SMART. Como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota, é un espectáculo de Antón Coucheiro que está actualmente en fase de creación, polo que en agradecemento ó Concello de Negreira pola cesión do espazo do Auditorio municipal para unha residencia técnica de tres semanas, o venres día 18 de marzo realizarase eiquí, unha mostra aberta ó público no que o director amosará o proceso de creación do espectáculo no que se atopa a producción. Será a partir das 21:00 horas e con entrada de balde até compretar o aforo dispoñible.

 

 

 

SINOPSE

Trátase dunha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móviles. Onde a óptica absurda do clown entra de cheo na era dixital. Unha sátira social sobre o noso comportamento fronte a tecnoloxía.

Tres pallasas adictas ao seu smartphone acuden a unha convocatoria para probar unha nova e misteriosa aplicación. Apegadas aos seus teléfonos, entran en pánico cando quedan sen eles, pero depois terán que aprender a relacionarse de novo analóxicamente. Unha historia de descubrimento e de amizade, nunha época de máxima conectividade coa rede e absoluta desconexión no persoal.

 Redes sociais, paos de selfie, soños de apps, zonas sen WiFi, coros de ringtones, cubos táctiles, habitacións feitas con videomaping, diálogos de emoticonos e pallasas. Benvidas a SMART, un universo delirante onde os teléfonos son máis intelixentes que as persoas.

Dramaturxia e dirección: Antón Coucheiro

Pallasas: Natalia Outeiro, Marta Iglesias, Akira Valero

Luz e videomapping: Dani Pais

Son: Túlio Rosendo

Vestiario: Olalla Tesouro

Auxiliar de producción e fotos: Eva Trinhanes

Auxiliar de produción: Alfonso Medina

Xénero: Comedia xestual, clown

Público: Todos

Duración: 65 minutos

Espectáculo financiado coa axuda á producción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e co apoio de Culturactiva. Coa colaboración co Centro Sociocultural de Fontiñas e mailo Concello de Negreira.

powered by social2s

Dacordo co establecido na disposición adicional terceira do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, e de conformidade coa resolución da Dirección Xeral do Catastro publicada no Boletín Oficial do Estado do día 22 de febreiro de 2016, número 45, infórmase do comezo do periodo no que será de aplicación o procedemento de regularización catastral no concello de Negreira.

 

Este procedemento iniciarase de oficio nos supostos de incumprimento da obriga de declarar de forma compreta e correcta, as circunstancias determinantes dun alta ou modificación, coa fin de garantir a adecuada concordancia catastral dos bens inmobles coa realidade inmobiliaria.

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas suscribiu coa Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria del Patrimonio, S.A. (SEGIPSA), a encomenda de xestión dos traballos relativos á incorporación de inmobles e alteracións.

A actualización do Catastro farase mediante a incorporación dos bens inmobles urbanos e rústicos con construcción e as súas alteracións (ampliacións e rehabilitacións), que non figuren no mesmo. Os traballos conlevarán, entre outros, a regularización de inmobles, construccións deportivas e divisións horizontais, a resolución de erros no cruzamento de bases de datos e a obtención de fotografías de parcelas necesarias para o procedemento.

A Lei do 27 de decembro de 2012 pola que se adoitan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ó impulso da actividade económica, incorporou o procedemento de regularización catastral á normativa reguladora do Catastro, mediante a autorización da encomenda de xestión dos traballos para o procedemento de regularización catastral 2013-2016.

Exclúe a aplicación de sancións polo incumprimento da obriga de declarar de forma compreta e correcta as altas e modificacións de bens inmobles. Sen embargo, conleva a aplicación da taxa de regularización catastral, co carácter de tributo estatal, cuxa cuantía é de 60 euros por inmoble.

Teléfono de liña directa do Catastro 902 373 635.

powered by social2s

O Concello de Negreira pon en marcha un programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva na Escola Infantil Municipal, concretamente na aula de 2-3 anos, co cal preténdese comprementar a actividade de psicomotricidade que se desenvolve habitualmente. O obxectivo é favorecer o desenvolvemento dos pequenos e pequenas facilitando e acompañando a súa maduración psicolóxica, a partires da acción e o xogo. Posibilitar a expresión de sentementos, impulsos e necesidades; favorecer a súa autonomía e potenciar a comunicación, ou acordo de resolución de conflictos entre os diferentes compoñentes do grupo.

 

A actividade desenvolverase en dúas sesións de 50 minutos cada unha, en grupos reducidos de dez nenos para acadar unha maior operatividade desta. Vai selos luns e xoves da semana deste mesmo curso. Comeza este xoves, de 10:30 a 11:20 horas a primeira e, a seguinte das 11:20 ás 12:10.

Para elo, dende o Concello estáse aprovisionando o espazo de material e recursos específicos coma colchonetas, túneis, pezas específicas de psicomotricidade, cabalos balancíns, rolos de espuma e demáis material idóneo para este tipo de actividade que se caracterizan pola súa flexibilidade e adaptabilidade.

Este pasado luns, os pais dos nenos e nenas ós que vai dirixido o programa foron debidamente informados pola profesional que vai a desenvolver. Na mesma tamén estiveron presentes aparte desta, as propias docentes da instalación e a súa directora, xunto co alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas.

A intención dende o Concello é que devandito programa teña unha continuidade no tempo, a esperas de ver a funcionalidade e os resultados, agárdase positivo. E manifesta a aposta e compromiso con este tipo de iniciativas tan importantes coma necesarias pola Educación, e en concreto, a Educación Infantil.

powered by social2s

¿Qué teñen en común e qué as diferencia, a unha ama de casa, a unha emprendedora dunha empresa artesanal, a unha gandeira dunha explotación familiar ou, a unha concelleira dun Concello coma o noso?

 

¿Cómo se organizan estas cando ademáis (ou por riba de todo) son esposas e nais de familia? ¿Cal é o papel actual da muller na sociedade? ¿Cales consideran que son os atracos principais por parte desta? ¿Existen ou se deberían erradicar certos tópicos machistas?

Todas estas cuestións e máis, abordadas por catro mulleres do noso concello, nunha tertulia de Radio Negreira co gallo do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, cuxo lema neste 2016 é: Por un planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero.

Fálannos: María Jesús Veiga Hortas, primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación e Servizos Sociais do Goberno Municipal; María Teresa Álvarez Pombo, nai e emprendedora dunha empresa artesanal; Vanessa Ruza Martínez, nai e gandeira dunha explotación familiar, e Isabel López Miguens, nai e ama de casa.

A observancia das Nacións Unidas reflexiona sobre cómo acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible para impulsar a aplicación dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Non hau dúbida de que ao longo da historia, as mulleres fixeron aportes extraordinarios á sociedade. Algúns son moi coñecidos, outros menos, pero todos foron precursores e igualmente, craves e importantes para o avance da sociedade. 

Escoita a tertulia do 8 de marzo. PLAY

powered by social2s

O pasado venres celebrouse no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Compostela, unha cita con todos os beneficiarios do programa Galeuropa 2015, e tamén cos coordinadores de dito programa, onde se falou da experiencia persoal de cada un dos participantes, así como da experiencia das asociacións e dos Concellos participantes, entre eles o noso.

 

Entre os asistentes participaron os beneficiarios dos programas que viñan mediante entidades sen ánimo de lucro, os que viñan mediante os Concellos e, tamén os beneficiarios de beca individual onde cada un deles comentou a súa experiencia.

Neste acto, presentado pola directora  xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, xunto con Rubén Urosa Sánchez, director do Instituto da Xuventude de España, falouse da importancia destes programas de emprego e da elevada inserción que se acada con estas mobilidades.

Polo Concello de Negreira participou Sonia Ponte Esturao, coordinadora de Galeuropa 2015 quen falou da importancia que teñen estas convocatorias para os rapaces inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, xa que a experiencia persoal é moi enriquecedora. Como novidade, este ano 2016  incrementase a idade de participación ata mozos/as de 30 anos co que supón unha vantaxe enorme para os que remataron os seus estudos, xa que antes a idade era un problema para poder participar.

Tamén asistiron a este acto os beneficiarios do programa Galeuropa do Concello de Negreira, onde explicaron as súas vivencias e que volverían a facelo sen ningunha dúbida.

powered by social2s