piscina020617.jpg

O Concello de Negreira informa que o xoves 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

 

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, dende o luns día 5 de xuño, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 1 de xullo ó 30 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 5 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes.

 

Grupo 1: do 3 ó 31 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Grupo 2: do 1 ó 30 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

Natación para bebés: do 1 de xullo ó 30 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 31 de agosto para o Grupo 2. O venres 25 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchanbles, a partir das 16:00 horas.

teatro2020617.jpg

O alumnado da Escola Municipal de Teatro bota este sábado 3 de xuño o peche ao Ciclo de Teatro 2017 do Concello de Negreira con catro obras escritas e dirixidas por Sandra Lesta, a partir das 18:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

·Alumnos de 4 a 6 anos coa obra: ¨Oh non! a carteira!¨

·Alumnos da Fundación de Discapacitados coa obra: ¨A tenda onde nunca pasa nada¨

·Alumnos de 7 a 12 anos coa obra: ¨Historias para non durmirse no camiño¨

·Alumnos de 12 a 16 anos coa obra: ¨Zona fora de conflicto¨

ruta tapas 2017.jpg

Hoxe comeza a primeira das catro xornadas da sétima Ruta dás tapas de Negreira, ca durante dúas fins de semana, convida a veciños e visitantes a achegarse ata a nosa vila para disfrutar das mellores e máis ricas tapas que poden degustarse en nove establecementos da hostalaría de Negreira.

 

Os venres 2 e 9, así como os sábados 3 e 10 de xuño, a Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), celebra a súa sétima Ruta dás tapas nos seguintes establecementos: Casa Barqueiro; D´Tapas; cervexería A Vila; bar Fontana; bar Imperial; taberna O Seixo; The London Tavern; O Cotón e bar Oriel.

 

Os participantes poden recoller nos establecementos participantes os seus pasaportes para valorar as distintas tapas, e de onde sairán as gañadoras. Cubrindo o pasaporte que logo débese entregar nos locais, o público entrará nun sorteo de agasallos.

sanxoan.jpg

O Concello de Negreira informa que co gallo da celebración da Festa de San Xoán, a noite do venres día 23 de xuño, todos aqueles particulares, grupos e asociacións de veciños que desexen realizar unha fogueira, é necesario que dispoñan dunha autorización municipal para realizar devanditos lumes, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante a noite máxica do San Xoán.

 

O Concello informa a tódolos interesados que deberáse recoller e formalizar as solicitudes, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (pranta baixa). Devandito prazo de rexistro de solicitudes remata o mércores día 21 de xuño.

respira.jpg

Durante os meses de xullo e de agosto, vánse levar a cabo os campamentos urbáns Respira, unha proposta que chega da man do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), do Concello de Negreira, a celebrarse nas instalacións do CEIP do Coto, como en anos anteriores.

 

Trátase dunha actividade de conciliación aberta ás familias de Negreira, onde poden quedar os pequenos/as dende as 8:45 ata as 14:15 horas, de luns a venres, e sendo atendidos por persoal especializado que lles organiza diversas actividades como manualidades, obradoiros de pintura, actividades deportivas, saídas polos arredores e saídas á piscina.

 

Custo da praza mensual: 100 euros.

Prazas en xullo: 30

Prazas en agosto: 15

Inscricións no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3. 

notesenvela2017.jpg

Os Concellos de Negreira e Ames suman unha vez máis esforzos na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Pontemaceira, formada polo río Tambre ao seu paso por este encrave turístico e paso dos peregrinos polo Camiño de Fisterra antes da súa chegada á vila de Negreira, fin da primeira etapa dende Compostela.

 

Por este motivo, o venres 16 de xuño, ás 21:30 horas, vai ter lugar a primeira das citas do presente verán do programa ¨Noites en vela¨, co concerto que ofrecerán, o grupo amesán A Requinta da Maía e mailas pandereteiras As Tanxugueiras, instalándose un escenario sobre os penedos naturais da zona de Ames.

muiñeira090617.jpg

A Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón e, mailo Concello de Negreira, convidan a participar no XXV Día da Muiñeira e mailo XXI Concurso Folclórico, a celebrarse este sábado 10 de xuño, dende as seis da tarde na praza do Concello. A xornada suporá tamén, a clausura do Obradoiro de Danza tradicional, e do Obradoiro de Pandeireta e canto tradicional.

 

A organización conta coa participación 25 grupos dunha total de once agrupacións folclóricas chegadas de diferentes puntos da provincia, no 25 aniversario da creación do Día da Muiñeira, onde a muiñeira a bailar será a muiñeira ¨Redonda¨, adaptada en catro puntos e cinco voltas, e bailarase en tres veces con breves descansos.

 

Os grupos participantes concentraranse ás 17:00 horas no Campo dá Feira, dende onde sairá o desfile ás cinco e media da tarde, o cal percorrerá a Carreira de San Mauro, a rúa do Carme e o Camiño Vello para facer entrada á praza do Concello. Ao remate daráselle aos 300 participantes un refresco e un bocadillo, e farase entrega dun  obsequio a tódalas agrupacións participantes.

 

Ao remate do XXV Día da Muiñeira farase o XXI Concurso Folclórico, onde cada agrupación poderá participar presentando a peza que libremente escolla, cun máximo de 5 minutos no escenario. Establécense os seguintes premios:

 

1º 400 euros e trofeo

2º 250 euros e trofeo

3º 100 euros e trofeo

muiñeira07 portada.jpg

Negreira celebrou o 25 aniversario do seu Día da Muiñeira por todo o alto, cunha ducia de agrupacións folclóricas participantes chegadas de toda a provincia, en total preto dos 300 participantes. Tralo desfile polas principais rúas da vila, ás seis da tarde facían a súa entrada nunha praza do Concello onde cotizouse a sombra, polo forte calor da xornada.

 

Bailouse tres veces a muiñeira Redonda, alternándose coas actuacións do grupo de baile Veiga do Cotón, e do Obradoiro de danza tradicional de Negreira, xunto coas pandereteiras da Escola Municipal, no que foi a clausura da tempada de devanditas escolas municipais, de baile, dirixida por Manuel Figueira, e de pandeireta, por Sonia Nieto.

 

muiñeira07 interior.jpg

 

Rematouse coa entrega de agasallos ás asociacións participantes:

Asociación Cultural e Folclórica Terra de Ames

Asociación Cultural Terra de Sena, de Cee

Escola Municipal de Baile de Brión

Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón

Asociación Cultural O Hórreo, de Mazaricos

Asociación Xuvenil Xilbarbeira, de Boiro

Asociación Nosa Señora do Carme, de Fisterra

Escola Municipal de Baile Tradicional de Betanzos

Asociación Folclórica Xirandaina, de Santiago

Escola de Danza Breogán, da Asociación Cultural de Brens, de Cee.

 

muiñeira07 interior 2.JPG

 

Concurso Folclórico

 

Finalmente, celebrouse o concurso folclórico onde o primeiro premio foi para o grupo de Xilbarbeira (400 euros e trofeo), con Punteada de Limiñoa; seguido do grupo de Xirandaina, bailando Entroido de Arcos (250 e trofeo), e en terceiro lugar, o grupo Fouliada de Mazaricos, con Xota de San Román, con premio de cen euros e trofeo, e que lles foron entregados polas concelleiras de Cultura, Flora Grille Novío, e de Educación, María Jesús Veiga Hortas, respectivamente.

 

muiñeira concurso.JPG

escudos130617.jpg

Negreira acollerá este sábado 17 de xuño, os actos de irmandamento coas localidades portuguesas de Marihna Grande e Serzedo, correspondéndolle ó Concello de Negreira selo organizador neste 2017.

 

A xornada comezará coa recepción aos participantes por parte da Corporación Municipal, ás 10:30 horas, na Casa do Concello, seguido do acto oficial no Auditorio do Centro Sociocultural. E dende as 12:00 vaise desenvolver no Campo Jesús García Calvo, o Torneo Ibérico de Veteranos, cun triangular entre os equipos do Marinha Grande, o Serzedo e mailos Superveteranos do Negreira.

 

A partir das tres da tarde desenvolverase un xantar de confraternidade, baixo unha carpa instalada na Área recreativa de Cobas, a carón do río Barcala, e que incluirá actuacións musicais e de baile, a partir das seis da tarde. 

concello140617.jpg

Debido á entrada en vigor do horario de verán, dende este xoves 15 de xuño, as dependencias municipais da Casa do Concello axustaranse ao horario de verán, de 8:00 a 14:00 horas, de luns a venres, inclusive o día 15 de setembro.

 

Infórmase que o horario de atención ó público nas dependencias municipais da Casa do Concello é o establecido entre as 8:00 e as 14:00 horas, entre o 15 de xuño e mailo 15 de setembro de 2017.