gaeluropa160817.jpg

O Servizo Local de Emprego informa dunha nova convocatoria do programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) para a agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra. 

 

A idade mínima dos/as participantes é de 18 anos e as solicitudes presentaranse coa ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, colgadas nas webs dos dous concellos participantes) nos Rexistros Xerais dos concellos de Negreira e Val do Dubra.

 

O novo prazo de presentación de solicitudes vai dende o 14 ó 18 de agosto, ambos incluidos, e o número de mobilidades ofertadas son cinco (Reino Unido 3 e Finlandia 2), cunha duración de tres meses.

 

- Mails de contacto: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

- Teléfonos de contacto: 881.035.150, 881.035.162, 981.889.000

 

Máis información:

www.concellodenegreira.gal

www. valdodubra.gal

feiraromanico.jpg

Aquelas asociacións sen ánimo de lucro que queiran ter un posto na rúa na XI Feira do Románico deben entregar unha solicitude no rexistro do Concello.

 

O prazo para resolver o trámite remata o luns 28 de agosto ás 14h.

 

O modeo para cubrir está dispoñible no propio rexistro ou tamén a través da seguinte ligazón.

emprego e o emprendemento rural.jpg

A Asociación Terras de Compostela GDR 19 organiza un curso formativo para o fomento do emprego e da da iniciativa emprendedora no rural.

 

Está destinado á poboación activa, tanto persoas ocupadas como desempregadas, e terá lugar en Boqueixón, A Baña e Ames nas seguintes datas:

 

Boqueixon: 28, 29, 30, 31 de agosto, 1, 6 de setembro de 2017

A Baña: 18, 19, 20, 21, 22, 25 de setembro de 2017

Ames: 28 de setembro, 2, 3, 4, 5, 6 de outubro de 2017

 

O curso é gratuíto e ten unha duración estimada de 30 horas, en sesións de cinco horas (16:30-21:30) durante 6 días. O número de participantes será de 15.

 

Os contidos, distribuídos en catro módulos, están relacionados co desenvolvemento local participativo, os instrumentos para o desenvolvemento, os sectores de invervención económica e o proxecto económico das empresas.

 

Máis información e inscricións a través da asociación Terras de Compostela.

noitefolk2017.jpg

Esta fin de semana terá lugar unha das grandes citas do Verán Cultural do Concello de Negreira.

 

O vindeiro sábado, no Refuxio de Covas, celebrarase a XV edición da Noite Folk. Desta volta, o cartel traerá a Uxía, Treixadura e Tiruleque; cuns concertos que se sucederán por esta orde a partir das 22:30h.

 

Convidamos ao público asistente a que leve os sus instrumentos para facer foliada e recordamos que hai un espazo habilitado para acampar no propio Refuxio.

 

Ademais, o venres 18 haberá unha nova sesión das Noites en Vela na Ponte Maceira. Alí actuará a partir das 22:30 Lulavai, un grupo de arpas celtas composto por catro mulleres que tamén introducen as súas voces.

 

Uxía

Uxía é unha das voces fundamentais da música galega actual. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a nosa música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas e mesturándoa con estilos como a morna, o fado ou con ritmos brasileiros.

 

Treixadura

Dende 1990, Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente, coa música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Van alá máis de 25 anos de gravacións e concertos, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

 

Tiruleque

Tiruleque naceu na primavera de 2002 como consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Así, experimentan con repertorio recollido ao longo da xeografía galega e crean tamén composicións propias. 

atentado_barcelona.jpg

Os veciños de Negreira estan convocados hoxe venres, ás 12 do mediodía, a gardar cinco minutos de silencio diante da Casa Consistorial como mostra de repulsa a os atentados da tarde de onte en Barcelona.

 

O Concello sumase a proposta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que condenou enérxicamente o atentado e mostrou a súa solidariedade cos familiares das vítimas.

 

Do mesmo xeito, a FEMP convida a que durante tres días os consistorios manteñan as bandeiras a media asta en sinal de loito.

maxia210817.jpg

O mundo do ilusionismo ocupará a axenda cultural desta semana na nosa vila.

 

As diferentes propostas arrincarán o martes coa exposición de artiluxios de maxia 'Ilusións Ópticas' no parque do Coto entre as 18h e as 22h.

 

O xoves haberá un espectáculo do Mago Romarís na praza do Cotón (detrás da capela) ás 22h.  

 

Xa o sábado chega o prato forte coa Gala de Maxia, que estará dirixida polo Mago Martín Camiña. Será a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Esta semana, ademais, haberá Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre, con inchables e xogos para a rapazada durante toda a tarde. 

app_captura3.jpg

O concello pón a disposición da veciñanza a aplicación de radio para dispositivos móviles da emisora municipal, válida para os sistemas Android e IOS.  Pódese descargar a través de Google Play ou de App Store, nas seguintes ligazóns:

 

- Android : https://play.google.com/store/apps/details?id=com.evelb.negreira&hl=es

- IOS (Apple) : 

 

Con esta aplicación pódese escoitar Radio Negreira en internet dende calquera parte do mundo, ademais de consultar a súa programación, acceder ás principais novas de interese deste concello ou visulizar o Facebook da emisora. 

 

Máis sobre Radio Negreira.

magos250817.jpg

Continúa a programación do Verán Cultural do Concello de Negreira. Esta tarde celebrarase a Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre. Alí haberá a partir das 16h xogos, inchables e música para toda a rapazada.

 

Para hoxe tamén está prevista unha nova cita coa cultura a pé de rúa, onde desta volta tocan malabares. O espectáculo 'Antuan de la Cream' poderá verse ás 20:30 no parque do Coto.

 

Lembramos, ademais, que o sábado terá lugar a VI Gala de Maxia. Nela actuarán Martín Camiña, Martín Varela e Fani Triana a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, con entrada de balde. 

casetas290817.jpg

O Concello de Negreira vén de proceder a distribuír os espazos dispoñibles para que as diferentes persoas e entidades que o solicitaron poidan montar un posto ou cantina na XI Feira do Románico.

 

Desta volta, tan só se conta con catro casetas do pazo do Cotón, que serán utilizadas pola Asociación Cultural Afonso Eanes, a Comisión de Festas de Aro, a SD Negreira e a agrupación local do BNG. Pola súa banda, tamén disporán dun espazo na rúa a Asociación de Amas de Casa, a Comisión de Festas de Viceso e o Agrón CF.

 

Tal e como indicou o alcalde na reunión celebrada este luns, á hora do reparto déuselle prioridade ás asociacións fronte aos particulares. Ademais, tívose en conta a data de solicitude, a antigüidade en canto a participación na feira e a vontade colaborativa co Concello ao longo do ano.

 

No encontro insistiuse no cumprimento dos horarios de apertura, especialmente o venres pola tarde, para evitar que haxa postos aínda sen montar cando xa comezou a feira. Así mesmo, ao proceder á lectura de normas, recordouse entre outras cuestións que tanto os postos como as persoas que traballan neles deben seguir unhas pautas estéticas acordes coa recreación histórica na que se basea esta festa. 

 

A XI Feira do Románico arrincará este venres a partir das seis da tarde con postos de artesanía, representacións teatrais, exhibicións de cetrería e música durante de toda a fin de semana.

 

Máis sobre a XI Feira do Romanico.

diadabici20172.jpg

O sábado, 16 de setembro, celebrarase na nosa vila a 11ª edición do Día da Bicicleta, organizado polo Concello e o Club Ciclista Negreira.

 

As persoas participanetes concentraranse ás dez da maña xunto á explanada do instituto Xulián Magariños. Media hora máis tarde terá lugar a saída infantil, cun percorrido de 1,2km, e ás once sairán os adultos, que percorrerán unha distancia de 10km.

 

Trátase, polo tanto, dunha actividade dirixida a todas as idades na que ademais haberá un agasallo e un refrixerio para cada participante. Iso si: o uso de casco será obrigatorio.

 

Así mesmo, coincidindo con este evento, sortearanse dúas mountain bike cedidas por Motos Antelo e Comercial Vigo, dúas das entidades colaboradoras.

 

As persoas interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura e Deportes, na 1ª planta da Casa da Cultura, ou ben a través do teléfono 981885886.