Foto_avispilla.jpg

O Telecentro de Negreira acollerá o venres, día 18 de xuño, unha xornada formativa sobre a loita contra doenzas do castiñeiro coma "O chancro", ou Cryphonectria parasítica, e a "Avespa do castiñeiro", ou Drycosmus kuriphilus. O horario desta actividade formativa será 10:00 a 14:00 horas.

 

Esta xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, na provincia de Ourense, coa colaboración da Consellería de Medio Rural, e maila Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

 

Para participar, xa que as prazas son limitadas, hai que inscribirse no número de teléfono: 673 249 477, ou enviando un correo cos datos da ficha de inscrición que figura abaixo, ao seguinte enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

Adxunto encóntrase o formulario de inscripción. 

casa

A Corporación Municipal de Negreira celebrará o luns, día 7 de xuño, ás 20:00 horas, unha sesión do Pleno, con carácter extraordinario, conforme á seguinte orde do día:

 

1º.- Toma de posesión da concelleira electa Teresa Duro Leis.

2º.- Toma de posesión do concelleiro electo Juan José Noya Rodríguez

3º.- Modificación da composición das Comisións Informativas Permanentes.

4º.- Modificación de representante nos Consellos Escolares Municipais.

 

piscinas-negreira-2021.png

 

 

O Concello de Negreira informa que o martes, día 15 de xuño, abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada ata o día 15 de setembro.


O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas. O prezo da entrada será de 1 euro.


Abonos

- Mensual: 10 €
- Tempada: 20 €
- Familiar: 30 €
- Familia numerosa: 40 €

 

Cursos de natación

Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de mañá, haberá cursos intensivos de todos os niveis dende os 2 anos, mediante o pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta, na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), ou ben remitindo o impreso e mailo xustificante á seguinte dirección de enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


Foto fogueira.jpg

 

Debido á pandemia da covid-19, neste ano non estarán permitidas as cacharelas en terreos públicos. Soamente será posible facelas en terreos de titularidade privada.


As persoas interesadas en realizar unha cacharela en terreos privados deberán presentar a solicitude correspondente, con data límite o día 21 de xuño, por algunha das seguintes vías:

- Rexistro telemático, na Sede Electrónica do Concello: 

- Rexistro Xeral do Concello (horario de 8:00 a 14:00h).

 
O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo axustarase ao disposto na normativa vixente o día 23 de xuño de 2021 reguladora da situación de emerxencia sanitaria, así como das demáis recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias.


A separación de cacharelas entre os edificios, fincas forestais, árbores e demáis obxectos que poidan resultar danados será coma mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacen produtos inflamables nin vehículos.


Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipentes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros. Sobre terreos con vexetación herbacea, previo ó inicio do lume, farase unha devesa do material combustible nunha franxa de polo menos 9 metros de ancho, rodeando o perímetro.


A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixilancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.

 

Foto Diververán.jpg

Este luns 7 de xuño ábrese o prazo para solicitar a participación nos obradoiros Diververán 2021. A inscrición pode realizarse presencialmente na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, en horario de 9 a 14 horas, para o cal pódese descargar a ficha de inscrición que aparece ao final desta información.


Ofértanse 20 prazas en cada quenda, por orde de anotación, durante os meses de xullo e agosto polas mañás no Centro Sociocultural.

- Nados do 2016 a 2018, de 10:30 a 12:00 horas

 

- Nados de 2012 a 2015, de 12:00 a 13:30 horas

 

As familias interesadas deben anotarse antes do 29 de xuño, debendo entregar as fichas cubertas e mailo importe xusto de 16 euros por cada participante.

 

corporacion municipal negreira xuno21

 

 A sesión de carácter extraordinario do Pleno da Corporación Municipal de Negreira celebrada este luns, día 7 de xuño, serveu para a toma de posesión dos novos concelleiros/as quenes xuraron o seu cargo como edís electos e de pleno dereito.


Teresa Duro Leis, número 8 da candidatura do PSdeG-PSOE sustitúe a María Josefa Vázquez Alende, trala súa renuncia. Pasará a formar parte da Xunta de Goberno Local como cuarta tenente de alcalde e asume as áreas de Educación e Sanidade, dentro do organigrama do Goberno Municipal, amén de ser designada como representante municipal nos Consellos Escolares.

Juan José Noya Rodríguez, número 7 da candidatura do PPdeG sustitúe a María González Gómez.

Ambos recibiron a benvida do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez quen desexoulles o mellor «e que traballades polos veciños, e é importante que na política haxa relevos». Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular, Rubén Suárez, deulle a benvida «a esta batalla dialéctica, sobre todo, pero temos que pensar que o que estamos a facer aquí é en prol dos veciños, en prol do noso concello e non podemos extrapolar o debate e as discusións que podamos manter na política ao plano persoal».

 

corporacion-municipal-negreira-xuno21-2.png

Foto Actívate.jpg

 

Neste mes de xuño o Concello de Negreira presenta distintas actividades culturais e lúdicas para o desfrute da veciñanza, sobre todo pensando na rapazada antes do verán. Teatro, música infantil, apertura da piscina e moitas sorpresas nunha programación que vai a continuar co Verán Cultural, a partir do mes de xullo.

 

A primeira actividade e o Miniciclo de Teatro coa Escola de Teatro de Santa Comba o sábado 12 e a Escola de Teatro Municipal de Negreira que fará a súa estrea o venres 18 e mailo sábado 19. Ambas citas serán no Auditorio de Negreira.

 

Para os máis pequenos, o martes 15 e o venres 26 teñen unha cita ineludible coas actuacións de Mamá Cabra no novo auditorio ao aire libre da rúa Teresa Fabeiro (19:00h), o primeiro día, e coa Festa do Apego, na área recreativa Agra de Chans, na Baña, o día 26.

 

O martes 15 terá lugar a apertura da tempada das Piscinas ao aire libre do Coto que se extenderá até o 15 de setembro, e o último sábado de mes terá lugar o evento da Noite Romántica, onde os restaurantes de Negreira participantes farán menús especias e haberá actuacións musicais.

 

Para o domingo 27 o programa #Actívate péchase coa clausura da Escola Municipal de Baile Tradicional, coa celebración do Día da Muiñeira nunha versión reducida, a partir do mediodía na praza do Concello.

 

 

 

sede negreira

 

Este martes 15 de xuño entra en vigor o horario de verán na atención ao público nas dependencias municipais da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, e que se extenderá ata o día 15 de setembro co seguinte horario: De 08.00 a 14.00 horas.

bus_ados.jpeg

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), vén de iniciar a campaña “Súmate ao noso equipo” que abrangue os meses de xuño a setembro e que ten como principal obxectivo obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Esta cifra é constante todos os días do ano e coas doazóns obtidas garántese o axeitado desenvolvemento do intenso labor dos hospitais galegos grazas á solidariedade e xenerosidade de toda a cidadanía.

 

Con esta campaña de verán, a máis longa de todas cantas realiza ao cabo do ano ADOS, tentase chegar a meirande parte dos concellos de Galicia e aproximar o solidario xesto da doazón a todos os galegos e galegas. En Negreira, unha unidade móbil desprazarse o martes 29 de xuño, en horario de 9:45 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Como é habitual permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde.

 

Ademais, ADOS mantén operativos os seus sete locais de atención permanente nas sete grandes cidades galegas para, deste xeito, ofrecer as máximas facilidades e o mellor servizo a todos os doantes de sangue.

 

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas. Recoméndase á cidadanía que solicite cita previa no número de ADOS: 900 100 828.

foto_escola.jpg

Dende o mércores día 1 de xullo e até o vindeiro día 8 de setembro permanece aberta a matrícula para cursar estudos musicais na Escola Municipal de Música de Negreira, nun prazo dirixido ao novo alumnado que se queira incorporar á escola.

 

A matrícula pódese facer de maneira presencial, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8 a 14 horas, ou ben de forma telemática na sede electrónica do Concello de Negreira.

 

A presentación do curso e asignación de horarios terá lugar o vindeiro 10 de setembro, nun acto a partir das 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A continuación detallamos os horarios das asignaturas grupais da Escola Municipal de Música para o curso 2021-2022.