose posible». Tamén agradeceu aos compañeiros de Corporación o trato recibido.

 

Pola súa banda, dende a bancada do Partido Popular de Negreira, o seu concelleiro Manuel Hombre Porto interveu para darlle as grazas pola fluidez na comunicación durante os seis meses e medio como rexedor, e que seguirá contando no futuro co apoio deste grupo.

 

pleno161117_2.jpg

 

Ciudadanos de Negreira, a través do seu voceiro, José Manuel López Lago quiso recoñecer o traballo de Manuel Ángel, especialmente nesta última etapa estando ao lado dos veciños en situacións de perigo coma o incendio forestal que afectou aos montes da Pena, o pasado 15 de outubro, así como dándolle solución aos problemas da escaseza de auga en diferentes lugares do rural de Negreira.

 

Hoxe xoves día 16 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase un novo Pleno Extraordinario e Urxente, onde ademáis da xustificación da urxencia da convocatoria, tratárase a elección de novo alcalde ou alcaldesa. 

prebenxamin161117.jpg

O venres 24 de novembro bota a andar unha nova tempada da Liga Comarcal de Fútbol Sala Base Barcala - Xallas - Muros, coa participación das Escolas Deportivas dos concellos de Negreira, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Muros.

 

O Concello de Negreira contará cun equipo categoría prebenxamín, e dous benxamíns e alevíns, que fan un total de cinco equipos.

 

Na primeira xornada, o Negreira A medirase no Pavillón de Pedra Mámoa ao Brión B, a partir das seis da tarde, e o Negreira B xogará a domicilio co Amarelle Santa Comba A.

 

Equipos participantes:

 

Brión A (Prebenxamín e Alevín)

Brión B (Benxamín e Alevín)

EDM Mazaricos (Alevín)

ED Negreira A (Prebenxamín,benxamín e alevín)

ED Negreira B (Benxamín e alevín)

ED Os Miúdos A (Prebenxamín, benxamín e alevín)

ED Os Miúdos B (Prebenxamín, benxamín e alevín)

Amarelle Santa Comba A (Prebenxamín, benxamín e alevín)

Amarelle Santa Comba B (Prebenxamín e benxamín)

 

jorge171117.jpg

O concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, é dende este xoves 16 de novembro, o novo Alcalde-Presidente do Concello de Negreira, trala renuncia ó cargo do tamén concelleiro socialista, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Jorge Jesús Tuñas Caamaño foi elixido alcalde cos seis votos a favor do Grupo Municipal Socialista, unha vez que tanto o Partido Popular, segunda forza política con cinco concelleiros, e Ciudadanos de Negreira, con dous, renunciaron a presentar candidato, respeitivamente. Como queira que o único candidato non obtivo a maioría absoluta de sete votos entre os trece membros da Corporación Municipal, éste foi elixido por selo candidato do partido político máis votado nas Eleccións Municipais de 2015.

 

pleno171117.jpg

alimentos 5.jpg

Dende este luns 20 de novembro e até o día 5 de xaneiro de 2018 a veciñanza de Negreira pode entregar alimentos e produtos de hixiene e limpeza, nas caixas habilitadas nos supermercados da vila pola Asociación de Amas de Casa na súa campaña solidaria para axudar ás familias máis necesitadas do noso concello durante as festas do Nadal.

 

A campaña ponse en marcha en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios e os seguintes supermercados colaboradores: Casa Lula; Gadis; Eroski; MercaMas Froiz e Día.

 

Acéptanse toda clase de alimentos non perecedeiros como conservas, legumes, pan tostado, aceite, leite ou produtos básicos para almorzos e merendas, así como produtos de hixiene persoal e de limpeza.

 

A Asociación de Amas de Casa de Negreira dispón dun número de teléfono de contacto para aqueles particulares e profesionais que queiran facer as súas entregas persoalmente: 659 180 323.

carreira2017saida.jpg

O atleta marroquí Jaouad Chemlal, do equipo Playas de Castellón, segundo clasificado na recente 38ª Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, acadou a vitoria na 10K de Valencia este pasado domingo cun tempo en meta de 28 minutos e 43 segundos.

  

chemlal.jpg

 

Pola súa banda, o seu compatriota Jaouad Tougane, olímpico en Río de Janeiro 2016 e terceiro na 38ª Carreira Popular de Negreira, obtivo un destacado segundo posto na prestixiosa 38ª edición da Carrera Popular de Canillejas, en Madrid, despois de estar escapado desde o quilómetro 4 da proba. Jaouad Tougane cruzou a liña de meta en 29 minutos e 15 segundos, a sete do vencedor, o seu compatriota Zakaria Mazouzi.

  

corredores211117.jpg

 

En canto ao maratoniano negreirés Jorge Crespo Arias, uns problemas no cuádriceps impedíronlle rebaixar a súa mellor marca na Maratón de Valencia celebrada na capital do Turia o pasado domingo. Jorge entrou no posto 57 da xeral, sendo o undécimo clasificado na súa categoría de Veterán Masculino, cun tempo final de 2 horas, 28 minutos e 24 segundos, fronte a súa mellor marca de 2016: 02:24:46.

 

Clasificación local

 

Asemesmo, deixámosvos as clasificacións finais dos corredores de Negreira na 5K, 10K, así como nas probas Infantil-Alevín, e Benxamín, da 38ª Carreira Popular de Negreira "A Clásica¨, celebrada o domingo 12 de novembro.  

 

compartimos_plan.jpg

A área de Igualdade da Deputacion da Coruña anima cun vídeo a concellos e entidades a participar no proxecto “Compartimos Plan”. Ferrol, Ribeira, Betanzos e Negreira inauguran este mes as presentacións para a elaboración do diagnóstico de igualdade.

 

Un vídeo coa participación de persoas de distintos concellos da Coruña anima a tomar parte nas presentacións do proxecto “Compartimos Plan”, promovido pola área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña.

 

“Que é para ti a igualdade?” é a pregunta que inicia o vídeo co que a área de Igualdade da Deputación anima a concellos e entidades a participar no programa “Compartimos plan” que ao longo destes dous meses se presentará nas dezaoito comarcas da Coruña.

 

 

O Centro Sociocultural de Negreira acollerá a presentación o vindeiro martes día 28 de novembro. Xa no mes de decembro, a equipa de Compartimos Plan continuará o ciclo de presentacións participativas o día 1 en Padrón, o 11 en Arzúa e Melide, o 12 en Ordes, o 13 na Coruña e o día 14 en As Pontes e Ortigueira.

 

No propio vídeo a responsábel da área, Ánxela Franco, reivindica o compromiso das administracións na construción da igualdade e que as mulleres “non sexan tratadas como gastos”. Franco demanda investimentos públicos na loita das mulleres para acadar un futuro máis xusto e igualitario. 

 

Co plan preténdese identificar as necesidades en materia de igualdade de xénero presentes na sociedade, ao fin de deseñar novas actuación dirixidas a superar os desequilibrios existentes por razón de xénero. Ademais do persoal da Deputación, o proxecto busca implicar o persoal técnico dos 93 concellos así como o tecido asociativo e demais axentes chave con interese no proceso, e todas as asociacións e colectivos que traballan a favor da igualdade.

 

Despois deste programa de carácter informativo, iniciarase a segunda fase de diagnose, que abranguera a detección de necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel local e provincial, así como a compilación dos diferentes programas, servizos e recursos existentes xa, na provincia. 

portada271117.jpg

Máis de duascentas persoas camiñaron o pasado sábado en Negreira contra a violencia de xénero, na sexta Andaina para visibilizar o rexeitamento ao maltrato que anualmente promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), coincidindo co 25N.

 

grupo271117.jpg

 

Foi un percorrido circular polos paseos fluviales da vila ata a Casa do Concello, incluíndo a entrega de camisetas e unha chocolatada con rosca final no Centro Sociocultural. Os actos contaron coa presenza do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen salientou que «o día máis feliz para todos nós é cando non haxa que facer esta andaina, porque sería por fin que se acabase a violencia contra as mulleres». Tamén interviu a concelleira de Emprego, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, quen lembrou as verbas que lle dicía o seu avó que «a muller polo simple feito de ser muller é maravillosa, podemos levar unha familia adiante, podemos levar unha casa adiante, temos os nosos empregos, temos un soldo desgraciadamente inferior ao dos homes, pero aínda así, intentamos loitar polo que é a igualdade», afirmou.

 

iriafreire271117.jpg

 

Durante o acto entregáronse os premios do sétimo Certame Loita contra a violencia de xénero, para escolares de Negreira.

 

O de mellor relato recaeu en Iria Freire Agra, alumna de 16 anos do IES Xulián Magariños, por ¨Diario en Braile¨, mentres que o de mellor cartaz gráfico foi para Alicia Campos Manteca e Noa Beiroa Pais, de 10 anos.

 

O acto concluíu coa lectura dunha poesía de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, pola moza Iria Freire Agra