portada_esmorga090519.jpgUn petisco elaborado a base de churrasco, con pataca panadeira, grelos e pan de broa, resultou ser a gañadora da exitosa oitava edición do roteiro de tapas de Negreira celebrada do 3 ao 5 de maio, nunha ducia de establecementos da vila.

 

A tapa da cervexaría A Esmorga obtivo o maior número de votos entre os tapeadores, seguida do polo en salsa de tomate con pure de patacas, do bar Oriel; e os boliños de bacallau con base de alioli e toque de pemento picante dá Vera, que foi presentado polo restaurante Os Arcos.

 

Este venres 10 de maio, ás nove da noite, entregarase a peza de artesanía en cera que simboliza o premio ao gañador, así como o sorteo dun bono viaxe entre quenes selaron a totalidade dos seus tapaportes. Dita entrega terá lugar na cervexaría A Esmorga.

 

cantos_pie090519.jpg

0
0
0
s2sdefault

portada_ximnasia070519.jpgNegreira acolleu o sábado 4 de maio a terceira fase do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica, onde compre salientar o primeiro posto en conxuntos cadete e un terceiro posto en conxuntos infantil, da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, que tamén participa neste torneo cun conxunto alevín.

 

En categoría cadete, o conxunto de Negreira obtivo a máxima nota con 11,70 seguidas do Cadete B do Rítmica Compostela (11,35), e do Club Maniotas con 11,20 de nota final.

 

En categoría infantil, as de Negreira lograron a medalla de bronce cunha nota de 10,90, por detrás da Escola de Ximnasia Porta Norte (11,30), e do Colexio Internacional Eiris, cunha nota final de 12,00.

 

En categoría alevín venceu o Colexio Internacional Eiris, seguidas do Ximnasia Oroso e Ximnasia Coruña.

 

A cuarta fase e final do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica celebraráse en O Carballiño o un de xuño.

 

Actas dos torneos:

ACTAS II TORNEO INTERESCUELAS INDIVIDUAL

ACTAS II TORNEO INTERESCUELAS EQUIPOS

ACTAS III TORNEO GIMNASIA RITMICA VILA DE NEGREIRA

 

Fotos: Difusión ProSport

 

pie_ximnasia070519.jpg

0
0
0
s2sdefault

portada_web_maiores060519.jpgO campo da feira acolleu o pasado sábado 4 de maio, a edición número vinte e catro do Encontro dos maiores de Negreira, na que foi a despedida do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño; e tamén da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, e do ex alcalde, Juan Rey Maceira, pois ningún deles concorrerá aos comicios municipais do 26 de maio.

 

Os irmáns Victorina e Jesús Dourino Forján Mayo, de 102 e 100 anos, respetivamente, foron homenaxeados coma os máis lonxevos entre os setecentos participantes, recibindo sendos agasallos de mans do alcalde Jorge Tuñas, e mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. O evento incluíu un baile final amenizado polo dúo Matices.

 

pie_maiores060519.jpg

0
0
0
s2sdefault

portada_clausura_escolas070519.jpgO Concello de Negreira clausura este sábado 11 de maio, a partir das 15:30 horas e no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, a tempada de Escolas Deportivas 2018/2019 con exhibicións e partidos das diferentes disciplinas deportivas que teñen cabida na ampla oferta deportiva do Concello.

 

Como colofón á xornada, a partir das 19:30 horas terán lugar os partidos polo terceiro posto, seguido da gran final, da Copa de Fútbol Sala 2019 dos concellos de Santa Comba e Negreira.

 

horario_escolas_clausura070519.jpg

0
0
0
s2sdefault

portada_ximnasia_Link03052019.jpgO Concello de Negreira, coa colaboración do Club Ximnasia Rítmica Compostela, organizan este sábado no pavillón de Pedra Mámoa, a terceira fase do II Torneo Interescolas, en horario de mañá; e mailo terceiro Torneo Vila de Negreira, en horario de tarde. O domingo pola mañá, terá lugar a VI Gala de Ximnasia Rítmica.

 

O evento, organizado polo Concello e mailo Club Ximnasia Rítmica Compostela, constitúe unha actividade consolidada no calendario deportivo do municipio. Este ano congregará no pavillón de Pedra Mámoa a máis de 900 ximnastas dispost@s a dalo todo nas diferentes categorías, con exhibicións con aros, mazas, pelotas, cinta ou cordas.

 

A programación do sábado comezará ás 10:00 horas co II Torneo Interescolas, que rematará ás 14:00 horas. Na terceira fase desta competición entre escolas de Negreira, Ourense e Abegondo, participarán un total de 400 ximnastas, procedentes de diferentes clubs de ximnasia de Galicia.

 

Ás 16:30 horas do sábado comezará o III Torneo de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, que rematará ás 20:30 horas, e que contará coa participación de 300 ximnastas. Os torneos contarán cun xurado conformado por cinco membros. Para rematar a fin de semana, o domingo celebrarase a VI Gala de Ximnasia Rítmica, a partir das 11:30 horas, coas exhibicións de 280 ximnastas de Negreira e Santiago.

 

“En Negreira xa é un clásico acoller estas competicións. É de agradecer contar co Club Ximnasia Rítmica Compostela para este tipo de actuacións, que serven para impulsar as nosas deportistas”, segundo explicou Jorge Tuñas Caamaño, alcalde de Negreira.

 

niñas_web030519.jpg

0
0
0
s2sdefault