Imserso

A Dirección Xeral do Imserso comunicou ao Concello de Negreira, a concesión das seguintes viaxes para a nosa veciñanza maior e cuxa xuntanza para o sorteo realizarase o mércores, día 20 de novembro, ás 11:30 horas, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

1ª VIAXE: 40 prazas para ILLA CRISTINA (HUELVA), no Hotel Occidental Isla Cristina. Saída o 01/03/2025, quenda de 8 días, sendo o custo de 206,04€. Límite de pago: 15/01/2025.

2ª VIAXE: 40 prazas para ESTEPONA (MÁLAGA), no Hotel Globales Playa Estepona. Saída o 10/03/2025, quenda de 10 días, sendo o custo 261,06€. Límite de pago o: 24/01/2025.

3ª VIAXE: 40 prazas para BENIDORM (ALACANTE), no Hotel Benidorm East By Pierre & Vacances. Saída o 13/03/2025, quenda de 8 días, sendo o custo de: 206,04€. Límite de pago: 27/01/2025.

4ª VIAXE: 40 prazas para CALA BRANCA (MENORCA), no Hotel Spa Sagitario Playa. Saída o 19/04/2025, quenda de 10 días, sendo o custo de: 298,34€. Límite de pago: 05/03/2025.

A estes prezos xa se lle descontou o 10% máis o autobús que aporta o Concello de Negreira para os desprazamentos entre a vila e o aeroporto, e vicebersa.

Todos os viaxeiros seleccionados para cada viaxe terán que pagar unha reserva de 45€ no momento da entrega do billete.

foto-uat

Dende a Generalitat Valenciana puxéronse en contacto coa Unidade de Atención Temperá dos concellos de Negreira e Val do Dubra, solicitando axuda psicóloxica e pedagóxica de cara a poboación de menores con diversidade  funcional polo que as nosas terapeutas comunicáronse co equipo de goberno e despois de informárnos da situación, non se dubidou en dar todo o apoio a esta iniciativa para que poidan viaxar esta fin de semana a Valencia.

Van ser cinco profesionais do servizo municipal de Atención Temperá especializadas en psicoloxía, pedagoxía e terapia da linguaxe, que emprenderán a viaxe este sábado 9 de novembro. Permanecerán alí, ata o mércores 13 de novembro e estarán prestando o seu apoio nos municipios de Torrent e Paiporta, dúas das localidades máis afectadas polos efectos da DINA.

Trátase dunha operación que estará coordinada en todo momento dende a Generalitat Valenciana e a Xunta de Galicia.

Queremos agradecer ás familias usuarias da Unidade de Atención Temperá a súa boa disposición, xa que apoiaron e amosaron a súa solidadridade dende un primeiro momento a esta iniciativa. Cómpre salientar que aquelas familias que precisen apoio neste tempo contan con servizos mínimos na Unidade de Atención Temperá. 

cartaz-nadal-ludico

As familias negreiresas poden presentar dende o xoves, día 8 de novembro, a súa solicitude para participar no programa de conciliación Nadal Lúdico do Concello de Negreira, entre o 23 de decembro de 2024 e mailo 7 de xaneiro de 2025 e que vai desenvolverse no Centro Sociocultural, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 18 de novembro, de maneira presencial no Centro de Información ás Mulleres. Máis información no número de teléfono: 881 035 154

Dito  programa busca favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias de Negreira durante as vacacións escolares navideñas. Trátase dunha actividade impulsada dende o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.) do Concello de Negreira. 

foto-paro

Segundo nos traslada o Servizo Local de Emprego, dende o Servizo Público de Emprego de Galicia lles comunicaron que se vai proceder á retirada dos equipos de información e para renovación do paro.

Desde o departamento de protección de datos da Xunta de Galicia infórmase que a normativa establece restricións que imposibilitan o uso da pegada dixital  nos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia. Tendo en conta o uso e situación actual destes equipos, e o esforzo realizado nestes últimos anos pola Consellería nos que se acadou incrementar enormemente os servizos que se ofrecen de xeito telémático (renovación da demanda por teléfono, app ou web, envío de informes, recuperación de demanda, inscripción a ofertas e formación..); os puntos de información do Servizo Público de Emprego desconectaranse próximamente. En próximas datas acudirá persoal enviado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a súa retirada definitiva.

Desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración están traballando nun proxecto piloto para implementar un novo modelo compatible coa normativa de protección de datos e máis funcionalidades para as persoas demandantes de emprego.

O alcalde de Negreira

O alcalde de Negreira, que recentemente entrevistouse co conselleiro de Sanidade polo avanzado deterioro e maila falta de espazo do actual Centro de Saúde para o que pediu a construcción  dun novo edificio, acorde coas necesidades do século XXI, trasladoulle onte esta mesma demanda á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

A delegada sinalou que Sanidade está a analizar a demanda e os técnicos visitaron Negreira, pero eludiu concretar en absoluto cal será a solución, pois agora mesmo é sabido que hai dependencias como as do Punto de Atención Continuada, na pranta baixa, que non cumpren mínimos esixidos tales como ter ventilación…….

Outro dos temas tratados durante o encontro foron os problemas do colexio O Coto: agora mesmo estánse executando traballos na cuberta para evitar as filtracións da chuvia, pero o máis grave segue sendo a antigüidade da instalación eléctrica, pois a OCA xa caducou sen que Educación fixése nada….

Ademais, tampouco fíxose a prometida polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, proba para o cambio da superficie do patio interior do colexio e segue habendo a necesidade dun mestre de música para educación infantil, tal e como demanda o equipo directivo e maila propia Asociación de nais e pais (Anpa) Val de Barcala.

O alcalde negreirés tamén interesouse por outras necesidades en materia de saneamento e de infraestruturas. Unha delas é a construción dunha rotonda na AC-556 á altura do parque empresarial de Covas, coa que búscase garantir a seguridade viaria e optimizar a mobilidade na zona.

Manuel Ángel Leis solicitou a colaboración da Xunta de Galicia para poder utilizar as instalacións da Unidade de Acción Formativa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten a carón do Complexo Deportivo de Pedra Mámoa. 

xuntospolonadal

A Consellaría de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención sociosanitaria, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 270 prazas distribuídas do seguinte xeito:

  • 130 prazas na Residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.
  • 140 prazas na Residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.

No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (do 24 de decembro de 2024 ao 30 de decembro de 2024, ou do 31 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025).

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o 24 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025. No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase a opción de media quenda.

Máis información

Para máis información, poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais  do Concello de Negreira

imaxe_da_caravana_morada

Con motivo do 25 de novembro, iniciamos a programación de actividades organizadas dende o Centro de Información á Muller (C.I.M.), sendo a nosa primeira actuación: “A caravana morada", que este domingo 3 de novembro recala na vila coincidindo coa XVLIII Carreira Internacional de Negreira. 

A caravana do Punto Lila instalarase na entrada do CEIP O Coto, na zona do transporte escolar e terá un horario de apertura de 9.00 a 15.00 horas. A veciñanza recibirá información sobre os recursos dispoñibles para previr a violencia de xénero de man de dúas profesionais especializadas que atenderán a todas aquelas persoas que queiran resolver as súas dúbidas.

A iniciativa está impulsada dende o Centro de información á Muller, dependente do Concello de Negreira. 

Con motivo da XLIII Carreira Internacional

Con motivo da XLIII Carreira Internacional “A Clásica” de Negreira, este domingo día 3 de novembro, o Concello informa  á cidadanía e visitantes, dos cortes e restricións pola celebración deste importante evento de trascendencia fóra de Galicia, así como as zonas onde queda prohibido estacionar dende a tarde do sábado 2 de novembro.

A principal recomendación é non intentar acceder con coches ao centro urbano o domingo, a partir das 09:30 horas. Se o fan, eviten as zonas afectadas para non sufrir longas esperas. Para os residentes no centro de Negreira, a recomendación é non usar o coche e se precisan desprazarse por traballo e outras razóns, fágano antes das 09:30 horas.

A qué horas?

O circuito homologado de 5.000 metros para as carreiras de adultos 5K e 10K permanecerá pechado ao tráfico entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Zonas afectadas

Con saída da rúa de Castelao –zona Centro de Saúde-, continúa polo instituto Xulián Magariños, rúa Teresa Fabeiro, parte alta da rúa Rosalía de Castro,  avenida das Brañas, estrada AC-444, rotonda de Seilán –só un carril-, Pedra Mámoa, Ponte de Covas, parque empresarial, avenida de Barcala, rúa da Cachurra, rúa do Carme e chegada de novo a rúa de Castelao.

Rúas cortadas

Totalmente cortadas: rúa do Carme, rúa de Castelao e maila contorna do instituto Xulián Magariños, dende primeira hora do domingo.

Prohibido aparcar

Dende a tarde do sábado día 2 de novembro non se pode estacionar na rúa de Castelao, a rúa do Carme, e maila marxe esquerda da rúa da Cachurra e a contorna do IES Xulián Magariños.

Entradas a Negreira

Estarán afectadas polas carreiras 5K e 10K, a partir das 09:45 horas, a entrada dende A Baña e a Variante –rotonda de Ceilán-, a través da avenida das Brañas, e maila avenida de Barcala dende a intersección do parque empresarial de Covas.

Zonas libres

Totalmente libres ao tráfico permanecerán as entradas polas estradas provinciais do Marco do Cornado, Ponte Nafonso e Urdilde –zona do Campo da Feira-, e maila avenida de Santiago. Neste caso, estará prohibido o xiro á dereita de subida pola rúa Fonte do Carme, desde a rotonda da fonte, polo que recoméndase aos condutores non intentar acceder ao centro urbano por esa zona durante a mañá do domingo.

Plano percorrido
maquesinas

A campaña que agora remata incluiu, ademais da limpeza das marquesiñas, a das áreas recreativas e diferentes berarrúas. A isto, engádese a limpeza de beirarrúas realizada polos distintos obradoiros de emprego.

Os traballos nas marquesiñas e áreas recreativas foron levados a cabo pola brigada municipal de obras e servizos. O obxectivo da iniciativa foi mellorar a imaxe de distintos espazos públicos e conseguir un entorno máis respectuoso coa veciñanza.

A campaña consistiu na limpeza a fondo de maleza, pintadas, retirada de cartaces e lixo, e mellora da imaxe xeral. Establecéronse como prioritarias as marquesiñas pola climatoloxía sufrida nas últimas semanas e en previsión de que continúe o mal tempo de agora en diante.

Negreira remata o plan de limpeza de marquesiñas

 

O Concello de Negreira apela á colaboración da veciñanza para manter estas infraestructuras en boas condicións. Lembra ademais que a limpeza dos espazos públicos é unha responsabilidade compartida entre concello e veciñanza. Hai que destacar ademais que a normativa municipal prohíbe a colocación de cartaces publicitarios en zonas non habilitadas para ese uso.

Segundo o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez  “este tipo de accións reforzan o noso compromiso co entorno e coa atención ás demandas dos nosos veciños e veciñas, sendo importante a colaboración de todos e todas para manter a nosa vila limpa e atractiva”. Estamos para servir e mellorar a calidade de vida en Negreira, di o rexedor, ademais de engadir que “sendo conscientes dos medios dos que dispoñemos e priorizando cada vez que programamos os traballos da brigada municipal”.

compostaxe_outubro

No “Día Internacional contra o Cambio Climático”, o Concello de Negreira reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade e a loita contra a emerxencia climática, destacando a compostaxe doméstica como unha ferramenta clave para a redución de emisións de CO₂ e a mellora do medio ambiente.

A compostaxe doméstica permite transformar os residuos orgánicos en abono natural, reducindo así a cantidade de lixo que require transporte e tratamento, e minimizando a pegada de carbono asociada a estes procesos. Ademais, axuda a mellorar a saúde dos solos e pechar o ciclo da materia orgánica de forma eficiente e sustentable.

O Concello anima á veciñanza a sumarse á iniciativa ou a continuar co seu compromiso coa compostaxe, aproveitando os composteiros e aireadores que se ofrecen de balde a través do programa de compostaxe doméstica. Aqueles que aínda non participan, poden inscribirse en https://negreira.rsu.gal/ para comezar a contribuír activamente á protección do planeta.

 

Para máis información: