O Concello de Negreira difundiu nas súas RRSS (Facebook e Twitter), a mensaxe do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, que en nome da Corporación Municipal de Negreira felicita o Nadal e deséxalles á veciñanza, amigos e visitantes, un próspero ano 2020.  

No presente Nadal escolleuse unha imaxe aérea do lugar de Pontemaceira, que no ano que está a piques de rematar, foi incluida na rede de lugares ¨Los pueblos más bonitos de España¨, cuxa presentación pública terá lugar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), no vindeiro mes de xaneiro.

Cos mellores desexos, o Concello de Negreira desexa que teñan un Bo Nadal e un próspero 2020.

powered by social2s

O poemario "Desde onde non nace", do poeta noiés Manuel López Rodríguez, é o gañador do VIII Certame de Poesía "Xosé Manuel López Ardeiro", cuxo fallo deuse a coñecer este mércores 18 de Nadal, durante un acto literario-musical celebrado no Auditorio de Negreira. A outra finalista foi "Migratoria", cuxa autora é Andrea Fernández Maneiro, de Vilagarcía de Arousa. No acto participou o grupo de música Oîma formado por Antía Ameixeiras, Olalla Liñares e Martín Sendón.

 

 

Ao certame convocado polo Concello de Negreira presentáronse un total de dezanove poemarios e os membros do xurado, presidido polo escritor José Antonio Ponte Far, xunto cos poetas Xulio López Varcárcel, Diana Varela, a escritora e investigadora María López Sández, e maila profesora María Rey; seleccionou aos dous traballos finalistas, e da obra gañadora valorou: «Como unha obra executada con brillantez, desde unha óptica introspectiva» e tamén valorou «a estética renovadora en canto á linguaxe e ao ritmo» segundo recolle o acta do xurado.

 

Asemesmo, o xurado decidiu outorgar o segundo premio a ¨Migratoria¨, presentado baixo o lema ¨O remendador de redes¨, valorando «a profunda emotividade que recolle a epopeia histórica do pobo galego, da emigración, e que recolle a insistencia da memoria a través dos recordos e as vivencias». O xurado comprácese en salientar a «alta participación e calidade dos participantes».

 

Manuel López Rodríguez recibiu un premio en metálico de mans do alcalde de Negreira, de setecentos euros, concedido polo Concello de Negreira, e a súa obra será editada nun libro pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, da Xunta de Galicia, coa entrega ao autor de 200 exemplares da obra que será editada por Medulia Editorial. Ao segundo premio que correspondeu a Andrea Fernández Maneiro, recibiu un premio en metálico de trescentos euros por parte do Concello.

 

No acto contouse coa presenza do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e membros da Corporación Municipal, así como os fillos do finado poeta Xosé Manuel López Ardeiro e, salientar a presenza e participación do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez.

 

powered by social2s

O debuxo realizado polos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil Municipal de Negreira, será o que ilustre o cartaz da programación do Concello polas festas de Nadal, ao ser o debuxo gañador do Concurso de Cartaces do Nadal, cuxo premio entregarase o vindeiro día 5 de xaneiro durante a celebración da festa posterior á Cabalgada dos Reis Magos, no pavillón do CEIP O Coto, e cando tamén se entregarán os tres premios do concurso de decoración navideña. O premio consiste nun vale agasallo por valor de 90 euros.

Noraboa e Bo Nadal !!

powered by social2s

Tralo éxito de participación da súa primeira edición, o sábado 28 de decembro celebramos a II Carreira do Turrón, de carácter non competitiva e solidaria, e ideal para potenciar o exercicio físico nestas datas de tantos excesos.

 

Agardámosvos o sábado 28 a partir das 16:00 horas coa concentración e recollida dorsais no pavillón do CEIP O Coto. A partir das 16:30 horas vanse celebrar tres carreiras que con distancias dende os 100 metros ata os 4.000 metros, van a dar cabida a nenos e adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante e gañar.

 

A inscrición é de balde e para participar, só tedes que traer 1 quilo de alimentos non percedeiros, que serán entregados aos Servizos Sociais do Concello para distribuilo entre as familias con menos recursos do noso municipio. Tralas carreiras haberá unha chocolatada para tódolos participantes.

 

A inscrición está aberta ata o venres 27 de decembro ás 14:00 horas, ben na propia Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura, ou ben chamando ao número de teléfono 981 88 58 86, así como en Internet no seguinte enderezo: https://carreiradoturronnegreira.blogspot.com/p/inscricion.html

powered by social2s

Este domingo 15 comezan as actividades do programa de Nadal en Negreira co Festival da Escola Municipal de Teatro, ás seis da tarde no Auditorio do Centro Sociocultural, coas representacións dos distintos grupos da escola que dirixe Sandra Lesta:

 

- Uvas 2020 - alumnos de Infantil e 1º Primaria

 

- Tendas navideñas - usuarios da Fundación de Discapacitados

 

- O espíritu navideño - alumnos de 2º de Primaria

 

- Axentes do Nadal - alumnos de 3º e 4º de Primaria

 

- Fin de ano en Lugo e Badulaque - de 5º e 6º de Primaria

 

 - Contos de Nadal (Charles Dickens) - alumnos de Secundaria

 

 

O mércores 18 teremos a Videoconferencia con Papá Noel, ás 13 horas no Telecentro, e pola tarde, a partir das 18:30 horas o acto do fallo do oitavo Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, no Auditorio. Actuará o grupo Oîma.

 

O venres 20 teremos a visita de Papá Noel á Escola Infantil Municipal, ás 12 horas, e videoconferencia con Papá Noel, no Telecentro, así como a Audición da Escola de Música, ás 18:30 horas no Auditorio; seguida ás 21 horas da segunda Gala de Fútbol de ADN.

 

O sábado 21 pola tarde, dende as 18 horas e no Auditorio, celébrase o vixésimo noveno Gran Festival de Nadal, con entrada de balde.

 

O domingo 22 pola mañá, de 11 a 13 horas na Casa da Cultura, teremos o Torneo de Xadrez do Nadal.

powered by social2s