Informámos que a Unidade Móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

 

- O luns 2 de marzo. De 9:00 a 13:30 horas

- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: https://www.sycitv.com/gl/

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

powered by social2s

Por terceiro ano consecutivo, o cartaz das festas de Entroido de Negreira leva a sinatura do recoñecido deseñador e enxeñoso humorista gráfico, Luis Davila. Un Entroido no que dende o venres 21 ao luns 24 de febreiro, sobresae a actuación da orquestra La Fórmula, a noite do venres na praza do Concello, e mailo prato forte co desfile de carrozas e comparsas da tarde do sábado.

 

Deseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, da Coruña; Luis Davila é o autor dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor O Bichero e O Fotomatón, nas páxinas do xornal Faro de Vigo, pero tamén fai cavilar aos seus lectores, porque coma él mesmo dí «debuxar é a miña voz, é o meu altofalante, e o meu xeito de expresarme. Recoñece que O Bichero «ten na idiosincrasia galega o seu éxito», e que vivir en Galicia «é a miña inspiración, aparte da actualidade diaria. Esta actualidade mestúroa coa nosa maneira de ver a vida. O xeito en que os galegos se toman as cousas está reflectido na miña tira».

 

Programa

As actividades arrincan o venres 21 de febreiro ao mediodía co desfile dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal. Pola noite, a Praza do Concello vai selo escenario que acolla o espectáculo musical da orquestra La Fórmula, liderada por Peke Moreira. Serán máis de catro horas de música e sorpresas cun avance da nova xira: La magia existe.

 

O gran desfile de comparsas é o prato forte, na tarde do sábado 22. Comeza ás cinco da tarde no Campo dá Feira e dará un colorido especial ás rúas da vila ata concluír na Casa do Concello. Haberá premios de 1.000, 600, 300 e 150 euros, para os catro primeiros en comparsas e carrozas, respectivamente, así como dous áccesits de cen euros. Os grupos: 250; 150 e 100, e os individuais: 150; 100 e 50 euros. O grupo Atenas amenizará a verbena na praza do Concello, coa posterior entrega de premios.

 

Bailes de disfraces

O domingo 23 a partir das sete da tarde haberá baile de disfraces para os maiores, que este ano celébrase na carpa da praza do Concello, con música en directo e premios ás mellores caracterizacións. E o luns día 24, é a quenda para os máis pequenos cun baile de disfraces e xogos inchables, desde as cinco da tarde, no pavillón do CEIP O Coto.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que a última analítica realizada á auga que mana da fonte de Vilachán, cuxa mostra foi tomada o pasado día 23 de xaneiro, deu un parámetro negativo, concretamente, o de bacterias coliformes totais, cun resultado de 10 unidades cada 100 mililitros.

 

Ante este resultado anormal, o laboratorio aconsella que se advirta á poboación que a auga da fonte de Vilachán non é potable ao cen por cen, e de feito, o Concello colocou á pé de fonte un cartaz para informar á veciñanza. Dentro de un mes farase unha nova análise para saber se persiste esta anomalía que pode ser debido ás fortes escorrentías da chuvia.

 

E non é a única fonte que deu parámetros anormais durante a última análise que realiza o Concello. A fonte de Zas tamén deu resultados negativos en bacterias coliformes totais, así como en escherichia coli con 2 unidades cada 100 mililitros, un dato éste último que é o máis preocupante.

powered by social2s

A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, acompañada do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto ao portavoz do Partido Popular, Rubén Suárez Carballo; supervisaron hoxe unha das actuacións levadas a cabo no noso concello ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, unha achega económica, neste caso de 70.000 euros, que permitiu a renovación de luminarias na rúa do Carme e maila praza do Concello...

 

Esta axuda é concedida pola Xunta a aqueles municipios como Negreira que dispoñen no seu territorio de parques eólicos en funcionamento. Marta Fernández-Tapias, directora xeral de Administración Local, lembrou que esta liña de axudas, tanto no apartado competitivo como no non competitivo, están aberta para que os concellos presenten as súas propostas ata mediados de febreiro.

powered by social2s

A Consellería de Política Social procede á convocatoria pública á concesión de axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías da ampliación desta axuda.

 

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

 

Persoas beneficiarias

1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

  - Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

  - Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

 

2. As galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020.

 

3. Poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 €, ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2018 e 2019 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas. O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2020 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

 

Requisitos

  - Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.

  - Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. *

  - Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.

  - Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2020 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

  - Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, para ter dereito ao incremento da axuda do 25%.

  - Estar en situación de especial vulnerabilidade téccnicamente valorada polo sistema público de servizos sociais e ter un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución, para percibir a axuda un ano mais.

  - Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  - No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda con fins adoptivos, non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.

 

* Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

 

Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais:

  - As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.

  - As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  - As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.

  - As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos.

 

No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.

 

Contía da axuda

a razón de 100 €/mes, con carácter xeral.

a razón de 200 €/mes, se o fillo ou filla que dá dereito á axuda é o terceiro/a ou sucesivo/a.

 

Esta axuda farase efectiva do seguinte xeito:

  - Ano 2020: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento, ou, de ser o caso, do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro, incluído.

  - Ano 2021: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena faga un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

 

Ampliación da axuda: as familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito á axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:

 

a. 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.

b.

c.

 

Estas contías faranse efectivas en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo que se concedeu a axuda.

 

As contías dos puntos anteriores incrementaranse un 25 % no suposto de residencia en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes segundo os últimos datos oficiais de poboación de carácter definitivo publicados polo Instituto Galego de Estatística.

 

Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea tecnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data na que o neno ou nena faga os tres anos.

 

Documentación

  - Comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella (Anexo II) debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, se é o caso.

  - Copia completa do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar.

  - Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou a garda con fins adoptivos, de ser o caso, cando se trate de adopcións formalizadas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

  - Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

  - Certificado de monoparentalidade cando non sexa expedido pola CA de Galicia.

  - Pasaporte en vigor da persoa cónxuxe ou parella, para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.

  - Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.

 

No suposto de persoas galegas emigrantes retornadas ou descendentes, deberase presentar ademais:

1º. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia ou de ser descendente dunha persoa galega.

2º. Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España.

3º. Pasaporte para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

 

No suposto de presentarse a solicitude con carácter previo ao nacemento deberase presentar ademais un certificado médico acreditativo do estado de xestación onde conste a data probable do parto.

 

No suposto de optar á ampliación excepcional da axuda prevista para situacións de especial vulnerabilidade no artigo 4.4 dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos deberá presentarse a seguinte documentación:

   - Comunicación da situación segundo o anexo IV.

  - Informe técnico dos servizos sociais comunitarios básicos que acredite a situación de especial vulnerabilidade e que se está sendo atendido/a polo sistema público de servizos sociais, con indicación das solicitudes de prestacións ou axudas económicas en fase de tramitación.

 

Cando se acheguen coa solicitude documentos en idioma distinto do galego ou castelán, deberá presentarse tamén a tradución dos ditos documentos para calquera destes dous idiomas.

 

Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.

 

No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, deberase presentar unha copia dixitalizada dos documentos indicados nos puntos anteriores.

 

Lugar de presentación:

Preferentemente electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.gal.

 

Prazo de presentación de solicitudes

Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

 

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2020 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, o prazo será de tres meses, que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.

 

Opcionalmente, poderá presentarse a solicitude durante o período de xestación, estando a súa concesión supeditada ao cumprimento dos requisitos.

 

Para atender os supostos nos que se produza unha variación á baixa da renda da unidade familiar con posterioridade á concesión da axuda que implique ter dereito ás contías da ampliación da axuda, habilitarase nos sucesivos exercicios orzamentarios un prazo de dous meses, que se contarán desde o 1 de xaneiro das respectivas anualidades, para comunicar a dita circunstancia mediante a presentación do anexo III.

 

As familias que obtivesen a axuda xeral de 1.200 € no ano 2018 e 2019 ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018 e 2019 disporán dun prazo de dous meses desde o 1 de xaneiro de 2020 para esta finalidade, debendo presentar o anexo III, no caso de ter presentado xa unha solicitude, ou o anexo I no suposto de non ter solicitado a axuda no ano de referencia.

 

No suposto excepcional de ampliación da axuda ata un ano máis previsto no artigo 4.4 a comunicación da situación de especial vulnerabilidade realizarase dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

 

Prazo de resolución: Tres meses | Sentido do silencio administrativo: Negativo

 

Instrumentación da axuda

A axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, unha tarxeta moedeiro que se expide a nome da persoa solicitante.

 

A Consellería de Política Social remitirá ao enderezo indicado na solicitude as tarxetas Benvida coa carga que lles corresponda na anualidade 2020 e con instrucións para a súa activación. Así mesmo, informará as familias das condicións de uso.

 

De ser o caso, a tarxeta será recargada coa contía que corresponda na anualidade 2021 en función dos meses que restan ata que o neno ou nena que deu dereito a ela faga un ano ou ata que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

 

De atoparse no suposto que da lugar á ampliación (renda igual ou inferior a 22.000 €), a tarxeta será recargada ademais nas sucesivas anualidades ata que o neno ou nena faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos, coas contías e conforme o procedemento establecido no dito artigo.

 

De atoparse no suposto de especial vulnerabilidade, a tarxeta será recargada ata que a unidade familiar supere a situación que deu lugar a ampliación ou acceda a un recurso do sistema público de protección social e, en todo caso, un máximo dun ano.

 

5. As tarxetas están sometidas a caducidade e con carácter xeral non poderán ser usadas máis ala do 31 de decembro de 2021, data que se ampliará para as persoas emigrantes retornadas que se atopen no suposto previsto no segundo parágrafo do artigo 7.2 (emigrante retornada a Galicia en 2020 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso), para as familias con rendas iguais ou inferiores a 22.000 euros e para aquelas que se atopen en situación de especial vulnerabilidade.

 

 

powered by social2s