CONCELLO DE NEGREIRA
+34 981 885 250
correo@concellodenegreira.es
De 9:00 a 14:00 (de lunes a viernes)
Rúa do Carme, 3 - 15830 - NEGREIRA
Desempeña este cargo unha licenciada en psicoloxía.
Ofrece asesoramento e apoio ás familias que teñen algún tipo de dificultade no desempeño das súas funcións familiares (atención, coidado e/ou educación dos menores, organización do núcleo de convivencia…) ou en calquer outro aspecto que dificulte o desenvolvemento axeitado dos membros e a vida familiar e social. Tamén programa actividades de prevención con grupos.
Áreas de actuación:
- Saúde (Alimentación. Hixiene. Prevención de enfermidades. Consumos…)
- Organización e economía familiar (Organización e planificación do traballo, do tempo e dos recursos. Distribución do presuposto…)
- Convivencia familiar (Comunicación. Relacións. Solución de conflitos familiares…)
- Educación dos menores (Límites e normas. Hábitos de estudio. Responsabilidades.Valores…)
- Emocional (Autoestima. Habilidades sociais. Solución de problemas. Toma de decisións. Presión do grupo…)
- Integración (Dificultades no entorno escolar, laboral e social. Absentismo…)
Contacto: 981 88 53 81
Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00 h (verán de 8:00 a 14:00h).