redecultural.jpg

O alcalde do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, asinou este luns na sé da Deputación da Coruña, o convenio para o financiamento da Rede Cultural 2017 que comprende 16 actuacións no presente ano no noso concello, e un orzamento total de 48.697 euros, dos que 29.218 euros son aportados pola Deputación da Coruña.

 

No acto participaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e maila vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín.

 

Case tres millóns de euros move este ano a Rede Cultural, dos que 2.261.234 irán destinados á programación dos concellos da provincia.  A esta cantidade aínda haberá que sumar o que a Deputación destina ás solicitudes das entidades sen ánimo de lucro, que ascenderá a 457.724 euros.

 

Valentín González Formoso salientou que por primeira vez aceptáronse tódalas solicitudes presentadas polos concellos da provincia.

foto3-180517.jpg

A Banda Ateneo de Negreira e maila Escola de pandeireta e baile do Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, de Compostela, presentan un espectáculo conxunto este domingo 21 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de Negreira, conmemorando a semana das Letras Galegas promovida polo Concello de Negreira.

 

A irmandade entre as dúas agrupacións pretende reivindicar a riqueza da música tradicional galega, así como a pervivencia da nosa lírica popular a través dos cantos e cantigas. O repertorio escollido inclúe tanto pezas de composición coma pezas de recollidas polo Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, nas zonas de Avión, Mangüeiro, Cervantes ou Gargamala, entre os anos 1990-2000.

 

foto1-180517.jpg

 

As pezas foron arranxadas para a banda por Raúl Martín Niñerola, director da Banda Ateneo. Alén das pandereteiras da escola de Ultreia interpretaren vocalmente os cantos, xotas e muñeiras destas zonas, os bailadores ilustrarán ao público asistente coa execución dalgúns dos bailes máis representativos.

 

foto2-180517.jpg

catastro190517.jpg

O Concello de Negreira decidiu ampliar unha semana máis, os servizos de atención á veciñanza no Punto de información catastral instalado na Casa da Cultura (Aula de informática). Os días en que prestarase atención ó público van selos seguintes: Martes 23; xoves 25 e venres 26 de maio, de 9 a 14 horas, e de 16 a 18 horas.

Portada.JPG

O duodécimo certame de pintura ¨Negreira en cor¨, promovido polo Concello de Negreira, e co patrocinio da Fundación Feiraco, foron entregados este venres durante o acto de clausura das actividades da Escola de Pintura e Gravado, en que entregáronse os diplomas aos preto de setenta participantes. Neste acto participaron a primeira tenente de alcalde, María Jesús Veiga Hortas e mailo concelleiro, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Na modalidade de 13 a 18 anos do Certame de pintura ¨Negreira en cor¨, o xurado elixiu as seguintes obras:

 

1º) A mirada da guerra, de Pedro Gronzo Aniceto (Brión). Agasallo dunha consola 3DS.

2º) Tiroriro, de Julián Rey Temes (Negreira). Agasallo dun equipo de son.

3º) A dama, de Rosalía Rey Couso (Santiago). Agasallo dun MP5.

 

premiados200517.JPG

 

Na modalidade de 6 a 12 anos do Certame de pintura ¨Negreira en cor¨, o xurado elixiu as seguintes obras:

1º) 3 peixes de estanque, de Laura Rodríguez Capeáns (Negreira). Agasallo dunha consola 3DS.

2º) Pavo real, de Andrea Rial Canosa (Ponte do Porto). Agasallo dun equipo de son.

3º) O gato arcoíris, de Lidia García Cerviño (Negreira). Agasallo dun MP5.

 

premiados200517 2.JPG

fotos230517.jpg

Tanto a Presidencia do Goberno de España coma a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), convidan hoxe  a gardar un minuto de silencio, ás 12.00 horas, ás portas de tódalas Dependencias Oficiais, en manifestación de duelo polo atentado ocorrido en Manchester na noite de onte, e como mostra da repulsa dos españois á violencia de calquera clase.

 

A violencia contra os cidadáns non ten xamais unha xustificación, e moito menos cando se trata de persoas tan novas. Na nosa sociedade non teñen cabida estes actos nin ningún outro que conleve manifestacións violentas, actos execrables e condenables contra os que debemos loitar, tamén desde os Gobernos Locais, porque atentan directamente contra a nosa xente, contra o corazón das nosas cidades e os nosos pobos, segundo o comunicado remitido ao Concello de Negreira pola Federación Española de Municipios e Provincias.

campamentos dipu3.jpg

Trescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña, entre eles Negreira, participarán este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, cuxo prazo de inscrición está aberto até o vindeiro 17 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura.

 

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, do 19 ao 25 de agosto e do 26 de agosto ao 1 de setembro. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

 

campamentos dipu1.jpg

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

                                           

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.

 

campamentos dipu 2.jpg

 

Os rapaces/as de Negreira participarán na 2ª quenda, do 26 de agosto ao 1 de setembro, xunto cos de Ames, A Baña, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Dodro, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía,  Noia, Outes, Padrón, A Pobra, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas.

 

Máis información en: www.dacoruna.gal/deportes

imserso2-240517.jpg

Abriuse a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo Social do Imserso 2017-2018: do 9 de maio ao 7 de xuño de 2017 no departamento de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello.

 

Consulta toda a información no seguinte enlace.

 

    

ruthcundins.jpg

Este domingo 28 de maio, a partir das sete da tarde, na pranta baixa do Centro Sociocultural, vaise clausurar a presente tempada do baile dos maiores coa actuación da cantante Ruth Cundíns, representante de Terras de Compostela no concurso Recantos do programa Luar, da Televisión de Galicia. 

Cartel Intermunicipal Futbol Sala Ordes 2017.jpg

Este sábado 27 de maio celébrase no concello de Ordes, a viséxima edición do Torneo Intermunicipal de campións das Ligas de Fútbol Sala de dez concellos do interior da provincia de A Coruña, entre eles, o de Negreira.

 

Os encontros sucederanse ao longo de toda a xornada, dando comezo ás nove da mañá, e estando prevista a gran final para as sete e media da tarde. O equipo de Madeiras Jesús Gómez, campión da fase regular da Liga de Negreira, será o noso representante, medíndose ás 11.30 no pavillón Castelao 2 contra o representante do Concello de Santa Comba, e ás 13.10 horas, diante do campión do Concello de Touro, no pavillón Castelao 1.

 

Dividida a competición en tres grupos, o campión de Negreira forma parte grupo B con Santa Comba e Touro. Os gañadores de cada grupo e o mellor segundo, disputarán as semifinais, ás 17 e 18 horas, respeitivamente.

 

Desexándolle toda a sorte e ánimo ao conxunto do Madeiras Jesús Gómez, quen gañou os 18 partidos da Liga, lembramos que dende o vindeiro luns vánse disputar no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, os sempre emocionantes Playoff polo título de Liga entre os oito mellores clasificados da fase regular comezando polos cuartos de final e seguindo polas semifinais (luns 5 de xuño) e a gran final que terá lugar o mércores 7 de xuño.