Dni.jpg

 

A Dirección Xeral da Policía Nacional comunicou ao Concello de Negreira, a primeira das datas do ano 2022 en que o Equipo Móvil da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela se desprazará a Negreira para a expedición do Documento Nacional de Identidade (D.N.I.), sendo o luns, día 10 de xaneiro.


O lugar de tramitación é a planta baixa do Centro Sociocultural, con acceso por A Restreva, en horario de 9:00 a 12:30 horas. Os novos documentos poderanse recoller o día 12 de xaneiro, de 9:00 a 10:00 horas.


As persoas interesadas poden anotarse a partir do luns 13 de decembro de 2021, de luns a venres, e ata completar o aforo dispoñíbel, no seguinte número de teléfono: 881 035 142.
A seguinte data de renovación será a finais do mes de marzo, para a cal comunicarase con antelación a data para anotarse.

powered by social2s

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 14 de xaneiro e o 21 de febreiro de 2022, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 12 a 15 anos de idade dos concellos da provincia. Nesta nova edición, participarán 600 nenos e nenas de toda a provincia (100 máis que na anterior edición), que se repartirán en seis quendas de catro días de duración cada unha.

 

A mocidade de Negreira quedou encadrada na 3ª quenda, do 28 ao 31 de xaneiro, cando aos da Baña, Santiago de Compostela, ou Val do Dubra. As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de catro días na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Terá prioridade na inscrición a rapazada que nunca fora a ningunha campaña de neve da Deputación.

 

Recoméndase aos e ás asistentes que leven consigo gorro, luvas, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, mochila pequena, útiles de aseo, pixama e crema solar.

 

Inscrición aberta ata o 14 de decembro

 

Para participar deberán rexistrar na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura, a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante, fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade e copia do aboamento da cota de inscrición (unha vez a praza estea confirmada). O prazo para apuntarse xa está aberto e remata o 14 de decembro de 2021.
No caso de que se soliciten máis prazas das dispoñibles, os concellos procederán a sortear as mesmas entre os e as solicitantes.

 

A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2022 pódese descargar da web da Deputación da Coruña:

 

https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui-2 

powered by social2s

Trala masiva recepción de cartas recibidas pola veciñanza afectada pola limpeza de franxas secundarias por parte da empresa Seaga, o Concello de Negreira solicitou un asesoramento por parte dos técnicos da empresa, de cara resolver dúbidas, xa que as comunicacións teñen certos #datos incorrectos.

 

Datas: martes 23 e mércores 24 de novembro

Horario: 9:00 a 14:00 horas

Lugar: Centro Sociocultural

Cita previa: 𝟲𝟳𝟯 𝟮𝟰 𝟵𝟰 𝟳𝟳 ou 881 035 142

Attachments:
Download this file (Nota informativa.pdf)Nota informativa.pdf
powered by social2s

Diseño sin título (3).png

 Este sábado 4 de decembro levaremos a cabo en Negreira o acendido da iluminación navideña nas rúas da vila. Vai ser nun acto que comezará ás 18.30, a través do pasarrúas máxico infantil “Luz do Camiño”, a cargo do grupo Troula Animación, os cales percorrerán as rúas da vila con música, luces e moita animación para rematar na praza do Concello.

 

Xa o venres día 10 teremos teatro infantil con Títeres Cachirulo, no Auditorio, ás 19:00 horas, mentres que o sábado 11 celebrarse a terceira edición da Carreira do Turrón, a desenvolverse dende as 16:30 horas no pavillón do colexio O Coto.


O xoves 16 terá lugar o acto literario do Fallo do xurado do décimo Certame de poesía “Xosé M. López Ardeiro”, ás 20:00 horas no Auditorio, e coa actuación de Prabhu & Lorenzo. O venres 17 agarda a Audición de Nadal, a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música, a partir das 18:00 horas no Auditorio.

 

Diseño sin título (5).png

 

 

O sábado 18 e mailo domingo 19 de Nadal, a carpa da praza do Concello acollerá o Mercado de Nadal organizado pola Asociación de Empresarios de Negreira, en horario de 11:00 a 20:00 horas.


Para despedir o ano 2021 nas escolas infantís, o martes 21 teremos o espectáculo “O castiñeiro do Apalpador”, en dobre función: na Escola de Aro, ás 11:00 horas, e no Centro Sociocultural, a partir das 17:30 horas, coa compañía Fantoches Baj. Ese mesmo día, ás 18:30 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Escola Municipal de Teatro, no Auditorio.


Gran Festival de Nadal

Vai selo domingo 26 de decembro, a partir das seis da tarde no Auditorio, con entrada de balde. O luns 27 teremos teatro coa compañía Traspediante, ás seis da tarde e no Auditorio.

O xoves 30 será cita coa obra: “O crebanoces”, de Os Bolechas, a partir das seis da tarde no Auditorio.


Divernadal

Os obradoiros de conciliación para as familias de Negreira terán lugar os días: 27, 28, 29 e 30 de decembro, e mailo 3 e 4 de xaneiro.

 

Xaneiro

O domingo 2 e mailo luns 3 teremos a Festa do Neno, no pavillón do colexio O Coto, nos seguintes horarios: de 11 a 13, e de 17 a 20 horas.

O mércores 5 agárdanos a Cabalgata dos Reis Magos que partindo do Campo da Feira (17:00), recupera a recepción real dende o balcón da Casa do Concello, ás seis da tarde.

powered by social2s

Despois dun parón na organización da Carreira do Turrón por mor da pandemia, este ano 2021 retómase unha proba, que a pesar de ter poucos anos de vida, conta cunha gran resposta dos corredores.

 

Nesta terceira edición fixada para o sábado, día 11 de decembro, a partir das 16:30 horas; vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 4.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

 

A inscrición é 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶𝘁𝗮 e, para participar, só tes que traer 1 𝗤𝗨𝗜𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗟𝗜𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢𝗦 que serán entregados aos 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼𝘀 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 do Concello para distribuilo entre as familias sen recursos de Negreira.

 

A inscrición está aberta ata o xoves 9 de decembro, ás 14:00 horas.

 

+ 𝗜𝗡𝗙𝗢: https://carreiradoturronnegreira.blogspot.com/ 

powered by social2s