ufd investiu

Destaca a ampliación da capacidade de suministro na zona de O Cotón

 

A distribuidora eléctrica UFD, pertencente á compañía Naturgy, investiu o pasado 2022 entorno a 300.000 € en actuacións de mellora de instalacións en Negreira, en aras de aumentar a capacidade da rede de distribución e optimizar a fiabilidade da subministración. Entre outras actuacións, UFD reformou os centros de transformación de Curxido, Cornado, Gonte e Campelo.

 

Unha das actuacións máis demandadas pola veciñanza que puso fin a longos anos de cortes eléctricos por mor dos efectos dos temporais da invernía, foi a ampliación da capacidade e reestructuración de toda a rede de distribución de baixa tensión na zona baixa de Negreira: Praza de Ferreiro, praza do Cotón e Vilachán de Abaixo, co obxecto de incorporar toda a subministración na propia rede de distribución do centro urbano para mejorar a calidade no servizo a particulares e negocios.

 

Precisamente para supervisar esta mellora longamente agardada poola cidadanía da zona de O Cotón, Vilachán, Ponte Negreira, O Corpachón, Patrocinio, Negreira e Negreiroa, o delegado de UFD en A Coruña, Emilio Castro, e mailo xefe de Operacións en Santiago, Fernando Fernández, visitaron Negreira onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, para inspeccionar os últimos traballos realizados. O alcalde agradeceu a UFD a súa colaboración co municipio “especialmente nos últimos anos con melloras tan importantes para Negreira como a retirada do centro de transformación e mailos contadores dende o interior do CEIP O Coto para o exterior do propio colexio, redundando nunha maior seguridade dos escolares, pois evita riscos e xa que logo era unha antiga demanda da comunidade educativa”, ao tempo que fixo fincapé nas últimas actuacións executadas por UFD na zona de O Cotón “que tanto tempo levaban reclamando os cidadáns para non ver interrompida a subministración cando se producen temporais, algo que aínda sucedeu o 31 de decembro pasado”, dixo Manuel Ángel Leis, congratulándose da colaboración con UFD que redundou no beneficio da veciñanza.

 

Emilio Castro destacou que o investimento realizado en Negreira “é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético do municipio, pois as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución, ademais de mellorar a fiabilidade do sumnistro eléctrico”, ao tempo que minimizan os tempos de agarda ante calquera incidencia.

 

UFD tamén aplicou novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de suministro, no telecontrol e sensorización das redes, ademais do robustecemento das infraestructuras e integración das redes de comunicación e sistemas de información coa rede convencional para optimziar a súa explotación. UFD instalou equipos de telexestión nos transformadores das avenidas das Brañas e Santiago, así como na rúa da Cachurra, en A Restreva e na zona do Campo da Feira, permitindo minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia.

 

EDAR Negreiroa

A compañía concesionaria do servizo municipal de abastecemento e depuración de augas do Concello de Negreira, a santiaguesa Espina & Delfín, acaba de presentar o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga á primeira convocatoria de subvencións no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE). Comprende un total de vinte actuacións, cun orzamento de 12 millóns de euros e do cal poderían beneficiarse nove concellos galegos, entre eles, Negreira.

 

Este ambicioso proxecto pretende implementar a última tecnoloxía relacionada coa dixitalización do ciclo da auga en concellos de tamaño pequeno e medio, cunha poboación conxunta de máis de 80.000 habitantes. Os municipios elixidos son Cartelle, Cerceda, Coirós, Leiro, Negreira, Palas de Rei, Sarria, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, sendo este último o concello tractor.

 

Trátase dun total de vinte actuacións que levarán a cabo nun prazo máximo de tres anos: telelectura de contadores de abonados, instalación de caudalímetros, analizadores de parámetros fisicoquímicos, sectorizaciones de redes, sistemas de información xeográfica (SIG) e intelixencia artificial (IA) para control de explotación e calidade, modelización de redes e xemelgos dixitais, etc.

 

A proposta inclúe tamén o emprego de novas plataformas de acceso á información para compartir datos coas Administracións e os usuarios finais e así maximizar a transparencia.

 

Con estas innovadoras medidas mellorará o estado das masas de auga grazas á diminución das perdas durante o seu transporte e distribución e á maior calidade da auga vertida, o cal axudará a mitigar as consecuencias do cambio climático.

 

 

 

carreira-san-mauro.jpg

A Corporación municipal de Negreira celebra o luns, día 13 de marzo de 2023, sesión ordinaria do Pleno, a partir das 20:00 horas, coa seguinte Orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta da sesión extraordinaria de data 15 de decembro de 2022.
- Acta da sesión ordinaria de data 9 de xaneiro de 2023.
- Acta da sesión extraordinaria de data 8 de febreiro de 2023.

2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2023 ó nº 61/2023, ambos inclusive.

3º.- Dar conta do contrato asinado para a execución da obra “Renovación do alumeado exterior público no municipio de Negreira (A Coruña)-IDAE”.

4º.- Rogos e preguntas.

 

xornadas

O martes, día 28 de marzo, ás 11:30 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), unha sesión informativa para resolver dúbidas e trala cal, vaise a tramitar aos presentes, o certificado dixital da FNMT só de persoa física, pois os certificados de persoa xurídica non se tramitarán, a través de dúas funcionarias da Subdelegación do Goberno de A Coruña e do SEPE.

O certificado dixital é imprescindible para moitas xestións, e que só se pode tramitar na presenza física da persoa solicitante. Resulta de gran interese obter dito certificado dixital, posto que, facilita a xestión de trámites básicos da vida cotiá, que en moitos casos só se poden xestionar telemáticamente. Este día é obrigatorio para os asistentes levar consigo o DNI que acredite a súa identidade, e de cara a poder xestionar o trámite e contar cunha conta de correo electrónico que poida consultar in situ, a través do seu teléfono móbil, para facilitar ao persoal técnico, o código de emisión do certificado.

 

apertura de matricula na escola infantil municipal

O Concello de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de 0 e 3 anos de idade, na Escola Infantil Municipal para o curso 2023-2024.

 

O prazo de renovación de matrícula vai do día 1 ó 15 de abril, na Escola Infantil, e o de novo ingreso, dende o día 1 ó 30 de abril, e o lugar de tramitación será tamén na Escola Infantil Municipal; sendo para ambos procesos en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación, así como descargar os modelos de inscrición.

 

 

foto nido

O Concello de Negreira, a través do Servizo de Voluntariado e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, inician unha nova campaña en prevención sobre a vespa velutina mediante a cal, a veciñanza interesada en conseguir trampas e mailo líquido atraínte, pode contactar cos seguintes números de teléfono: 673 249 477 e 664 074 674.

 

O prazo de recollida de solicitudes ábrese o luns, día 3 de abril, e remata o venres, día 26 de maio.

exposicion publica do censo electoral

Con motivo da celebración das Eleccións Municipais, do domingo 28 de maio de 2023, procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo electoral se axuste á realidade, consonte ó disposoto pola lexislación vixente.

 

A tal fin, sinálase como prazo de exposición pública das listaxes do Censo electoral o comprendido entre os días 10 e 17 de abril de 2023, ámbolos dous días inclusive.

 

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listaxes efectuarase na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de 9:00 ata as 14:00 horas.

 

Para calquer aclaración ou información adicional, pódese comunicar telefónicamente cos números: 900 343 232 e 981 217 439.

ImagenDOG

A Xunta de Galicia vén de publicar a Orde de axudas económicas para o ano 2023 destinadas a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). 

Información xeral da axuda:

- A axuda pode acadar o 100% dos gastos subvencionables, cun máximo de 12.000€ por persoa beneficiaria.

- Período subvencionable de gastos: 1 de xaneiro de 2023 e o 8 de decembro de 2023

- Compatible con outras prestacións e convocatorias públicas

- Data límite para presentar a documentación xustificativa: 9 de decembro de 2023

 

Requisitos das persoas beneficiarias:

- Ter cumplidos os 18 anos

- Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia

- Estar diagnosticadas de Esclerose Lateral Amiotrófica

- Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia

Gastos subvencionables:

1. Gastos de inversión:

- Adquisición de produtos de apoio para a mobilización

- Adquisición de produtos de apoio, clasificados segundo a Norma ISO 9999:2016:

-Tratamento médico personalizado

- Entrenamento e aprendizaxe de capacidades

- Mobilidade persoal

- Aseo, coidado e protección persoal

- Actividades domésticas

- Mobiliario e adaptacións para vivendas

- Comunicación e información

- Manipulación de obxectos e dispositivos

- Mellora e avaliación do contorno

- Lecer e recreación

- Adquisición de produtos de hixiene e aseo persoal

- Adaptación funcional do fogar e do seu entorno

- Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo

2. Gastos correntes:

- Servizos asistenciais complementarios ás prestacións da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social prestados á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:

- Fisioterapia manual

- Fisioterapia respiratoria

- Terapia ocupacional

- Logopedia

- Psicoloxía

- Asistencia persoal/coidador profesional

- Transporte para a asistencia a tratamentos en centros asistenciais

Prazo de solicitude:

- Desde o día seguinte da publicación da orde no DOG ata o 30 de novembro de 2023

- A resolución de concesión notificarase no prazo máximo dun mes contado desde a entrada da solicitude no rexistro

Documentación a presentar para solicitala:

- Solicitude (Anexo I)

- Documentación acreditativa da representación, se é o caso

- Certificado ou informe médico oficial de diagnóstico de ELA

- O resto de datos consultaranse de oficio pola Administración

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data de finalización do período de xustificación establecido. A data límite para presentar a documentación xustificativa será o 9 de decembro de 2023.

 

vcn23 artistasconfirmados optimized 1

 A Delegación de Cultura presenta un avance dos artistas e datas confirmadas do Verán Cultural 2023 do Concello de Negreira, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña:

 

AILÁ (sábado 13 de maio) Este cuartero de música tradicional presenta unha proposta artística inspirada na recollida dos cantos de transmisión oral de Galicia. As súas cancións están pensadas para bailar e disfrutar da música galega dende un prisma moderno e contemporaneo.

 

Foron seleccionados para representar a Galicia no “Celtic Connection 2020” e ese mesmo ano gañaron o premio Interritmos.

En Negreira estarán acompañados pola BANDA MUNICIPAL ATENEO cun repertorio preparado para celebrar a Semana das Letras Galegas

 

SÉS (16 de xuño) Chega a Negreira o fenómeno musical dos últimos anos na escea galega. Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

 

Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

 

SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.

 

TREIXADURA (sábado 19 de agosto)  O grupo Redondelán formado en 1990 presenta un espectáculo musical único e sorprendente.

A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. No seu percorrido  foi transformando o seu estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a música tradicional ao máximo nivel.

 

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

 

LEILÍA (sábado 19 de agosto)  Foron as pioneiras en tocar a pandeireteira nos seus concertos desde os seus inicios alá polo verán de 1989. Dende os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmáns Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo.

 

En 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco: Leilía. Un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.

 

A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.

 

Neste ano coa xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios, polo que Negreira será unha das últimas ocasións para disfrutar dun dos grandes referentes da nosa música tradicional.

 

a deputacion financia con 112000

A institución provincial ven de publicar a concesión do programa de Servizos Sociais Comunitarios 2023, que no conxunto da provincia presenta un investimento de 8,3 millóns de euros para os concellos de menos de vinte mil habitantes. Este ano increméntanse 24.000 horas máis de atención.

 

En Negreira fináncianse 3.525 horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cuxo investimento é de 112.300 euros. Isto permite contratar a tres traballadoras nos Servizos Sociais Comunitarios.