Mofa e Befa. O regreso
Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), aparecen no ano 1992 asaltando, literalmente, o palco da desaparecida Sala Nasa, en Compostela. Moita xente cando escoita a expresión: Os dous de sempre, identifica a Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal.
O primeiro semestre da Rede Galega de Teatros, eiquí en Negreira, achéganos o venres 27 de marzo o regreso aos escenarios deste dúo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira e que son parte do fecundo río do humor galego que ten a súa fonte nos bufóns e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao.
Un espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas encadrado no xénero da comedia e cunha duración de noventa minutos dirixido a maiores de 13 anos, que aterra no auditorio Afonso Eanes do Cotón, o venres 27 dende as 21:00 horas.
Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret, que decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os dous de sempre.
Autores: Quico Cadaval e Carme Varela (versión libre de Os dous de sempre de Castelao e da súa produción de humor gráfico).
Entradas: www.woutick.es ou Delegación de Cultura (mañás)
Prezos: 5€ xeral / 3,50€ carné xoven e +60