Matria, a curtametraxe galega que da visibilidade ao "falso mito" do matriarcado en Galicia, dirixida polo vigués Álvaro Gago, e que vén de facer historia para o audiovisual galego ao recibir o gran premio do xurado no Festival Sundance 2018 (principal festival de cine independente dos Estados Unidos celebrado a finais do pasado mes de xaneiro), foi estreada fora de festivais, por primeira vez en Galicia, hoxe no Auditorio do Centro Sociocultural, grazas á iniciativa do Departamento de Dinamización Lingüística do IES Xulián Magariños para conmemorar o 8 de marzo, o Día da Muller.
Con tal motivo, Radio Negreira entrevistou a Álvaro Gago, o seu director, acompañado por Nuria Araúxo, profesora de galego do instituto, e Leti Tuñas, ex alumna e veciña de Negreira, quen participou na rodaxe de Matria, quen tamén participou con Álvaro Gago no coloquio posterior ao seu visionado con alumnado de 3º e 4º de ESO, e de 1º de Bacharelato.
Matria ven de conquerir o recoñecemento nos premios Mestre Mateo, entregados a pasada fin de semana. O filme narra en vinte minutos un día na vida de Ramona, unha muller que apenas se comunica co seu marido e que traballa nunha conserveira. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une coa súa filla e a súa neta para saír adiante………
O galardón norteamericano súmase aos xa colleitados pola curta na Seminci de Valladolid, e Alcine, onde ademais Francisca Igresias levouse o premio na categoría de mellor actriz; do seu paso polo Festival de Cartaxena, Álvaro Gago voltou a Galicia coa distinción de mellor director.
Matria triunfou nun Sundance que proxectou 69 curtametraxes das 8.740 que se presentaron para ser incluídos no programa.
O Concello de Negreira lembra que na contorna dos núcleos de poboación, casas ou calquera outra construcción, debe existir unha franxa de seguridade de non menos de 50 metros de distancia limpa de maleza e libre de eucaliptos, piñeiros e acacias para evitar riscos en caso de incendios forestais que poñan en perigo á veciñanza e aos bens.
As distancias para as plantacións de árbores varían en función da especie e do tipo de infraestruturas que teñan ao redor. Aquí tedes un gráfico para coñecer os espazos libres que debedes deixar nas vosas parcelas.
O Concello de Negreira, por mediación da Policía Local, vai realizar controis e inspeccións rutinarias para comprobar que os cans que pasean polo pobo conten co seu microchip correspondente. Os axentes da Policía Local comprobarán tal feito e si as mascotas non contan co microchip, se lles dará aos seus donos un tempo para que subsanen tal feito.
O Concello de Negreira lembra que coa entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal, as multas por non identificar aos cans con microchip elévanse dun mínimo de 500 a un máximo de 5.000 euros, sendo obrigatorio que as mascotas dispoñan de microchip.
Na conmemoración do Día da Muller, entregouse nun emotivo acto no Auditorio de Negreira, os segundos Premios 8 de marzo, na homenaxe póstuma á profesora Sofía Rodríguez, quen finou hai xusto un mes á idade de 90 anos, cando dende o Concello e mailo Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), tomouse a decisión de homenaxeala co gallo do 8 de marzo.
As súas sobriñas, Carmen e María Antonia Peralta Rodríguez, e mailo seu sobriño-neto, Esteban Pratolongo Guzmán, chegado expresamente desde Arxentina onde reside a súa avóa Purita, irmán de Sofía, foron os encargadas de recoller esta distinción de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.
Durante este acto, houbo intervencións coa lectura de textos dedicados a Sofía por parte dun grupo de alumnas de 5º e 6º curso do colexio O Coto, xunto coa intervención de José Manuel López Tuñas, ex alumno de Sofía, e amigo persoal, así como as palabras da concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas e mailo alcalde.
Un dos momentos máis nostálxicos correspondeu aos agradecementos por parte da familia. A súa sobriña Carmen deu as grazas ao Concello pola homenaxe a súa tía, no día en que Sofía cumpriría 91 anos «y creo que homenaje más bonito no se le pudiese hacer», dándolle as grazas públicamente a unha amiga da súa tía «a Solita que cuando ella murió se encargó de todo porque nosotros no estábamos aquí», pechándose o acto coa actuación do grupo de pandereteiras Limagoia.
Co gallo do 8 de marzo, as sobriñas de Sofía Rodríguez, xunto a José Manuel López Tuñas; a directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro e maila concelleira, María Jesús Veiga Hortas, participaron nunha mesa redonda en Radio Negreira.
O Concello de Negreira comunica que, á vista da alerta metereolóxica por adversos de vento na provincia da Coruña, péchanse os campos de fútbol municipais durante as xornadas do sábado 10 e domingo 11 de marzo, co fin de evitar situacións innecesarias de risco para os/as deportistas e mailo público asistente.
Catro nenos/as do Concello de Negreira participaron esta pasada fin de semana na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, na quinta e última quenda da Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Esta tarde ten lugar o seu regreso despois de desfrutar da neve e os deportes de inverno desde a súa partida na mañá do pasado venres.
Os participantes de Negreira viaxaron cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Boqueixón, Rois, Santiago, Teo, Touro, Vedra, Arzúa, Boimorto, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Tordoia e Trazo.
O aloxamento levouse a cabo no albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión compreta, dende o xantar do venres ata o xantar do luns, polo que todos os gastos están cubertos.
A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais. Na presente campaña, celebraranse un total de 23 vídeo fórum en outros tantos concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación.
A proxección do documental, veráse acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.
O Concello de Negreira acolle a campaña este venres 16 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio, baixo o nome "Deporte profesional feminino":
Paula Mayobre: Atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola Paula Mayobre.
Laura Delgado: Comezou no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo. Posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse nocamente campioa de Europa.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación do proxecto para construír sendas peonís na estrada DP 5603, de Negreira a Marco do Cornado, pola que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía. A Deputación da Coruña destina 1.012.495 euros a este proxecto, dos cales 893.378 corresponden ao orzamento das obras e outros 119.116 euros á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.
Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.
As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.
As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.
O programa universitario de maiores da Universidade de Santiago (USC), promove en colaboración co Concello de Negreira, o desenvolmento do ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento mediante formación universitaria gratuita dirixido a persoas maiores de 50 anos, ao longo de cinco datas do mes de abril.
O lugar das clases será o Telecentro de Negreira (edificio Centro Sociocultural), e a matrícula pódese formalizar polas mañás na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ao número de teléfono 981 885 886.
Datas
13 de abril - Clase teórica de introducción á música, a cargo da profesora Silvana Longueira Matos (Facultade de CC. da Educación da USC). Horario: 17:00 a 18:30.
19 de abril - Clase teórica de Historia da Cultura de Galicia II, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 17:00 a 18:30.
20 de abril - Visita ao Arquivo da Catedral de Santiago, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 11:00 a 12:30.
26 de abril - Clase teórica de Medioambiente. Profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Propupín Castiñeira (Facultade Física da USC). hORARIO: 10:00 a 11:30.
27 de abril - Visita guiada á Estación depuradora de augas residuais (EDAR), de Negreiroa, cos profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeira. Horario; 10:00 a 11:30.
Quedaría por confirmar a data de asistencia ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Este luns 19 de marzo publicaranse nesta web municipal, as bases para a contratación dun traballador/a para cubrir a oferta laboral por seis meses dun Técnico/a de información, publicidade e promoción turística para traballar nos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra.
Para acceder ao contido das bases dirixirse ao apartado de ¨Publicacións oficias¨, da web (concellodenegreira.gal), ou a través do Taboleiro do Concello de Negreira, sendo o prazo para formalizar a inscrición de 5 días naturais dende a publicación do anuncio na web municipal.