CONCELLO DE NEGREIRA
A Fundación de discapacitados psíquicos da comarca de Negreira é un Centro Ocupacional que acolle a persoas cunha discapacidade psíquica maior a un trinta e tres por cento, e que sexan válidas por sí mesmas, coa finalidade de preparalas para o acceso a formas de vida normalizadas, mediante a realización de actividades nun réxime o máis semellante ó normal, sendo o obxectivo principal do Centro a integración do discapacitado psíquico no seu entorno tanto laboral como social. A Fundación inaugurase en 1998 cunha capacidade de 16 prazas, ofrece servizo de comedor con menús deseñados por unha dietista, e con servizo de transporte para os usuarios do Centro. A Fundación ten un convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para contribuir ó mantemento do centro Ocupacional.
Matrícula
As solicitudes de praza poderanse efectuar perante todo o curso. Debido o limitado número de prazas, a confirmación da matrícula dependerá da súa dispoñibilidade. Namentres non haxa vacantes libres os solicitantes pasarán a unha lista de espera. Requisitos para solicitar unha praza neste centro:
- Ter unha minusvalía superior ó trinta e tres por cento.
- Ter máis de dazaseis anos.
- Ser autónomos nas súas necesidades básicas.
- Pasar un periodo de prueba.
Horarios
Horario de Inverno | 10:00-17:00 |
Horario de Verán | 09:00-15:00 |
Actividades
- Actividades de taller, enmarcación, encuadernación, escaiola, coiro, etc.
- Informática.
- Repostería.
- Actividades de psicomotricidade (natación, ximnasia).
- Actividades de lecer (exursión, cine, baile).
- Actividades terapéuticas.
- Curso de alfabetización.
- Actividades encamiñadas ó fomento das habilidades sociais.
Contacto
Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Negreira
Rúa Castelao s/n 15830 Negreira (A Coruña)
Teléfono 981 881 757 Fax 981 881 757