Presentación

Deportes
DEPARTAMENTO DE DEPORTES
+34 981 885 886

alvaro.lira

@concellodenegreira.es

De 9:30 a 15:00 (de luns a venres)
San Mauro, 11 - 15830 – NEGREIRA

As competencias do Concello de Negreira en materia deportiva teñen como marco o fomento da actividade física para todos, mediante a elaboración de plans de promoción dirixido os diferentes sectores da poboación. Contamos cunha rede de instalacións de primeiro nivel que favorecen o fomento duns hábitos saudables.

O Concello de Negreira recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida do cidadán e como favorecedor da cohesión social. Dende a Delegación de Cultura e Deporte, xestiónase esta área co fin de posibilitar o dereito de toda a cidadanía a coñecer e practicar actividade físicodeportiva axeitada aos seus intereses e características individuais.

A Delegación de Cultura e Deportes desenvolve un modelo deportivo baseado nos seguintes principios:

  • Compatibilidade das tres manifestacións do deporte:
  1. Deporte recreativo de ocio e saúde.
  2. Deporte escolar.
  3. Deporte competitivo.
  • Colaboración entre o Concello e o asociacionismo deportivo como piar básico para acadar un sistema deportivo participativo, amplo e diversificado.
  • Calidade, entendida como a práctica físico deportiva en condicións de saúde e seguridade en base á cualificación dos profesionais que a dirixen e ao axeitado estado dos espazos, equipamentos e instalacións deportivas.