respira100616.jpg

O Centro de Información á Muller (C.I.M.), dependente do Concello de Negreira, informa da apertura dende hoxe a té o vindeiro día 23 de xuño, do prazo de inscrición para as familias interesadas en que os seus fill@s, na franxa de idade comprendida entre os 3 e os 12 anos, poidan solicitar praza no Campamento urbano ¨Respira¨, a celebrarse durantes os meses de verán nas instalacións do C.E.I.P. O Coto.

 

Trátase dunha actividade para a conciliación da vida laboral e familiar, daquelas familias con fillos e que traballen durante os meses de xullo e agosto.

Horario: de 08:45 a 14.15 horas.

Prazas: 30 en xullo e 15 en agosto.

Inscricións: Centro de Información á Muller, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3). Tlf. 981 886 320.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), manifesta a súa consternación polos graves e luctuosos feitos ocorridos na cidade de Orlando (E.E.U.U.) e, como mostra de apoio ás vítimas, ás súas familias, convida a todas as Corporacións Locais españolas a convocar aos seus veciños/as, mañá martes día 14 de xuño, a un minuto de silencio, ás 12:00 horas, ás portas das Casas Consistoriais.

 

A FEMP quere ademais manifestar o seu máis profundo rexeitamento ante actos como este que non fan senón demostrar os riscos que a intolerancia carrexa para a convivencia en paz das persoas.

diververan1.jpg

O Concello de Negreira fomenta as actividades de conciliación da vida familiar e laboral durante o verán 2016 cunha nova edición dos Obradoiros de manualidades e xogos Diververán.

 

Durante os meses de xullo e de agosto (de luns a venres), de 10.30 a 13:30 horas na pranta baixa do Centro Sociocultural, os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, en dúas quendas, poderán participar nestas sesións de manualidades e xogos onde van a aprender técnicas de pintura, traballos en coiro e moitas cousas máis.

Horarios

Primeira quenda: de 10.30 a 12:00 horas, os nados de 2011 a 2013.

Segunda quenda: de 12:00 a 13:30 horas, os nados de 2007 a 2010.

Prezo de inscrición 15 euros. Prazas limitadas por orde de anotación na Delegación de Cultura e Deportes, antes do día 28 de xuño. Máis información no teléfono: 981 885 886.

vol.jpg

O Voluntariado Social do Concello de Negreira está a piques de rematar as súas actividades anuais de obradoiros de manualidades e artesanía, polo que un ano máis vén de inaugurar, coa presenza da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, unha mostra dos traballos realizados polas alumnas dos talleres de Nadal, de velas ecolóxicas, bolillos, bordado, punto de cruz, muñequería, encaixe de horquilla, corte e confección, así como o taller de pintura.

 

Tódolos trabalos pódense ver na exposición que até finais de mes exponse no antigo baixo comercial de Mobles Maroñas, na esquina do Camiño Vello coa rúa da Cachurra. O público poderá acceder á mostra durante as clases e comprobalo traballo que realizan as alumnas.

dia_da_bici_2016.jpg

O último sábado do mes de xuño celébrase en Negreira a décima edición do Día da bicicleta, dende as dez da mañá coa concentración no final da rúa de Castelao, a carón das instalacións do instituto Xulián Magariños. Como tódolos anos haberá dous percorridos, coa saída infantil ás 10.30 horas, de 1,2 quilómetros ata o campo dá feira, mentras ca saída de adultos será ás 11:00 horas cun percorrido de 11 quilómetros. É obrigado o uso de casco protector.

 

Tódolos inscritos/as recibirán un refrixerio e unha camiseta conmemorativas, ademáis de entrar no sorteo de agasallos doados polas firmas colaboradoras, así coma o sorteo dunha bicicleta de mountain bike cedida por Comercial Vigo.

Inscricións: Delegación de Cultura e Deportes, ou no número de teléfono 981 88 58 86. É necesario o número do DNI.

Colaboran: Garport; Autocares López; Coca Cola; Breogán Deportes e Comercial Vigo.

piscina1606.jpg

O Concello de Negreira informa que o luns 20 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro é de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

Abonos

Retirar na Delegación de Cultura e Deportes. Prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

Cursos

Do 1 de xullo ó 30 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Cultura e Deportes.

Grupo 1: do 1 ó 29 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Grupo 2: do 1 ó 30 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Natación para bebés: do 1 de xullo ó 30 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

expo_thum.jpg

O Centro Sociocultural acolle a exposición dos traballos realizados nos diferentes Obradoiros de manualidades e creatividade ¨Animando as parroquias¨, desenvolvidos polo  Concello de Negreira, creacións que van permanecer expostas até o mércores día 29 de xuño na planta baixa.

 

Durante acto de clausura, tanto o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño como a concelleira de Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, animaron ás usuarias a continuar o vindeiro curso coas súas actividades, as cales dixo «estimulan as capacidades de creación de fermosos traballos en pintura ou tela».

Parroquias participantes:

Alvite; Aro; Arzón; Bugallido; Gonte; Landeira; Portor; Xallas; A Pena; Liñaio; Logrosa e Negreira (grupos 1 e 2).

cap150.jpg

Con prioridade para as persoas que teñan participado ou estean a facelo, nas acción específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, promovida pola Deputación da Coruña, os mozos e mozas maiores de 18 anos, inscritos como demandantes de emprego e con certificado de escolaridade ou nivel básico e comprensión lectora, poden beneficiarse da acción formativa, de balde, de cara á preparación para a obtención dos permisos de conducir tipo B e do CAP, este último que habilita para a conducción de vehículos de mercancías.

 

Dita preparación vai ter lugar en Santiago de Compostela, e os interesados de Negreira débense anotar antes do 22 de xuño, no Servizo Local de Emprego, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

Asemesmo, está previsto o inicio para o luns 27 de xuño do curso sobre Montaxe e mantemento de instalacións solares e fotovoltaicas que se vai a realizar no municipio de Ames.

Ábrese a convocatoria a todas as zonas, posto que hai prazas vacantes neste curso cunha duración de 900 horas. O prazo péchase este xoves de xuño. O curso non é acreditado polo que non leva aparellada a obtención do certificado de profesionalidade.

voltaciclista16.jpg

Co gallo da celebración da IV Trofeo Ciclista ¨Concello de Negreira¨, o sábado 25 de xuño, dende as 15:00 ás 21:00 horas, permanecerán pechadas ao tráfico as seguintes rúas:

 

Avenida das Brañas; rúa Real Club Deportivo da Coruña; rúa Carballiños; rúa Xosé Manuel López Ardeiro; rúa Castelao; rúa Rosalía de Castro e rúa do Tambre.

Para que o evento deportivo se poida desenvolver con normalidade e a máxima seguridade, o Concello de Negreira solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posíbel dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

crespo_portada.jpg

O Concello de Negreira, a través do seu alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo concelleiro de Deportes, José Daniel Casal, recoñeceu hoxe a traxectoria deportiva do atleta Jorge Crespo Arias, trala consecución o pasado venres 24 de xuño en Elxe, da medalla de ouro no Campionato de España de Atletismo Veteranos, na proba de 5.000 metros en pista ao aire libre, dentro da súa franxa de idade, de 35 a 39 anos.

 

Jorge, campión galego de Maratón en A Coruña no ano 2012, é a súa vez o vixente campión galego en 3.000 metros en pista cuberta, coa medalla acadada o pasado 28 de febreiro, tamén na Coruña, e actual campión galego de campo a través veteranos, o 6 de marzo, en Fene, ademáis de ter rematado terceiro no galego absoluto celebrado este ano en Ribadavia (Ourense).

Na distancia de 3.000 metros foi quinto no Ourense Termal, cunha marca de 08:48:02 a finais de maio, e a mediados deste mes de xuño participou coa Selección Galega de Atletismo nos Campionatos de España por Autonomías, celebrados na localidade madrileña de Alcobendas.

O seu reto máis inmediato é o Campionato Galego Absoluto en pista ao aire libre, na distancia de 5.000 metros, o vindeiro 16 de xullo en Ourense, tralo cal iniciará a súa preparación para tomar parte o 20 de novembro na Maratón de Valencia, onde acumula tres participación. No 2015 acadou a súa mellor marca con 2 horas e 27 minutos, sendo o sexto español n aliña de meta e posto 33 na xeral absoluta. Pero antes desa gran cita do ano, Jorge voltará á capital do Turia, no mes de outubro, coa intención de cubrir a Media Maratón de Valencia, a cal vaille server de test importante cara a distancia longa.  

Desexámoslle moitos máis éxitos na súa carreira deportiva, sempre levando o nome de Negreira por toda España.