Portor.jpg

O Concello de Negreira informa que ante a recente posta en servizo da rede municipal de abastecemento de auga potable dende os depósitos municipais, cara a parroquia de Portor, faise saber que os veciños e veciñas dos lugares de Portor, Piñeiro, Rebordáns e Saleiróns, xa poden facer uso da mesma, para o cal deberán pasar polas oficinas do Servizo Municipal de Augas.

 

Dirección: Rúa de Castelao, nº 12, baixo.

 

Horario: Luns, martes, mércores e venres, de 9:00 a 14:00 horas, e os xoves de 9:00 a 10:30 horas.

 

Para calquera consulta, a veciñanza da parroquia de Portor pode poñerse en contacto co Servizo Municipal de Augas nos seguintes números de teléfono: 626 986 941, ou no 981 881 569.

conc_cont_violencia_07.png

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión dos premios do VII Concurso de relatos curtos e carteis gráficos “Loita contra a violencia de xénero ”, organizado polo Concello de Negreira a través do Centro de Información á Muller (CIM) co fin de sensibilizar á  poboación sobor desta lacra social.

 

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

1ª.Poderán participar tódalas persoas menores de 18 anos. 

                                                           

2ª.Os traballos presentados deberán ser entregados no Centro de Información á Muller no Concello de Negreira, nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da  persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.

 

3ª.O concurso constará de dúas modalidades: relato curto e cartel gráfico. A temática a que deben axustarse os traballos é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estructural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.

 

4ª.Os traballos presentaranse en galego ou castelán. No caso dos relatos terán como extensión máxima 5 folios (DIN-A4).

 

5ª.Tódolos traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos neste ou noutro concello. De non ser así, quedarán inmediatamente excluídos do concurso.

 

6ª.Os criterios de valoración para elixir ós traballos premiados serán os seguintes: contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.

 

7ª. O prazo para a presentación dos traballos é do 20 de outubro  ó 20  de novembro de 2017.

 

8ª.Os traballos orixinais quedarán en poder do CIM de Negreira que se reserva o dereito para a súa publicación, exposición, doazón ou calquera outro uso posterior, sempre sen ánimo de lucro.

 

9ª.Entre tódolos traballos recibidos un xurado independente seleccionará os gañadores de cada modalidade e concederá os seguintes agasallos :

                -Premio ó mellor relato curto: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

                -Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

 

10ª. A entrega de premios levárase a cabo o vindeiro 25 de Novembro ao remate da andaina: “Negreira camiña contra a violencia de xénero ”. A organización contactará previamente cos premiados por teléfono para que asistan ó  acto de entrega a recoller o seu agasallo en persoa. De non poder facelo, designará previamente a un sustituto que o fará no seu nome.

 

11ª.Os traballos gañadores poderán divulgarse a través dos medios de comunicación locais.

 

12ª.As persoas participantes serán as únicas responsables do contido respetando as esixencias legais de dereitos, de autoría ou plaxio, segundo as leis vixentes.

 

13ª.Tódolos participantes están obrigados a cumprir estas bases. Calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas, será resolta polo xurado e as súas decisións serán inapelables. 

Oferta asesoria

Ofértase posto de empregado/a de asesoría - xestoría con titulación universitaria en Dereito, ADE ou Relacións Laborais e inscrito no SPEG. As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira acompañados/as dun CV.

recogida de alimentos2.jpg

A Asociación de Mulleres Rurais da parroquia de Alvite, en colaboración co departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Negreira, comeza o día 1 de novembro, unha nova campaña de recollida de alimentos, de cara ás festas do Nadal, e para aquela xente do noso concello que precise de axuda.

 

A campaña solidaria vaise prolongar ata o día 17 de decembro, e os alimentos deberán ser non perecedeiros, dígase legumes, fariña, leite, pastas, conservas ou turróns. Ademáis, tamén recolleránse produtos de hixiene.

 

Os puntos de recollida son os seguintes:

Casa do panadeiro (Pesadoira)

Casa de Herminio (Pesadoira)

Casa de Vieites (Pesadoira)

Casa de Flora (Pesadoira)

Casa de Xan (San Tomé)

carreira261017_1.jpg

A trixésimo oitava edición da Carreira Popular de Negreira, a celebrarse o domingo 12 de novembro, a partir das dez da mañá, tivo na súa presentación, unha especial atención ás novidades que presenta, entre elas, un circuíto por primeira vez homologado pola Federación Española de Atletismo, e a inclusión, da proba de 5 quilómetros -unha volta ao circuíto-, pensando nos atletas populares aos que un 10.000 póidaselles facer moi duro, e incluíndo ás categorías cadete e xuvenil, tal e como avanzou Marcos Pérez, director da proba.

 

Na presentación da 38ª Carreira Popular participou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen incidiu na importancia da Clásica de Negreira en que «é unha proba que se encadra non só entre as mellores de Galicia, senón tamén entre as mellores do noroeste de España», que dixo, sabe combinar a participación dos grandes atletas coa dos populares. E subliñaba o «guiño» que sempre tivo cara ás carreiras escolares «onde podemos ver a algúns dos futuros integrantes dá selección galega ou a española», sinalou Isidoro Hornillos.

 

Ezequiel Mosquera, director-xerente de Emesports, a empresa encargada da cronometraxe e equipamento da proba, fixo fincapé en que A Clásica «está entre as mellores populares de Galicia por méritos propios, máxime tendo en conta que é unha vila pequena, pero que ten un carreirón», xunto ao feito de que sexa o único 10.000 de Galicia incluido no circuito nacional.

 

carreira261017_2.jpg

 

Pola súa banda, Jorge Tuñas Caamaño, concelleiro do goberno municipal, subliñou que os cambios introducidos «buscan darlle unha maior excelencia e calidade á proba, sobre todo co cinco mil para aqueles corredores populares que o dez mil quizáis se lle fagan moi duros», ao tempo que convidaba á veciñanza a sumarse a esta gran festa do deporte na rúa que conta cunha importante oferta no que ás categorías escolares refírese, se ben puso de manifesto a ampla oferta de servizos ofertados: caixóns de saída por marcas; tres globos ou lebres; servizo de cronometraxe por chip; bolsa do corredor que inclúe unha camiseta técnica, bolsa de poliéster, bebida, barrita enerxética e un batido; servizos de fisioterapia, gardarroupa, gardeiría, e de fotografía profesional,  ou o transporte ata a Piscina Climatizada de Pedra Mámoa para ducharse os participantes, e mesmo dous avituallamentos líquido e sólido.

 

As inscricións poden formalizarse ata o mércores día 8 de novembro a través da web concellodenegreira.gal. Ata o 31 de outubro ten un desconto de tres euros para os participantes das categorías adultas, pois desde o día 1 do mes entrante custará 10 euros.

 

A Clásica mantén os seus premios en metálico de 900; 550; 300; 200; 100 e 75 euros, para os seis primeiros clasificados (masculino e feminino), así como trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, na proba raiña de 10.000 metros. Para os atletas locais, haberá premios de 100; 50 e 40 euros, respetivamente, aos tres primeiros clasificados. Os tres mellores equipos federados optan aos seguintes premios: 400; 200 e 100 euros. Asemesmo, haberá un premio de 400 euros en material para o centro escolar máis numeroso. 

brandariz261017.jpg

Pedro Brandariz, que leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai, é un dos grandes contadores de historias do país. Vai selo encargado de pechar este venres 27 ás 21:30 horas, o quinto Ciclo de monólogos, para cuxa función pódense retirar as entradas na Delegación de Cultura (polas mañás), ou ben na billeteira do Centro Sociocultural, dende media hora antes da función.

 

Detrás da dilatada traxectoria de Pedro Brandariz, hai unha ampla formación teatral. Brandariz procede do mundo do clown, aínda que tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil.

 

 

Actualmente, forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, DINAMOteatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos. Deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos, as cales contaron habitualmente con Brandariz nas súas montaxes.

 

E moi coñecido tamén polo súa aparición no programa “Luar”, da TVG onde xunto o seu compañeiro Fran Rei, formaron un dúo cómico durante varios anos en pantalla.

 

A familia

 

A Familia! Esa cousa. No monólogo deste venres en Negreira analízase, dende unha perspectiva irónica, as relacións familiares que se dan entre fillos e fillas, nais e pais, avós e avoas, entre irmáns, cos curmáns, coa tía aquela que nin o seu nome lembramos... Todo un nobelo inmenso que vai desenfiando Brandariz co seu característico ollo clínico de gran monologuista.

voluntarios271017.jpg

O Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira súmase por segundo ano consecutivo, á campaña da oenegué Elfos y calcetines, para que ningún neno e nena quede sen o seu agasallo nas festas do Nadal.

 

As persoas que queiran sumarse á campaña recibirán no mes de decembro, unha carta dun neno ou nena, na que pedirá varios agasallos, dos que as persoas que se sumen a esta iniciativa poderán mercar só un, por un valor inferior a 30 euros.

 

A campaña foi presentada en Radio Negreira 107.0 FM polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, xunto coa coordenadora da mesma, Mertxe Álvarez, e maila coordenadora do Voluntariado, Laura Platas, agardando que a veciñanza de Negreira súmese á campaña por un Nadal sen diferencias.

 

Infórmate en: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Mertxe).

convive311017.jpg

O departamento municipal de Servizos Sociais vai colaborar no desenvolvemento do programa Convive.comigo, un proxecto piloto que se vai desenvolver na provincia da Coruña, a cargo da asociación Arela, e que parte dun contexto que é o do ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado, para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo con persoa e/ou familia. 

 

 

Ata o momento, non hai persoas ou familias coas que un/unha adolescente permaneza durante o cumprimento desta medida, polo que ou ben se están a cumprir en centros de protección de menores ou ben se está a escoller outro tipo de medida xudicial.

 

A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno de socialización positiva no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asinaríase un contrato e dende a Xunta financiarase coa cantidade de 40 euros por cada día de convivencia.

 

As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumplimento da medida xudicial.

 

Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas.

 

Máis información sobre o programa Convive.comigo na web: www.arela.org, ou no número de teléfono: 981 572 204.

xuntos_polo_nadal_2017_GAL.jpg

O departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Negreira informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

 

Prazas e destinos

 

Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:

•       120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.

•       120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.

 

Datas e servizos

 

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:

•       Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).

•       Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.

•       Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.

•       Actividades de animación sociocultural.

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

 

Persoas beneficiarias

 

a) Ter  60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado nalgún concello galego.

c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.

d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.

 Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

•       Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.

•       Teñan máis idade

•       Teñan un menor nivel de ingresos económicos.

•       Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

 

Solicitudes

 

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.

O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou Centros Sociocomunitarios de Benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Prezo da praza

 

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, se é o caso, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude no caso de solicitar a devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa unha vez iniciado o mesmo, ou non se atopan nos supostos anteriores.

Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique e viceversa serán por conta da persoa participante.

 

Documentación

 

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

•       DNI ou pasaporte en vigor.

•       Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.

•       Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.

•       Roupa cómoda.

 

Para mas información poden consultar a páxina web da Consellería de Política Social http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores, ou dirixirse a:

•       Teléfono Social: 900 333 666 (gratuíto).

•       Os Servizos Sociais comunitarios dos concellos e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.

servizoscarreira.jpg

Na medianoite do mércores 8 de novembro péchanse as inscricións para A Clásica de 10.000 metros de Negreira que se celebra este domingo, pero que este ano conta cunha carreira de cinco quilómetros que tamén engloba a cadetes e xuvenís, e que supera os 300 corredores inscritos. No total das dúas probas absolutas e as tres escolares, a Carreira Popular de Negreira xa supera os 1.300 inscritos, aínda que a organización confía en superar os rexistros de edicións anteriores ao contar por primeira vez cun circuíto homologado para a mellora de tempos.

 

A proba raiña de 10.000 metros é toda unha referencia en Galicia pola presenza de atletas africanos, pero a vistosidade da proba céntrase nos atletas populares e a loita por equipos con premios en metálico en xogo. Destaca á súa vez, a alta participación na terceira carreira, a de infantís, alevíns e benxamíns, con máis de 420 inscritos.

 

Todos os corredores recibirán a súa bolsa de corredor cunha camiseta técnica, un batido, un pastel e unha bebida, aínda que A Clásica ofrece moitos máis servizos aos corredores/as:

1 - Dorsais de saída por marcas

2 - Tres globos ou lebres (40´- 45´ e 50´), na 10K

3 - Cronometraxe por chip (Emesports)

5 - Fotografía profesional (Facebook e Twitter oficiais)

6 - Servizo de gardaroupa

7 - Servizo de gardeiría

8 - Servizo de duchas (Piscina Climatizada en bús)

9 - Avituallamentos (qms 5 e 8 e na liña de meta)

10 - Avituallamento en meta (bolsa do corredor, froita e auga)

11 - Quilómetrosmarcados

12 - Carreiras 5K e 10K con distancias homolagadas)

Máis información:  https://carreirapopulardenegreira17.blogspot.com.es/

Vídeo percorrido: PLAY