Grazas ao requerimento do Concello de Negreira, a Axencia Galega de Infraestructuras vén de completar unha actuación de mellora da seguridade viaria nun punto negro de concentración de accidentes na estrada AC 447 á altura do cruzamento da Barquiña cara A Chancela.

 

Mediante un cambio de sinalización no pintado viario, creouse unha semiglorieta no espazo da antiga estrada comarcal para que os vehículos procedentes de A Pontemaceira, poidan facer o xiro á esquerda cara A Chancela con maior seguridade, pois xa non terán que parar no medio do viario para facelo xiro. Agora, deben circunvalar a semiglorieta e facer a parada obrigatoria antes de cruzar a calzada.

 

 

Dita actuación completouse co pintado dunha dobre liña no centro da calzada que impide adiantar neste tramo en recta onde nos últimos anos producíronse accidentes de tráfico graves co resultado dunha persoa falecida no ano 2018. Dende antes incluso, o Concello de Negreira requeriulle á Xunta de Galicia que actuáse nese punto negro como titular da vía, e debido a que tamén é un paso obrigado de peregrinos de entrada a Negreira polo Camiño de Fisterra e Muxía. Sen embargo, as actuacións de pintado na estrada non impediron que se seguisen producindo accidentes de gravidade na zona.

powered by social2s

A Xunta de Goberno Local do Concello de Negreira, vén de adxudicar este luns 10 de xaneiro, o proxecto para instalar unha rede de saneamento ao núcleo de Negreiroa, que é o máis próximo e onde se atopa a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da comarca de Barcala.

 

Este proxecto está incluído dentro do Plan Único de Concellos POS+2021 e estaba orzamentado en 95.295 euros.

 

Os traballos de excavación de zanxas, de instalación da rede de saneamento e, de formigonado final; foron adxudicados á empresa Mantido SL, por un montante final de 78.333 euros e cun prazo de execución de 60 días.

 

Imaxe: Arquivo Concello de Negreira

powered by social2s

Debido a elevada incidencia de casos de covid19 en Negreira e nos concellos da contorna, e agardando un descenso dos datos de contaxio, o Concello de Negreira decidiu aprazar unha semana o reinicio das actividades das Escolas Culturais e Deportivas ata o luns, día 17 de xaneiro, en previsión dunha melloría da incidencia.

 

Con esta medida preténdese evitar cambios nos grupos e tamén mellorar a inmunidade infantil co avance da vacinación entre os menores de 5 a 11 anos.

 

Animamos á xente a aproveitar a vindeira semana para facer actividades deportivas e/ou lúdicas o aire libre, sempre seguindo as medidas sanitarias en vigor.

powered by social2s

paces-negreira.PNG

Para saber máis sobre este Plan, podedes visitar esta páxina web: https://www.pactodelosalcaldes.eu/es/ ou descargar o informe en PDF. 

powered by social2s

O Concello de Negreira considerou necesario pedir un cribado o día de onte, 4 de xaneiro do 2022, para a pobación menor de 20 anos, debido a que considera entre outras causas, a difícil situación que está a vivir coa inminente volta ás aulas do alumnado.

 

A recomendación de realizarse un test de antíxenos para poder incorporarse ao curso escolar é entendible pero pouco práctica. É case imposible conseguilos nos lugares habilitados para vendelos, e tamén para algunhas familias e bastante difícil afrontar o custo dos mesmos, xa que subiron o seu prezo e tamén teñen que desprazarse á outros concellos para poder adquirilos.

 

Dende o Goberno municipal, consideramos esencial que os rapaces/as vaian seguros aos centros educativos, e coa realización das probas sería unha boa forma de garantir que o virus non se extenda e provoque outra subida masiva dos casos.

 

Polo tanto, remitiuses unha petición á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, solicitando un cribado no mesmo concello como así se fixo nos cribados anteriores, agardando en breves que teñamos unha resposta afirmativa para así axudar a mitigar dita pandemia e volver a lograr que os rapaces/as continúen seguros a súa educación.

powered by social2s