Fundación Discapacitados

Servicios Sociais Fundación
CONCELLO DE NEGREIRA
+34 981 885 250
correo@concellodenegreira.es
De 9:00 a 14:00 (de lunes a viernes)
Rúa do Carme, 3 - 15830 - NEGREIRA

A Fundación de discapacitados psíquicos da comarca de Negreira é un Centro Ocupacional que acolle a persoas cunha discapacidade psíquica maior a un trinta e tres por cento, e que sexan válidas por sí mesmas, coa finalidade de preparalas para o acceso a formas de vida normalizadas, mediante a realización de actividades nun réxime o máis semellante ó normal, sendo o obxectivo principal do Centro a integración do discapacitado psíquico no seu entorno tanto laboral como social. A Fundación inaugurase en 1998 cunha capacidade de 16 prazas, ofrece servizo de comedor con menús deseñados por unha dietista, e con servizo de transporte para os usuarios do Centro. A Fundación ten un convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para contribuir ó mantemento do centro Ocupacional.

Matrícula

As solicitudes de praza poderanse efectuar perante todo o curso. Debido o limitado número de prazas, a confirmación da matrícula dependerá da súa dispoñibilidade. Namentres non haxa vacantes libres os solicitantes pasarán a unha lista de espera. Requisitos para solicitar unha praza neste centro:

  • Ter unha minusvalía superior ó trinta e tres por cento.
  • Ter máis de dazaseis anos.
  • Ser autónomos nas súas necesidades básicas.
  • Pasar un periodo de prueba.

Horarios

Horario de Inverno10:00-17:00
Horario de Verán09:00-15:00

Actividades

  • Actividades de taller, enmarcación, encuadernación, escaiola, coiro, etc.
  • Informática.
  • Repostería.
  • Actividades de psicomotricidade (natación, ximnasia).
  • Actividades de lecer (exursión, cine, baile).
  • Actividades terapéuticas.
  • Curso de alfabetización.
  • Actividades encamiñadas ó fomento das habilidades sociais.

Contacto

Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Negreira

Rúa Castelao s/n 15830 Negreira (A Coruña)

Teléfono 981 881 757 Fax 981 881 757