O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades deportivas e culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes (Casa da Cultura), en horario de mañá.
Para facer efectiva a matrícula en calquera actividade cultural ou deportiva, debes levar a cabo os seguintes pasos:
1.- Cubrir a folla de inscrición das actividades que che interesen:
1.1 -Vermella: actividades deportivas.
1.2-Marrón: actividades maiores como ximnasia, aerobic, pádel, ioga ou zumba.
1.3-Verde: actividades culturais.
2.- Entregar a folla de inscrición cuberta, na Delegación de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ao email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
3.- Pagar a cota de inscrición na conta bancaria do Concello de Negreira.
- ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (Abanca)
- ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (Sabadell)
4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.
5.- Prezo
Actividades normais
- 1 actividade: 60 €; 2 actividades: 52,50 €; 3 actividades: 45 €
En caso de ser familia directa (pais/fillos): Prezo 2 irmáns: 52,50 €, e 3 irmáns: 45 €
Ximnasia de mantemento
- 1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)
Ximnasia de maiores
- 1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)
6.- Tes que enviar copia do recibo ao email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou entregala de forma presencial en Cultura e Deportes.
7.- Para dúbidas podes chamar ó número: 981 885 886
8.- As clases comezan a partir do día 16 de outubro.
O Concello de Negreira e mailo Museo do Pobo Galego promoven este sábado, día 16 de setembro, un acto para conmemorar o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), sendo un dos seus fundadores no ano 1923 o intelectual, avogado e escritor negreirés, Xulián M. Magariños Negreira (1904-1934).
A continuación detallamos o programa do acto:
11:00 horas. Comezo do acto institucional no Salón de Plenos, na Casa do Concello (rúa do Carme, 3), coas seguintes intervencións:
- X. Amancio Liñares Giraut, coordinador do acto
- Concepción Losada, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego
- Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego
- Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira
12:30 horas. Visita teatralizada polos espazos relacionados con Xulián Magariños, a cargo da compañía Os Quinquilláns.
13:30 horas. Plantación dunha árbore na praza de Ferreiro.
15:00 horas. Xantar de confraternidade.
18:00 horas. Inauguración da mostra de fotografías sobre Xulián M. Magariños, na planta baixa do Centro Sociocultural.
18:30 horas. Actuación musical a cargo do dúo Minguante, no auditorio Afonso Eanes do Cotón.
Unha vez rematado o prazo de enmendas e reclamacións do programa “Negreira Concilia Madrugadores” e “Negreira Concilia Merendas”, e reunido o persoal do “Centro de Información ás Mulleres” aos efectos de dar cumprimento ao regulamento correspondente a dito programa, procédese a publicar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as.
Poden consultarse nos seguintes enlaces.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión ordinaria do Pleno municipal, o luns día 11 de setembro, a partir das 21:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:
Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno ordinario: do nº 138/2023 ao nº 258/2023, ambos inclusive.
Segundo.- Ratificación, se procede, do Decreto número 250/2023, de data 29 de agosto de 2023.
Terceiro.- Orzamento municipal 2023.
Cuarto.- 2ª Fase do POS + ADICIONAL 2/2023.
Quinto.- Rogos e preguntas.
Negreira acolle dende o venres 1 de setembro ata o domingo día 3 unha nova edición da Feira do Románico, con múltiples actos distribuídos na contorna do Pazo do Cotón.
A partir do xoves 31 de agosto a 1 da tarde, a Carreira de San Mauro quedará cortada ao tráfico por motivos de organización e haberá desvíos alternativos pola Abeanca, A Chancela e Vilachán de Abaixo. Así mesmo, tamén comezarán os traballos de decoración das rúas e do mercado.
As principais zonas da vila as que afecta a feira son a Carreira de San Mauro e a Rúa do Carme, onde se emprazaran as tendas de artesanía. Na Praza do Concello estará a zona infantil, e a contorna da Capela do Cotón resérvase para espectáculos e demostracións. A zona anexa ao IES Xulián Magariños será o emprazamento do Gran Torneo Medieval.
A celebración comezará o venres as 6 da tarde con actividades variadas, malabares, danzas medievais e para as 11 e media da noite a actuación musical de Tanto Nos Ten na Praza do Cotón.
O sábado ás 12 do mediodía será cando as autoridades locais inauguren de maneira oficial á Feira do Románico, xusto antes dos espectáculos e acrobacias de Circodido que estarán na Praza do Cotón á unha e cuarto. Pola tarde, as 8 e media, será o Combate Medieval entre Cabaleiros no campo da feira.
Pola noite, as 10 e media, actuación de batucada con Latexo Percusión, e logo o espectáculo de A Lenda das Meigas, as 11 e cuarto. Os fogos de artificio pecharán a xornada as 12 da noite.
O domingo a feira abre ás 11 coa música de Turdión. O ambiente medieval continuará ás 12 cun espectáculo de acrobacias, e 1 da tarde o Gran Combate Medieval na explanada do IES Xulián Magariños, espectáculo que voltará de novo as 8 da tarde. Para rematar, teatro a pé de rúa con Errantes que volven a Negreira cunha posta en escea que será a que despida os actos.
Página 1 de 248