Uns 150 nenos e nenas da provincia da Coruña participaron no I Torneo Provincial Xogade de Xadrez, en liña, dividido entre as categorías sub 10 e sub 14, celebrado nunha fase única o pasado sábado 18 de abril para a categoría sub 10 e no caso da sub 14 ademáis de celebrarse esta primeira fase, levouse a cabo unha fase final o domingo 19, no que se enfrontarían de maneira directa os catro primeiros clasificados da primeira fase.
En canto a primeira fase (na que se enfrontaban tódolos nenos contra todos (salvo os membros do mesmo equipo) na categoría sub 10 deu como resultado a seguinte clasificación:
1º XADREZ NEGREIRA - 117 puntos.
2º CÍRCULO XADREZ NARÓN SUB 10 - 78 puntos.
3º PELETEIRO SUB 10 - 68 puntos.
4º ESCOLA DE XADREZ BRÉTEMA - 68 puntos.
5º XADREZ BERTAMIRÁNS - 61 puntos.
6º ESCOLA XADREZ COMPOSTELA SUB 10 - 50 puntos.
7º CLUB USC - 50 puntos.
8º CLUB XADREZ ARTEIXO - 38 puntos.
9º XADREZ OROSO SUB 10 - 33 puntos.
10º XIRIA CARBALLO - 23 puntos.
A nivel individual destacar os 50 puntos de TREX-2010 (Narón), os 42 de Nico-Amado (Negreira), os 30 de Gaelinho (Bertamiráns) e os 30 de HugoDB (Negreira).
Respecto a categoría sub 14 como xa expresamos, procedeuse da mesma forma que na categoría sub 10 realizando unha primeira fase pero a maiores levouse a cabo unha segunda fase na que se enfrontaron os 4 primeiros equipos da primeira fase.
O resultado da primeira fase foi o seguinte:
1º BERTAMIRÁNS - 107 puntos.
2º ESCOLA XADREZ COMPOSTELA - 105 puntos.
3º XADREZ BRÉTEMA - 105 puntos.
4º CLUB USC - 94 puntos.
5º XADREZ LOUSAME - 66 puntos.
6º CLUB XADREZ ARTEIXO - 66 puntos.
7º XADREZ OROSO - 52 puntos.
8º XADREZ PELETEIRO - 41 puntos.
9º XADREZ VEDRA - 38 puntos.
A nivel individual destacar os 36 puntos de Davidbrétema (Brétema), os 34 de Melonovich (USC), os 32 de Hugodomínguez (Bertamiráns), os 32 de Tonxadrez (USC), os 32 de Noelberta (Bertamiráns) e os 30 de NeryCereijo (E. X. Compostela).
Tras esta primeira fase enfrontáronse directamente nunha segunda, os 4 primeiros equipos, é decir, Bertamiráns, E.X. Compostela, Brétema e USC, sendo os resultados da seguinte forma:
CLASIFICACIÓN FINAL
MEDALLAS
Entregaranse unha medalla por participante, aínda que nalgúns casos incrementaranse o número de medallas, por existir un erro en lichess, no que non deixou participar a unha pequena parte de nenos.