itv_agricola.jpgO Concello de Negreira informa que os días 19 e 20 de xuño, a unidade móbil de Inspección técnica de agrícolas estará no campo da festa de Pesadoira, na parroquia de Alvite; e os días 21, 22 e 25 farao no campo da feira, en Negreira.

 

Comunícase aos interesados que o horario de atención ó público será de 9:00 a 13:30 horas, e de 15:15 a 18:00 horas, de luns a venres.

 

Para solicitar cita previa:

* Por teléfono: 902 30 90 00

* A través da web: www.sycitv.com (Cita previa)

powered by social2s

diververan.jpgO Concello de Negreira fomenta as actividades de conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, cunha nova edición dos Obradoiros de manualidades e xogos Diververán.

 

Durante os meses de xullo e de agosto (de luns a venres), de 10.30 a 13:30 horas na pranta baixa do Centro Sociocultural, os rapaces e rapazas, en dúas quendas, poderán participar nestas sesións de manualidades e xogos onde van a aprender técnicas de pintura, traballos en coiro e moitas cousas máis.

 

Horarios

 

Primeira quenda: de 10.30 a 12:00 horas, os nados de 2013 a 2015.

Segunda quenda: de 12:00 a 13:30 horas, os nados de 2009 a 2012.

O prezo da inscrición é de 15 €. Prazas limitadas por orde de anotación na Delegación de Cultura e Deportes, antes do 26 de xuño. Máis información no número de teléfono: 981 885 886.

powered by social2s

visita080618.jpgA Casa do Concello acolleu hoxe a visita dos nenos e nenas das escolas infantís de Aro (Negreira) e de Lañas (A Baña), que xunto coas súas mestras foron recibidos polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

 

Na súa visita á vila, tiveron oportunidade de coñecer as instalacións do cuartel da Garda Civil, sendo recibidos polo sarxento e os axentes do posto que atende aos dous concellos. A última parada da súa visita á capital da Comarca de Barcala, foi ao Albergue Municipal no Camiño de Fisterra, en Patrocinio, onde celebraron unha pequena merendola.

powered by social2s

piscina110618.jpgO Concello de Negreira informa que este venres 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 2 de xullo ó 29 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 11 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11).

 

- Grupo 1: do 2 ó 30 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Grupo 2: do 1 ó 29 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Natación para bebés: do 2 de xullo ó 29 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

- Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 30 de agosto para o Grupo 2. O venres 31 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchables, a partir das 16:00 horas.

 

powered by social2s

respira070618.jpgO Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.) do Concello de Negreira, informa que está aberto o prazo de inscricións para participar no Campamento urbano Respira, a desevolverse entre o 2 de xullo e mailo 31 de agosto, nas instalacións do CEIP O Coto, en horario de 8:45 a 14:15 horas, de luns a venres.

 

Esta actividade está orientada ás familias que por mor da súa actividade laboral durante o verán non poden facerse cargos dos seus fillos/as, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

A inscrición pódese formalizar no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, desde o 6 ao 28 de xuño. O prezo da actividade é de 100 € ó mes, e para obter máis información pódese chamar aos seguintes números de teléfono: 881 035 154/ 881 035 155.

powered by social2s