elementos2.jpgA campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, clubes e escolas deportivas, promovida dende o Área de Igualdade da Deputación da Coruña, fixo escala hoxe en Negreira cun vídeo fórum, cuxo eixo vertebrador foi o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  viuse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, cun coloquio con tódolos asistentes celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contou coa presenza dunhas relatoras de excepción para o alumnado do Ceip O Coto e mailo IES Xulián Magariños como foron Paula Mayobre, atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, e que ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola de Atletismo Paula Mayobre.

 

elementos1.jpg

 

Tamén participou Laura Delgado, que aínda téndose iniciado no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo, posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse novamente campioa de Europa.

powered by social2s

emprego060318.jpgEste luns 19 de marzo publicaranse nesta web municipal, as bases para a contratación dun traballador/a para cubrir a oferta laboral por seis meses dun Técnico/a de información, publicidade e promoción turística para traballar nos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra.

 

Para acceder ao contido das bases dirixirse ao apartado de ¨Publicacións oficias¨, da web (concellodenegreira.gal), ou a través do Taboleiro do Concello de Negreira, sendo o prazo para formalizar a inscrición de 5 días naturais dende a publicación do anuncio na web municipal.

powered by social2s

foto130318.jpgO Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación do proxecto para construír sendas peonís na estrada DP 5603, de Negreira a Marco do Cornado, pola que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía. A Deputación da Coruña destina 1.012.495 euros a este proxecto, dos cales 893.378 corresponden ao orzamento das obras e outros 119.116 euros á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

 

Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.

 

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

powered by social2s

caminos140318.jpgO programa universitario de maiores da Universidade de Santiago (USC), promove en colaboración co Concello de Negreira, o desenvolmento do ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento mediante formación universitaria gratuita dirixido a persoas maiores de 50 anos, ao longo de cinco datas do mes de abril.

 

O lugar das clases será o Telecentro de Negreira (edificio Centro Sociocultural), e a matrícula pódese formalizar polas mañás na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ao número de teléfono 981 885 886.

 

Datas

 

13 de abril - Clase teórica de introducción á música, a cargo da profesora Silvana Longueira Matos (Facultade de CC. da Educación da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

19 de abril - Clase teórica de Historia da Cultura de Galicia II, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

20 de abril - Visita ao Arquivo da Catedral de Santiago, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 11:00 a 12:30.

26 de abril - Clase teórica de Medioambiente. Profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Propupín Castiñeira (Facultade Física da USC). hORARIO: 10:00 a 11:30.

27 de abril - Visita guiada á Estación depuradora de augas residuais (EDAR), de Negreiroa, cos profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeira. Horario; 10:00 a 11:30.

Quedaría por confirmar a data de asistencia ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia, en Santiago.

powered by social2s

conquista1.jpgA Deputación da Coruña pon en marcha a campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.  Na presente campaña, celebraranse un total de 23 vídeo fórum en outros tantos concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

 

O Concello de Negreira acolle a campaña este venres 16 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio, baixo o nome "Deporte profesional feminino":

 

Paula Mayobre: Atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola Paula Mayobre.

 

Laura Delgado: Comezou no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo. Posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse nocamente campioa de Europa.

 

Attachments:
Download this file (Diptico Xeral _ Conquista os   Elementos_.pdf)Díptico
powered by social2s