CONCELLO DE NEGREIRA
Este servizo ten como obxectivo a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación e a integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política.
O centro proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ó soliciten. Así mesmo, este centro de información proporciona información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ós grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.
Funcións:
Información e asesoramento xurídico.
Atención psicolóxica.
Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos pola Secretaria Xeral de Igualdade.
Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial importancia na consecución do principio de igualdade.
Atención específica a mulleres vítimas da violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso ós recursos existentes na Comunidade, a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ó órgano competente.
Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
Calquera outra actividade que se adecúe ó obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
Áreas de actuación:
O servizo ofrece asesoramento legal e atención psicolóxica:
- Dereito de familia
- Dereito civil, fiscal, administrativo, penal e laboral
- Seguridade social
- Xustiza gratuíta
- Área de emprego e orientación profesional
- Área de recursos
- Atención psicolóxica.
- Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
- Intervencións individuais. Neste punto é dónde se realiza a maior parte do traballo que a psicóloga leva a cabo incluíndo citas presenciais así como un seguimento das usuarias.
- Realización de informes psicolóxicos naquelos supostos nos que foran solicitados por organismos públicos.
- Realización de prácticas de grupo e talleres de diferentes temáticas.
- Participación nas actividades do Centro de Información ás Mulleres.
- Colaboración na elaboración de memorias e documentos.
Actividades e cursos: Actividades de conciliación e actividades en prol da igualdade entre mulleres e homes o longo do ano, con especial énfase nas actividades contra a violencia de xénero.
Contacto:
Rosa Mª Fuentes Cambeiro. Directora do Servizo e Asesoramento Xurídico.
Natalia Súarez García. Atención Psicolóxica.