xeadas090118.jpg

O Concello de Negreira continúa co dispositivo especial para esparexer sal na rede viaria municipal contra as xeadas, a través do servizo que prestan os voluntarios de Protección Civil, e co compromiso de dar resposta a todas as peticións dos veciños.

 

Desde o Concello facemos un chamamento á veciñanza para que chamen se teñen problemas con zonas ou puntos perigosos pola presenza de placas de xeo.

 

O número de teléfono de Protección Civil para avisos por mor das xeadas é o: 673 359 936.

contedores100119.jpg

A nova empresa concesionaria do servixo de recollida do vidro no concello, dacordo ao convenio que o Concello mantén con Ecovidro, iniciou esta semana as tarefas de limpeza dos contedores verdes e unha mellora na súa distribución, e nos cales se depositan este tipo de residuos, segundo o acordado para a prestación do servizo.

 

puntolimpo100118.jpg

 

Ascán, é unha empresa especializada na recollida de residuos, e que desde o pasado mes de decembro, tamén asumiu a recollida dos envases de plásticos dos contedores amarelos no noso municipio, así como a xestión do Punto Limpo, sito no Parque Empresarial, que mantén o horario de atención ó público:

 

* Luns a xoves: 09:00 a 13:00 horas

* Venres: 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas

* Sábados : 09:00 a 14:00 horas

Os domingos e festivos, a instalación permanecerá pechada.

vilachan.JPG

A última análise sobre o estado da auga que mana da fonte pública de Vilachán, sobre unha mostra tomada o pasado día 9 de xaneiro de 2019, segue a dar ¨auga non potable¨, nos parámetros relativos a bacterias coliformes totais, pois aínda sendo ¨mínima¨ a cantidade de bacterias, segundo establece a lexislación vixente, a auga non é potable, polo que desde o Concello aconsellamos o non consumo da mesma ata coñecer o resultado dunha nova análise, de cara a saber si ditas bacterias desapareceron e volve a ser apta para o consumo das persoas.

planacredita160119.jpg

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de abrir o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

 

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral recoñecendo os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional. Unha vez acreditada toda a experiencia, as persoas obterán unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado.

 

Consulta a información compreta e as cualificacións profesionais que se convocan nos seguintes enlaces:

 

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html


 

E se precisas apoio para facer a túa solicitude, ponte en contacto co Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira,  na primeira planta da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá, ou no número de teléfono:  881 035 162.

emerxencias1.jpg

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Xunta de Galicia, entregou hoxe á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Negreira, un remolque de emerxencias, destinado á agrupación, que ve así, reforzado o seu equipamento para a atención en situación de emerxencias.

 

Este acto celebrado en A Coruña, contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Por parte do Concello de Negreira, participaron na entrega, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e Jonathan Carballo, coordinador de Protección Civil de Negreira.

 

Neste acto, tamén foron entregados dous vehículos todoterreo tipo pick-up aos concellos de Teo e Ames.

emerxencias2.jpg

mapalineasportada.jpg

Segundo informa Unión Fenosa Distribución S.A., en breve realizarán as labores de xestión da biomasa nas liñas de enerxía eléctrica que atravesan o noso concello, xestionándose a limpeza da biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento, segundo a normativa sectorial vixente.

 

Lémbrase, que en dita franxa no poderá haber árbores de especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

 

Adxuntamos o plano correspondente ao trazado das liñas de alta (en cor verde) e media (en cor vermella), que atravesan os terreos do concello de Negreira.

 

chalaobradoiro.jpg

O profesor e historiador, X. Amancio Liñares Giraut  ofreceu hoxe unha charla informativa sobre a riqueza histórica e a potencialidade turística da comarca de Barcala, ao alumnado da modalidade de Turismo, dentro da acción formativa do Obradoiro de Emprego ¨Xallas-Barcala-Dubra IV¨, con sede en Negreira.

 

O obxectivo desta colaboración foi o de lograr un enfoque diferente de cara a promocionar os atractivos turísticos dos concellos de Negreira, A Baña, Santa Comba e Val do Dubra, e promover a afluencia de visitantes, de xeito que poidan aplicar estes coñecementos para optimizar a explotación dos recursos turísticos.

fisio210119.jpg

O Concello de Negreira comunica que ata o día 28 de febreiro, a veciñanza pode solicitar nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, a participación no programa de fisioterapia e podoloxía, con atención gratuita aos domicilios dos beneficiarios, estando dirixido a persoas maiores dependentes ou con discapacidade (recoñecida pola Xunta), e con mobilidade reducida.

 

Máis información e solicitudes, no departamento municipal de Servizos Sociais. Teléfono de atención: 981 885 381.

 

Este programa de fisioterapia e podoloxía a domicilio para persoas maiores dependentes, ou con discapacidade, ou mobilidade reducida, está subvencionado pola Deputación da Coruña e mailo Concello de Negreira.

gala220119.jpg

O venres día 1 de febreiro no Auditorio do Centro Sociocultural, celebraremos a oitava edición da Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, coa entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante, outorgados por un xurado integrado por un representante de cada clube, os técnicos municipais de Deportes e o director de Radio Negreira.

 

A 8ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Os galardoados/as na sétima edición foron:

 

Mellor deportista do 2017 - Rodrigo Iglesias (fútbol).

Mellores deportistas promesas – Alba Cuns Iglesias (atletismo), e David Rico (kárate).

Mellor equipo – Escola Akai Ryu (kárate).

Recoñecemento á traxectoria - Carolina Vázquez Angulo (kárate).

Recoñecemento colaborador co deporte – Hermanos Mallón, SL.

Mención especial do xurado - Pablo Carnota Brenlla, a título póstumo.

recepcion11.jpg

Os membros do Club Atletismo Negreira e mailo maratoniano Jorge Crespo Arias, deportista cunha dilatada traxectoria no atletismo, foron agasallados cunha recepción oficial polos seus éxitos deportivos por parte do Concello de Negreira, este luns 21 de xaneiro, nun acto que contou coa presenza do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; a concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas, e maila concelleira, María del Mar García Vidal, responsable da área de Emprego e Muller.

 

recepcion22.jpg

 

Xunto co seu adestrador, José Manuel García Estévez, participaron na recepción, deportistas como Alba Cuns Iglesias, flamante campioa galega absoluta de triple salto de lonxitude en pista cuberta, ou Alba Pérez Nieto, medalla de bronce xuvenil no Campionato Galego de Marcha, esta pasada fin de semana, ademais dos irmáns Rubén e Carlos Martínez, Abelardo Soler, Roberto Tuñas, Samuel Lema, Paula Cantelar, Laura Barbosa, Corine Alsine, Inés Túñez ou Gonzalo Cuns, entre outros. A todos eles, fíxoselles entrega dunha prenda deportiva.

 

Jorge Tuñas Caamaño congratulouse dos continuos éxitos acadados nos últimos anos polos atletas de Negreira e comarca, de tódalas idades e en varias disciplinas, e dixo: «Non é fácil que un deporte xunte a tantas xeracións distintas como temos hoxe aquí, pero todos, en maior ou menor medida, contribuides a que o atletismo sexa cada vez máis coñecido e practicado no noso concello», ao tempo que destacou que o atletismo iniciouse grazas á Carreira Popular «e por suposto, ao traballo constante e exisente de José Manuel García Estévez e todas as persoas e empresas que apoian este clube», manifestou o alcalde.

 

recepcion33.jpg

 

O rexedor municipal salientou que están traballando co Club Atletismo Negreira para dotar dunha instalación aos atletas na chaira acondicionada no Parque Empresarial: «Estamos intentando conseguir unha mínima instalación para velocidade e salto nestes meses que quedan de lexislatura. O ideal sería acompañar esa recta con distintas calles cun circuito para adestrar», sinalou.