fibra-optica-neutra-negreira.png


A fibra óptica neutral galega chega a Negreira no mes de febreiro con importantes vantaxes para usuari@s de datos e telefonía, grazas ao despregamento dunha rede ultrarrápida de fibra óptica. Segundo adiantou a empresa promotora deste proxecto, Rede Aberta, nunha primeira fase a rede estáse despregando na vila e xa chega nestes momentos ó 50% do núcleo urbano, para en fases posteriores continuar polo rural.


Rede Aberta é un proveedor de solucións e un operador neutro de telecomunicacións galego, cunha rede aberta a todos os operadores que ofrece tecnoloxía punta e servizo de alta calidade. O seu director xeral, Pere Antentas, aludía ás vantaxes desta rede durante a presentación na Casa do Concello en canto a que dixo: “hai ventajas muy claras, ya que hai operadores pequeños que antes no tenían entrada, sobre todo autónomos, que pueden utilizar sus servicios con nuestra red.

Qué beneficios ofrece? Pues da oportunidades de negocio en concellos donde haya una persona que tenga dotes comerciales y otra que tenga dotes de informático, porque está red neutra va equipada con electrónica con lo que no tienes que ser un ingeniero de telecomunicaciones o un ingeniero informático para ser operador de telecomunicaciones”, afirmou Pere Antentas.


Tamén ofreceuse a buscar solucións para aquelas aldeas que teñan máis dificultades para o acceso a Internet, e lembrou que existe unha liña de subvencións da Amtega precisamente para facilitar o acceso ás novas redes ultrarrápidas para profesionais como explotacións gandeiras, aloxamentos ou empresas no rural.


fibra-optica-neutra-negreira-FOTO2.png

 

E ao mesmo tempo que Rede Aberta traballa no despregamento na vila de Negreira, para o cal sinalou Tania Fraga Cores, coordinadora do proxecto, agardan empezar a dar servizo a mediados de febreiro; tamén están continuando cara A Baña para despregar fibra óptica polos lugares que atravesan, ata chegar a Santa Comba.


Pola súa banda, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, congratulábase deste proxecto e sinalou “é vital de necesidade para moitos negocios e particulares, pois tíñamos unha necesidade imperiosa de contar con este servizo fundamental”, ao tempo que agradeceu o rápido despregue realizado por Rede Aberta.


Podes obter maior información do servizo en: www.redeaberta.gal ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número de teléfono: 881 505 114.

Imaxe.jpg

O Concello de Negreira organiza unha festa de Entroido segura ao aire libre, despois de que a Consellería de Sanidade publicara o protocolo para os eventos festivos nestas datas tan sinaladas en Galicia, autorizando a celebración de desfiles. 

 

O tradicional desfile de carrozas e comparsas do sábado de Entroido e, o concurso infantil de disfraces do luns de Entroido, serán os dous actos principais para recuperar unha das nosas celebracións con maior arraigo e referencia na provincia de A Coruña e en Galicia.  

 

O sábado, día 26 de febreiro, as actividades comezarán ás 16:00 horas coa concentración dos participantes no Campo da Feira. E ás 17:00 horas, comezará o desfile a través da Carreira de San Mauro. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de premios coa presenza dos humoristas: Tonhito de Poi e Alberto Piñeiro, así como a actuación dun dúo musical na praza do Concello.

 

CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS

 

CARROZAS              COMPARSAS           IND./PARELLAS                  GRUPOS
  1º  1.000 €                1º  1000 €                   1º    100 €                               1º  200 €
  2º     500 €                2º    500 €                   2º     80 €                                2º  150 €
  3º     200 €                3º    200 €                   3º    50 €                                 3º  100 €
  4º     100 €                4º    100 €   

 1º accésit 60 €      1º accésit 60 €        

2º accésit 60 €      2º accésit 60 €        


- Premio simpatía “JUAN VARELA AREOSO”:  60 €

- O concurso de disfraces infantil contará con dúas categorías, nenos/as de 1 a 6 anos e, nenos/as de 7 a 16 anos.


PREMIOS

GRUPO A (1 a 6 anos)

1º  Cheque regalo (valor 150 €).

2º  Lote Xogos Didácticos. 

3º  Lote libro.

GRUPO B (7 a 16 anos)

1º  Cheque regalo (valor 150 €).

2º  Tablet. 

3º  Reloxo intelixente.

DSC_0309.JPG

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, que poderán optar a unha subvención de ata 25.000 euros por inmoble.

 

Este programa de incentivos beneficia á veciñanza dos 126 concellos que se integran nunha das nove rutas desta área supramunicipal e, está dotado dun orzamento de 725.722 euros.
As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.

 

O prazo vai a estar aberto ata o día 30 de setembro.

 

Consulta as bases e formularios da solicitude:
https://www.xunta.gal/.../AnuncioC3Q2-231221-0001_gl.html 

DSC_1426.JPG

A Corporación Municipal de Negreira celebra sesión que terá lugar, con carácter extraordinario o próximo mércores, día 9 de febreiro de 2022 ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

1º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2022”

 

2º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario”.

Concello2

Debido a queixas veciñais constantes sobre o estado de sucidade e abandono que presentan os contedores de cartón e plásticos, lembrámoslle a nosa veciñanza que contamos cun servizo de recollida semanal que se realiza todos os martes.

 

É importante ter en conta os seguintes puntos para o bo funcionamento do servizo e a convivencia entre os nosos veciños/as:


• Intentar, na medida do posible, depositar os residuos dentro dos contedores. Para isto, deben ser dobrados correctamente os cartóns e depositados individualmente os residuos de plástico. Procurar non deixar caixas enteiras, ou bolsas sobre ditos recipientes.

 

• Soamente se están cheos, deixaranse depositados nun lado dos mesmos. Polo ben da convivencia e o respecto, aquelas persoas que teñan un elevado volume de cartóns ou plásticos, deberán depositalos o mesmo día da recollida, ou ben, o día anterior, pero nunca antes nin durante a fin de semana. Recordamos que en días de choiva, ou de eventos e outros actos, fan que a imaxe de todos os residuos depositados incorrectamente sexa nefasta para o noso pobo e a nosa economía.

 

• No caso de ter que tirar outro tipo de voluminosos, temos un servizo mensual de recollida dos mesmos chamando previamente ó número 981 885 250, ou acudindo persoalmente ó Punto Limpo, sito no Polígono (664 042 601), co seguinte horario:

 

Luns a xoves: 10:00 a 14:00 horas
Venres: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Sábados: 10:00 a 14:00

 

DSC_1426.JPG

A Corporación Municipal de Negreira aprobou cos sete votos a favor do grupo de goberno (PSdG-PSOE), e maila abstención dos seis concelleiros do Partido Popular; o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2022.


O goberno municipal reserva unha contía de 253.027,49 euros destinada a gasto corrente. Dentro da achega provincial de 2021 se inclúe os seguintes proxectos: Mellora dos accesos ás igrexas de Gonte e Xallas, e un vial en Campos, por 63.754,43 euros, e maila humanización do adro da igrexa de Liñaio, por 82.848 euros, e que fan un total de 146.602 euros de investimentos.

 

Dentro do Plan Complementario 2022 inclúense os seguintes proxectos por un montante de 652.704,02 euros:


• Aglomerado de vía municipal dende a DP-5602 en Vilaserío á DP-5604 en Pesadoira, por 94.612 euros.

• Pavimentación e recollida de pluviais na avenida Xulián Magariños e en Campos, por 130.735 euros.

• Asfaltados de vías municipais en: Porqueira; Maio Grande-Liñaio; Rons-Pedralonga; Fontemirón-Portor; Quintenla-Vilaserío; a Igrexa de Campolongo, e Vilar de Arriba. En total: 156.743 euros.

• Aglomerado de vía municipal dende A Chancela ata A Barquiña (AC-447), por importe de 173.509 euros.

• Reurbanización do camiño do Cancelo a Cobas, por 97.102 euros.


Por último, aprobouse por unanimidade da Corporación, o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ADICIONAL 1/2022 Gasto social extraordinario, por un montante de 88.559 euros para a ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social ou vítimas da violencia de xénero. Tamén se destinan fondos a ampliar o servizo de axuda no fogar.

Imaxe.jpeg

As Escolas Deportivas Municipais volven a coller certa normalidade co inicio das competicións deportivas comarcais, neste caso coa "Liga Exprés" de Futbol Sala, que comeza este venres 11 de febreiro coa disputa da 2ª xornada, debido ao aprazamento da primeira. O pavillón municipal de Pedra Mámoa alberga tres partidos dende as 16:30 horas.

 

Negreira conta este 2022 con cinco equipos dende a categoría Prebenxamín ata a Alevín. E para esta primeira xornada serán "Os Miúdos" de Muros, o rival do equipo Negreira A.

 

Por outra banda, o equipo de baloncesto do Concello de Negreira está a disputar a Liga de Minibasket Zonal Masculina, tralo acordo co Club Baloncesto Brión. Froito deste acordo creáronse dous equipos, un de Minibasket (Sub-12) e outro de Babybasket (Sub-8), que agardan seguir medrando para fortalecer o baloncesto no noso concello.

 

De cara a primavera, tamén agardamos poder levar a cabo outras iniciativas deportivas como a Gala de Ximnasia Rítmica, torneos de xadrez, miniligas de pádel, ou competicións de tenis.

 

#NegreiraÉDeporte

DSC_1576.JPG

O Concello de Negreira conta cun novo vehículo policial todoterreo híbrido enchufable e co distintivo medioambiental ECO. Trátase dun modelo Mitsubishi Eclipse trala súa adquisición con fondos municipais por un importe de 39.364,58 euros, a través dun proceso de contratación pública.

 

O novo vehículo foi entregado hoxe polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado pola primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal, e os concelleiros Teresa Duro Leis e Adolfo Manuel Barbosa Pérez; cando aos catro axentes adscritos ó servizo da Policía Local de Negreira. O novo vehículo tipo SUV que vén a suplir ao actual vehículo en aluguer, “era unha necesidade que tiña o Concello para o correcto desempeño das funcións diarias dos axentes”, segundo salientou o alcalde.

 

Foto-2.JPG

 

As súas funcións serán as propias que desempeña o corpo policial coma protexer ás autoridades locais, ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito das súas competencias dentro do territorio municipal.

3W1A3624.jpg

Décima edición dun evento que reúne ao mellor do deporte negreirés a quen o concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, Iván Guardado Porto deu a benvida: “Temos a oportunidade de recuperar o recoñecemento ao traballo dos nosos deportistas e clubes para poner en valor todo o esforzo que realizan”, salientou o responsable da área deportiva municipal.

 

A Gala do Deporte recoñeceu o labor d@s nos@s deportistas, clubes e persoas e entidades que tanto contribúen a levar o noso deporte ás máis altas cotas a nivel autonómico e nacional:

 

- Mellor club: Club Atletismo Negreira

- Colaborador: José Antonio Suárez Otero

- Mellor promesa masculino: Jun Sieira Gerpe

- Mellor promesa feminina: Margarita García Tatis

- Traxectoria club: Club Petanca Negreira

- Mellor traxectoria: Ainhoa Rodríguez Fernández

- Recoñecemento especial: Andrés Domínguez Silva

- Mellor deportista 2021: Alba Pérez Nieto

 

FOTO-2.jpg

 

Mención especial á presenza do padriño da Gala, Ezequiel Mosquera, ex-ciclista profesional e impulsor de O Gran Camiño Cycling, quen foi obsequiado polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez. Agradecemos tamén a presenza de Blas García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña e alcalde de Ames; de Isidoro Hornillos Baz, presidente da Federación Galega de Atletismo, así como da alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez; do alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, e do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, así como concelleir@s de Deportes dos citados concellos veciños pola súa asistencia.

 

Imaxe: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

Desvio-DP-5602.jpg

Debido aos traballos de ampliación e mellora do trazado que a Deputación da Coruña está a realizar na estrada provincial DP-5602 de Negreira a Pontenafonso, infórmase á veciñanza en xeral, que se procederá a un corte de tráfico necesario para continuar ditas obras, no treito entre Reibó (punto quilométrico 7+000), e a ponte de Barbazán (punto quilométrico 9+500); comprendido entre o xoves 17 de febreiro, e o 13 de agosto do ano en curso, habilitándose un desvío alternativo para vehículos de dimensións reducidas.


• O desvío en dirección Pontenafonso faráse desde Reibó (Liñaio), a través de Bellalta, Vilar de Ordoeste e Pedralonga, ata conectar novamente coa DP-5602.

• En dirección Negreira dende Lueiro, Barbazán, Xallas, Romarís e Porqueira; a través da DP-5602 por Pedralonga, Vilar de Ordoeste, Bellalta e até Reibó (Liñaio).

 

Pregamos desculpen as molestias que se poidan ocasionar, pero trátase dun corte necesario para o bo desenvolvemento dos traballos planificados pola empresa adxudicataria.