O Concello de Negreira informa ca este xoves 21 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, vaise celebrar unha charla informativa para explicar a liña de axudas que concede a Xunta de Galicia para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito de rehabilitación integral (ARI), dos camiños de Santiago e, na que se atopa o noso concello.

 

As parroquias beneficiadas son: A Pena; Aro; Broño; Bugallido; Gonte; Landeira; Logrosa; Portor e Zas, no relativo a todos os seus nucleos, e Negreira vila, só no relativo ó trazado do Camiño de Fisterra e Muxía.

powered by social2s

O Concello de Negreira ten intención de solicitar unha vintena de mobilidades europeas a catro países, segundo a orientación das prácticas laboráis elexidas polos mozos e mozas de 16 a 29 anos que queiran participar no Programa de movilidade transnacional Galeuropa 2016 que consiste na realización de prácticas formativas non retribuidas en empresas e entidades públicas ou privadas nos seguintes países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, República Checa, Reino Unido, Romanía, Suecia e Turquía.

 

A intención é colaborar con empresas e organismos europeos, acceder a novas tecnoloxías, aumentar a competitividade dos mozos e mozas do noso concello, e coñecer novas culturas para os xóvenes.

Está aberto o prazo de inscripción para poder realizar unha estadía dun mínimo de 2 meses e un máximo de 4 sempre e cando se cumplan os seguintes requisitos:

- Ter máis de 16 anos e menos de 25 anos, e tamén menos de 30 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

- Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

- Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

- Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

 As estadías de2 meses deben compretarse antes do 20 de novembro e cos seguintes gastos cubertos:

- Gastos da viaxe ida e volta.

- Gastos de manutención e estancia.

- Gastos de desprazamentos urbanos no país escollido.

- Gastos para poder realizar un curso de idioma do país de referencia.

- Outros gastos excepcionais.

Para poder inscribirse, ou máis información, as persoas interesadas deben dirixirxe ó Servizo Local de Emprego, na primeira planta da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, e preguntar por Sonia Ponte ou Natalia Suárez.

powered by social2s

O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e mailo deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, asinaron hoxe un convenio polo que a Deputación da Coruña achega 144.623,74 euros para a realización do proxecto de mellora de infraestructuras públicas da obra de aglomerado en quente e formación da rede de saneamento de augas pluviais, na rúa Nelson Mandela e en Vilachán, así como aglomerado nun treito da rúa Rosalía de Castro. A achega da Deputación supón o 80% do total  de 180.779,67 €.

powered by social2s

O proxecto Apego, vén de ampliar horizontes. Impulsado pola Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL), nel, dende a firma do convenio de colaboración en marzo do 2015, participaban até o de agora os concellos de A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo.

 

Este sábado, no Centro Ágora de A Coruña, rubricouse a adhesión de once novos municipios: Ponteceso, Vimianzo, A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Rianxo, Ribadeo e Teo. Serán así 23 concellos e as actividades, cun amplo seguimento e éxito, chegarán a máis dun milleiro de habitantes.

O programa Apego está centrado na promoción e a transmisión da lingua galega aos máis pequenos. Na xornada do sábado actuaron Xabier Díaz e Guillerme Díaz, nun acto que contou coa asistencia do alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas, xunto coa técnica de Normalización Lingüística da Agrupación A Baña-Negreira, Carme Pereiro.

powered by social2s

Os Concellos de Negreira, Ames e Teo, presentan un total de nove equipos de estudantes, que cursan estudos de educación secundaria e bacharelato, á quinta edición do Club de Debate, cuxa fase clasificatoria de zona celébrase este venres 8 de abril, no Auditorio de Negreira.

 

 Esta iniciativa busca traballar na mocidade conceptos como a comunicación, a oratoria, a tolerancia e o pensamento crítico, ao tempo que fomenta o uso oral lingua en contextos formais e informais.

Galicia pode vivir do sector primario, vai selo tema sobre o que debaterán os equipos de escolares que participen este ano na fase clasificatoria de zona do Club de Debate. Oitenta estudantes de institutos dos tres concellos participan nesta fase que por vez primeira ten lugar no noso concello.

O Club de Debate é unha iniciativa impulsada dende os servizos de Normalización Lingüística municipais na que nesta edición participan once concellos: Ames, O Carballiño, Carballo, A Coruña, Ferrol, Narón, Negreira, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo. Leva xa cinco cursos organizándose de xeito cooperativo e coordinado entre varios concellos e cunha moi boa acollida dentro da comunidade escolar.

Antes da fase clasificatoria de zona do Club de Debate, realizouse  unha xornada formativa para todo o alumando participante que tivo lugar a finais do pasado mes de xaneiro, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Nela participaron todos os equipos anotados de Ames, Teo e Negreira.

Esta é unha das zonas con maior participación no certame, xa que se presentan 9 equipos, formados por un total de 80 estudantes e 7 profesoras e profesores. De Ames participan 6 equipos (1 do IES do Milladoiro e 5 do IES Plurilingüe de Ames, situado en Bertamiráns), 2 equipos do IES Xulián Magariños de Negreira e 1 equipo do IES de Cacheiras de Teo.

Xornada de formación práctica

A actividade desenvolvida en xaneiro centrouse en formar e preparar os equipos para o certame en técnicas de expresión oral e habilidades sociais e comunicativas. Tamén se deron a coñecer as normas, tempos, estrutura… da dinámica de funcionamento do certame, co obxectivo de favorecer a posta en situación por parte dos equipos participantes. A maiores diso, abordáronse técnicas de busca de información, preparación de argumentos e roles, posicionamentos a favor e en contra...

A xornada de rematou cunha simulación de debate por equipos. Nesa simulación, os equipos prepararon en pouco tempo e defenderon nun animado debate argumentos a favor e en contra sobre a idoneidade ou non dos deberes escolares.

Os dous equipos gañadores deste primeiro enfrontamento participarán, xunto cos gañadores das outras zonas, na fase final do Club de Debate, a cal terá lugar o vindeiro día 30 de abril, en Pontevedra. O tema da final galega será: En galego, hai un mundo de cousas boas.

powered by social2s