sarabela.jpg

A compañía Sarabela Teatro, con máis de corenta anos de traxectoria teatral en Galicia, aterra este venres 22 de marzo ás 21 horas por vez primeira no auditorio Afonso Eanes do Cotón coa representación da obra: “O dragón de ouro”, baixo a dirección de Ánxeles Cuña e con tradución de Catuxa López. Cun texto orixinal do prestixioso autor alemán, Roland Schimmeplfenning, vén sendo a primeira vez que a obra represéntase en galego.

 

Elenco: Fernando Dacosta; Fina Calleja; Fran Lareu; Sabela Gago e Fernando González. Cinco actrices e actores para dar vida a 17 personaxes.

 

Sinopse

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un Mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés- Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O Mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

 

Aborda temas candentes no debate social como a inmigración ilegal e a prostitución forzada. Con humor fino e unindo fantasía e realidade.

Posta en escena cun equipo xeneroso e entregado que dá o mellor de si para habitar un universo fascinante, único…

 

powered by social2s