buscapistas_foto.jpg

 

Trátase dunha actividade promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración co Programa de Emprego Xuventude 2023 e enmarcada no Día Internacional da Muller, do Concello de Negreira.

Consiste en atopar os oito códigos distribuídos en espazos públicos do núcleo de Negreira, e logo escanear os códigos cun dispositivo móbil para obter a información sobre 8 mulleres ou colectivos vinculados a este concello.

Para optar ao concurso, en cada parada será preciso facer unha foto “selfie” onde se vexa o código QR de fondo xunto coa persoa que o atopou, e logo envialo por correo electrónico a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Para máis información poden consultarse as bases na seguinte ligazón: 

 

foto1.jpg

Chega o programa Concilia Semana Santa do Concello de Negreira, que facilitará a conciliación laboral ás familias ofrecendo atención á rapazada entre 3 e 12 anos.

A iniciativa desenvolverase en horario de 8:30 a 14:30 horas os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril e vaise desenvolver na planta baixa do Centro Sociocultural.

Prazas limitadas por orde de inscrición nos números de teléfono: 881 035 154 e 881 035 155. O período de inscrición estará aberto desde o luns, 11 ata o luns 18 de marzo.

Prioridade para as familias empadroadas no concello de Negreira.

 

sarabela.jpg

A compañía Sarabela Teatro, con máis de corenta anos de traxectoria teatral en Galicia, aterra este venres 22 de marzo ás 21 horas por vez primeira no auditorio Afonso Eanes do Cotón coa representación da obra: “O dragón de ouro”, baixo a dirección de Ánxeles Cuña e con tradución de Catuxa López. Cun texto orixinal do prestixioso autor alemán, Roland Schimmeplfenning, vén sendo a primeira vez que a obra represéntase en galego.

 

Elenco: Fernando Dacosta; Fina Calleja; Fran Lareu; Sabela Gago e Fernando González. Cinco actrices e actores para dar vida a 17 personaxes.

 

Sinopse

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un Mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés- Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O Mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

 

Aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade.

Posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único…

 

DSC_0664.JPG

A Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante un acordo do 23 de febreiro de 2024, somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite II (antes: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Alvite e Alvite II) nos concellos de Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2020/161).

 

O solicitante e promotor é Green Capital Power S.L., e o orzamento previsto é de 2.141.466 euros, cun prazo de execución de sete meses.

 

O prazo de exposición pública é de trinta (30) días contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), de hoxe venres, día 22 de marzo de 2024.

 

A documentación estará a diposición das persoas interesadas na Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, así como nas sedes dos concellos de Negreira e Mazaricos.

 

Ademais, tamén se poderá consultar na web a través da seguinte ligazón:

 

Imaxe.jpg

O Concello de Negreira promove na súa décimo quinta edición, o seu Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 5 e 18 anos de idade, en tres categorías: de 5 a 7 anos; de 8 a 13 e de 14 a 18 anos.

 

A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.

 

O prazo de presentación de traballos abre o 22 de marzo até o día 6 de maio, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

 

feira.jpg

A asociación Negreira Viva coa colaboración do Concello promove por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Abril, o sábado día 20 na carpa municipal da praza do Concello, a partir das seis da tarde.

 

Haberá actuacións musicais, rebuxito, picoteo, baile e diversión garantida. Trala apertura da caseta, ás 19.00 horas terá lugar a actuación de Elisabeth Peñalver, con voz e baile. O programa segue ás 20.00 horas con concurso de playbacks para o que as persoas interesadas poden anotarse a través das redes sociais de Negreira Viva e inclúe premios para todos os participantes.

 

Metidas xa de cheo na noite da Feira de Abril, a partir das nove chegará un dos momentos máis agardados: o concerto con Sabor flamenco, con voz, guitarra e caixón. E para rematar a festa non faltará a animación musical a cargo de DJ Baby.

 

A organización convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse caracterizados para tan importante ocasión festiva en Negreira.

 

 

IMG_1828.JPG

A compañía Enel Green Power España SL, fai saber que en cumprimento ao artigo 20 bis da Lei 3/2007 de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procede levar a cabo os traballos de xestión de biomasa no parque eólico de Corzán, no municipio de Negreira.

 

Dacordo co Plan Sectorial eólico de Galicia, arredor de cada aeroxerador de produción enerxética instalado, a distancia será de 25 metros para a zona de pleno dominio e voo. Nos camiños interiores de ditas instalacións a xestión da biomasa vexetal farase nos 5 metros desde a arista exterior do camiño.

 

A través desta comunicación ponse en coñecemento aos propietarios particulares para que poidan executar previamente os labores de xestión de biomasa e adecuar as distancias das plantacións á lexislación vixente, respetando as distancias de 25 metros en cada aeroxerador e, de 6 metros entorno ás pistas forestais principais.

 

maiores3.jpg

O sábado, día 4 de maio, celebramos no Campo da Feira, o 27º Encontro dos Maiores de Negreira; unha das citas máis agardadas pola nosa veciñanza, ao cal están convidados todos os veciños e as veciñas maiores de 60 anos, así como as súas parellas, no caso de que teñan menos de dita idade.

 

Para asistir é necesario retirar os convites no departamento de Servizos Sociais, antes do día 30 de abril e que deberá presentarse o día do xantar.

 

O programa de actividades inclúe unha misa na capela do Cotón, ás 13:00 horas, seguida da actuación do grupo Os Garuleiros e mailo xantar popular a partir das 14:30 horas. Durante a sobremesa, haberá baile amenizado polo dúo Meritxell.

 

ayto negreira contrapicado izquierdo

Co gallo da próxima celebración das Eleccións ao Parlamento Europeo, o vindeiro 9 de xuño, infórmase á veciñanza de Negreira que procede a realización das tarefas necesarias para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ó disposto pola lexislación vixente.

 

A tal fin, sinálase como prazo de exposición pública das listaxes do Censo o comprendido entre os días, luns 22 e luns 29 de abril de 2024.

 

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listaxes pode efectuarse nas oficinas municipais, na Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Para calquera outra aclaración ou información adicional, a cidadanía pode comunicarse cos seguintes números de teléfono: 900 343 232 e 981 217 439.

 

DSC_1354.JPG

Con motivo da celebración, o domingo día 9 de xuño das Eleccións ao Parlamento Europeo 2024 infórmase á veciñanza da distribución das mesas electorais segundo cada local electoral de Negreira.

 

En total son 11 mesas electorais en 8 locais.

 

En Negreira (centro urbano) son 4 mesas instaladas no Centro Sociocultural. Logo, súmase unha por cada un dos seguintes locais: teleclub da Chancela, teleclub de Liñaio, local social de Aro, teleclub de Landeira, escola de Pesadoira, local social de Gonte e local social de Romarís.