concertos150519.jpg

O Concello de Negreira presentou hoxe un avance dos artistas confirmados para os concertos do Verán Cultural como son: Roi Casal; Sés; Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e as pandereteiras de Leilía.

 

O primeiro en actuar será o músico Roi Casal, co seu espectáculo ¨Son galego, son cubano¨, o sábado 13 de xullo, dentro do programa das festas de San Cristovo. Seguiralle unha das artistas máis seguidas do panorama galego como é a cantante coruñesa María Xosé Silvar, Sés, quen actuará coa súa banda en Negreira o venres 19 de xullo pola noite, sendo cabeza de cartel do festival Nicrarock.

 

E na Noite Folk repite Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, quenes actuarán o sábado 17 de agosto no Refuxio de Covas, xunto coa actuación das pandereteiras Leilía, quenes regresan ao festival folk no que xa actuaron hai uns anos.

ermita2.jpg

A delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira programou un roteiro de sendeirismo o domingo día 23 de xuño, de aproximadamente uns 16 quilómetros de percorrido circular cun nivel de dificultade media.

 

Esta primitiva ruta de peregrinación, comeza próxima a Vilar de Ordoeste, en Liñaio, cara á Ermita de San Xoán do Carballoso en Forniños, en Xallas. A ruta atravesa unha antiga ponte Romana sobre o río Corzán, restaurado pola asociación de veciños da contorna.

 

A saída en autobús, dende o campo da feira de Negreira, será ás 09:00 horas. Nesta actividade será preciso que cada participante leve a súa comida e bebida para a ruta. A volta está programada para ás 18:00 horas, tamén en autobús.

 

Inscricións: no 981 885 886 ou en Cultura e Deportes.

portada_certames16052019.jpg

Dentro dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2019, este mércores 15 de maio, o Concello fixo entrega dos premios tralo fallo do xurado dos XIV Certames de pintura ¨Negreira en cor”, e ¨Cóntame un conto¨, nun acto desenvolvido no Auditorio do Centro Sociocultural, ademáis foron os actos de clausura e entrega de diplomas aos participantes na Escola Municipal de Pandereita

 

Gañadores certame de contos

 

1º premio - Lara López Suárez co seu relato Atada por Amor.

2º premio - A clase de 5ºB do CEIP O Coto co seu relato conxunto: ¨De súpeto¨.

3º premio - Andrea Losada Noya co seu conto: ¨As costureiras de Mondoñedo¨.

 

Gañadores do certame de pintura

 

Este certame dividiuse en dúas categorías cun corte na idade dos participantes. A primeira categoría, os nenos e nenas participantes de entre seis e doce anos, repartironse os premios da seguinte maneira:

 

1º premio - Ayla Amigo Agra coa obra: ¨La puerta del arte¨.

2º premio - Celia Lista Vieito coa súa obra: Qué ola!.

3º premio - Lidia Núñez Forján coa súa obra: Primavera.

 

A segunda categoría, para mozos de entre trece e dazaoito anos, decidiuse da seguinte maneira:

 

1º premio - Paola Enjo Lueiro ca sua obra: (Sen título).

2º premio - María Lista Vieito ca súa obra: Vaia Pelos!.

3º premio - Julián Rey Temes e a súa obra: “Amigos Rosas”.

 

pie_certame160519.jpg

vilachan160519.jpg

O Concello de Negreira encargou unha análise das augas que verte a Fonte de Vilachán, a máis usada polos veciños e veciñas da vila e arredores, de cara a coñecer se os seus parámetros son os adecuados para o consumo das persoas.

 

A análise realizada o pasado día 30 de abril confirmou os niveis de saubridade suficientes, e o Concello anuncia que, tras ver os resultados favorables do informe, a auga da Fonte de Vilachán é apta para o consumo.

portada_banda210519.jpg

Durante o concerto das Letras Galegas ofrecido pola Banda de Música Ateneo de Negreira en colaboración coa escola de pandereteiras e maila murga do Obradoiro de Música Tradicional (OMT) Ultreia, de Compostela, o pasado sábado 18 de maio, presentouse o documental sobre a conmemoración dos 20 anos de existencia da Banda Ateneo, que repasa como foron os comezos da xoven banda, co testemuño dalgúns dos seus directores como o primeiro e fundador, Vicente Martín; ou Fernando Rey, profesor de trompeta no Conservatorio de Música de Santiago, así como Simón Couceiro, clarinete-requinto na Banda Municipal de Santiago que tamén pasou pola Banda Ateneo, ata chegar ao actual director, Raúl Martín Niñerola.

 

Aquí podedes ver o documental con producción, dirección, gravación e montaxe, a cargo do equipo de Teen Records.

 

Documental da Banda Ateneo

 

 

portada_copaAkai23052019.jpg

O sábado 18 de maio, o Polideportivo Pedra Mámoa acolleu a sétima edición da Copa Akai, organizada por Ainhoa Rodríguez en colaboración co Concello de Negreira xunto á Federación Galega de Karate. Un evento no que se deron cita 500 deportistas de 31 clubs de Asturias, Cantabria, Madrid, Andalucía, Castela e León, A Rioxa, Galicia e Portugal, xunto á Selección Española e a Selección Galega.

 

A Selección Española formada por 8 deportistas Campións de España, e capitaneada polos seleccionadores nacionais Jonatan Hortas e Eduardo Flores, obtivo un total de 7 ouros, unha prata e un bronce. O total de ouros conseguidos pola Selección Española no campionato, fíxolles gañadores da Copa Akai Ryu, un trofeo que se lle outorga ano tras ano ao club ou selección que consiga máis ouros na competición.

 

O Club Waseda de Asturias conseguiu 5 ouros, seguidos polo Shihan (de Galicia) e o Ximnasio Areas (de Asturias), por tres.

 

Os resultados dos integrantes da selección española foron: Alejandra Gómez (ouro en Kata Infantil feminino), Elisey Yagudin (ouro en Kata Infantil Masculino), Iván Martín e Mario Parra (ouro e prata en Kata Xuvenil Masculino respectivamente), *Álex Morais (ouro en Kumite Infantil +45kg), Iván Montenegro (ouro en Kumite Xuvenil -54kg), Oihane Apelllaniz (ouro en Kumite Xuvenil feminino -42kg), Natalia Alonso ( Kumite Xuvenil feminino +52kg), Eva Otero (bronce en Kumite Xuvenil -52kg).

 

A Selección Galega, que participaba cun total de seis deportistas, obtivo 3 preseas con: Nicolás Carnota (prata en Kumite Infantil), Samuel Fontenlos (bronce en Kata Infantil) e Antón Souto (bronce en Kata Xuvenil).

 

Os anfitrións, deportistas do Akai Ryu, conseguiron os seguintes resultados:

 

Nicolás Carnota (competindo coa Selección Galega), logrou a prata en Kumite Infantil Masculino +45kg, tras perder a final por un axustado 1-0 contra o competidor da Selección Española. 

Nerea García, tamén se fixo coa prata en Kata Benjamin Feminino.

Ronsel Osorio, conseguiu a prata en Kumite Infantil -42kg.


Pola súa banda, Daniela Barbazán, alzouse co Bronce en Kata Alevin Feminino, igual que Aitana Pérez, que obtivo o bronce en Kata Alevin Feminino.
Aya Fathallah, obtivo o bronce en Kumite Junior +53kg, mentres que Markel Villaverde, Gabriel Furelos e Lle Zhou, perderon o bronce nas súas respectivas categorías, conseguindo finalmente quintos postos.

pie_copaAkai230519.jpg

logo230519.jpg

Infórmase á veciñanza que con motivo da celebración este sábado 25 de maio, do 4º Triatlón Solidario do Concello de Negreira, procederase á reubicación tanto da parada de autobuses de liña como da parada de taxis, en horario de tarde.

 

A parada de autobuses de liña trasládase á avenida das Brañas, diante de Breogán Deportes. A parada de taxis situarase na rúa Rosalía de Castro.

rutómetro_portada240519.jpg

A cuarta edición do Triatlón Solidario Concello de Negreira celébrase este sábado 25 de maio, dende as cinco e media da tarde, hora na cal se programou a saía de participantes masculinos individuais, logo sairán as competidoras femininas individuais, e por último, daráse a saía na categoría de equipos por relevos.

 

A competición comezará na Ponte de Ons, co sector de natación, que consistirá en nadar 750 metros nas augas do encoro do Tambre. Contando os horarios de saída, os triatletas máis rápidos rematan o sector en 10 minutos, e os últimos empregarán aproximadamente 20 minutos, polo que a proba rematará ás 18:00 horas.

 

Ao rematar esta proba acuática, os participantes pasarán á proba de ciclismo, cun percorrido de 20 quilómetros, con saída na Ponte de Ons. O recorrido discorrerá cruzando a estrada CP-1302, e continuará polas rúas de Vilachán de Abaixo, seguindo pola avenida de Vilachán, xirarán á dereita na avenida de Barcala, e continuarán pola rúa Camiño Vello e pola avenida de Santiago, continuando por esta estrada ata o punto de retorno, onde será o xiro, volvendo pola mesma estrada, xirando á esquerda na Barquiña, un novo xiro á esquerda en Fontán e xirando á dereita para continuar pola rúa Malecón, onde se cumpre unha volta. En total serán tres voltas ao circuito de bicicleta. Os triatletas entrarán na zona de transición, situada no Campo da Feira, na que deixarán as bicicletas nos soportes habilitados para elo.

 

Os primeiros triatletas completarán este percorrido en bicicleta aproximadamente ás 18:15 horas, e os da cola sobre as 18:55 horas.

 

A última proba será unha carreira a pé con 5 quilómetros de percorrido. Comeza a proba saíndo do Campo da Feira, cun percorrido que será circular e de tres voltas, e que contará coa seguinte ruta: Súbese pola praza de Ferreiro para enlazar coa Carreira de San Mauro, rúa Cidade de Vicente López, Cachurra e dá unha volta ao redor da praza do Concello, para logo encarar a rúa do Carme e volver á meta, situada baixo o arco principal do Pazo do Cotón.

 

Os primeiros triatletas rematarán a proba sobre as 18:35 horas e os últimos sobre as 19:20 horas.

portada_certameArdeiro240519.jpg

O gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, o brionés Raúl Gómez Pato veu recoller ao Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira 200 exemplares que formaban parte do premio do certame.

 

O acto tivo lugar ás once e media da mañá coa presencia do propio gañador e mailo alcade Jorge Tuñas Caamaño e os membros do xurado José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárcel, así como o o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario

 

O fallo do xurado a favor da obra do gañador do certame foi dado o pasado decembro, nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

gañador_certameArdeiro240519.jpg

26m_portada270519.jpg

A veciñanza de Negreira votou cun 72,18% de participación e 4.079 votantes e unha abstención do 27,82% (1.572), con 40 votos en blanco e 60 nulos, onde a vitoria foi para o Partido Socialista por unha axustada diferenza de catro votos ata un total de 1.787 sufraxios (44,46%) por 1.783 (44,36%) do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego foi a terceira forza con 247 votos (6,15%) e Ciudadanos, na cuarta posición con 159 sufraxios (3,96%).

 

A participación nestes comicios medrou ao redor de dous puntos nas eleccións municipais. Moito máis significativo foi o dato de participación nas eleccións ao Parlamento Europeo, que medrou máis de vintecinco puntos con respecto a fai cinco anos, nas anteriores eleccións europeas.

 

resultadosNegreira.jpg