respira.jpgDurante os meses de xullo e de agosto, vánse levar a cabo os campamentos urbáns Respira, unha proposta que chega da man do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), do Concello de Negreira, a celebrarse nas instalacións do CEIP do Coto, como en anos anteriores.

 

Trátase dunha actividade de conciliación aberta ás familias de Negreira, onde poden quedar os pequenos/as dende as 8:45 ata as 14:15 horas, de luns a venres, e sendo atendidos por persoal especializado que lles organiza diversas actividades como manualidades, obradoiros de pintura, actividades deportivas, saídas polos arredores e saídas á piscina.

 

Custo da praza mensual: 100 euros.

Prazas en xullo: 30

Prazas en agosto: 15

Inscricións no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3. 

powered by social2s

sanxoan.jpgO Concello de Negreira informa que co gallo da celebración da Festa de San Xoán, a noite do venres día 23 de xuño, todos aqueles particulares, grupos e asociacións de veciños que desexen realizar unha fogueira, é necesario que dispoñan dunha autorización municipal para realizar devanditos lumes, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante a noite máxica do San Xoán.

 

O Concello informa a tódolos interesados que deberáse recoller e formalizar as solicitudes, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (pranta baixa). Devandito prazo de rexistro de solicitudes remata o mércores día 21 de xuño.

powered by social2s

teatro2020617.jpgO alumnado da Escola Municipal de Teatro bota este sábado 3 de xuño o peche ao Ciclo de Teatro 2017 do Concello de Negreira con catro obras escritas e dirixidas por Sandra Lesta, a partir das 18:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

·Alumnos de 4 a 6 anos coa obra: ¨Oh non! a carteira!¨

·Alumnos da Fundación de Discapacitados coa obra: ¨A tenda onde nunca pasa nada¨

·Alumnos de 7 a 12 anos coa obra: ¨Historias para non durmirse no camiño¨

·Alumnos de 12 a 16 anos coa obra: ¨Zona fora de conflicto¨

powered by social2s

ruta tapas 2017.jpgHoxe comeza a primeira das catro xornadas da sétima Ruta dás tapas de Negreira, ca durante dúas fins de semana, convida a veciños e visitantes a achegarse ata a nosa vila para disfrutar das mellores e máis ricas tapas que poden degustarse en nove establecementos da hostalaría de Negreira.

 

Os venres 2 e 9, así como os sábados 3 e 10 de xuño, a Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), celebra a súa sétima Ruta dás tapas nos seguintes establecementos: Casa Barqueiro; D´Tapas; cervexería A Vila; bar Fontana; bar Imperial; taberna O Seixo; The London Tavern; O Cotón e bar Oriel.

 

Os participantes poden recoller nos establecementos participantes os seus pasaportes para valorar as distintas tapas, e de onde sairán as gañadoras. Cubrindo o pasaporte que logo débese entregar nos locais, o público entrará nun sorteo de agasallos.

powered by social2s

piscina020617.jpgO Concello de Negreira informa que o xoves 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, dende o luns día 5 de xuño, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 1 de xullo ó 30 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 5 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes.

 

Grupo 1: do 3 ó 31 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Grupo 2: do 1 ó 30 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Natación para bebés: do 1 de xullo ó 30 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 31 de agosto para o Grupo 2. O venres 25 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchanbles, a partir das 16:00 horas.

powered by social2s