Foto espazo seguro

“Unha mirada hacia a diversidade funcional: Espazo seguro”, é un proxecto no que se inscribe a iniciativa de conformar espazos seguros, dentro dos concellos de Val do Dubra e Negreira, a través da Asociación Xanela, e do Servizo de Atención Temperá (SAT), da agrupación de concellos de Negreira e Val do Dubra, orientado a visibilizar e sensibilizar sobre a diversidade funcional, a través dun díptico onde explícase o seu obxetivo entre o tecido empresarial de Negreira.

 

En qué consisten os espazos seguros? Trátase de, mediante a difusión de información, sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía sobre a diversidade funcional. Espacio Seguro componse dun punto de encontro situado no Concello, que se empregará como referencia cando unha persoa se sinta desorientada ou perdida, e en segundo lugar, puntos de axuda, que serán distintos locais e establecementos participantes no proxecto.

 

Os participantes colocarán unha pegatina no escaparate, onde se perciben as palabras: “Espazo seguro”. Isto indica, que ese establecemento ten conciencia sobre o que é a diversidade funcional e que será, coma o propio nome do proxecto indica, un espazo seguro para as persoas con diversidade funcional, tanto en caso de necesidade como á hora de realizar unha comptra no seu día a día.

 

Polo tanto, a finalidade do proxecto é xerar espazos adaptados ás necesidades das persoas con diversidade funcional, fomentando que se sintan seguras e cómodas á hora de desenvolverse na comunidade. Para iso, proporcionase unha microinformación onde se plasman pequenas recomendacións sobre cómo actuar ante a diversidade funcional. Por exemplo, adoptar un tono de voz claro e sosegado, e conformar un espazo tranquilo sin subestimar as capacidades da persoa.

 

Os membros da Asociación Xanela iran polos diferentes locais e comercios presentando o proxecto de espazo seguro, e proporcionando un folleto que explica visualmente o proxecto e da pegatina que dará visibilidade.

 

 

powered by social2s

nicra

O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación de horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.

 

Autorízase a ampliación de dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local; na madrugada do sábado 18 de febreiro e o domingo 19 de febreiro de 2023, con motivo da festividade do Entroido barcalés.

 

powered by social2s

data limite

O Servizo de Infraestructuras Agrarias, dependente da Consellería do Medio Rural, fai saber que a data límite para solicitr o cambio de titularidsade por compravenda dos predios de substitución do acordó de Concentración parcelaria de Aro-Campelo e Gonte II, no concello de Negreira, é a do 28 de febreiro de 2023.

 

 

Trátase do anuncio de data do 8 de febreiro de 2023, do Servizo de Infraestructuras Agrarias. A directora xeral de Desenvolvemento Rural emitiu resolución segundo o previsto no artigo 41.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia, na que se acorda establecer como data límite para solicitar cambios de titularidade por compravenda, o 28 de febreiro de 2023 (inclusive).

 

Para isto poderán presentar ante o Servizo de Infraestructuras Agrarias da Coruña:

1 – Solicitude de cambio de titularidade

2 – Escritura pública e liquidación do imposto correspondente

 

En todo caso, a persoa aquirente queda subrogado na posición do anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

 

Nota: No caso de falacemento do titular e cando exista partición de herdanza, se admitirán cambios de titularidade, ata a firmeza do acordo, sempre e cando esta partición afecte a predios de substitución íntegros.

 

Attachments:
Download this file (Anuncio.pdf)Anuncio.pdf
powered by social2s

o atleta samuel lema 2

A undécima Gala do Deporte de Negreira premiou aos seus mellores deportistas e clubs nun evento social cargado de emotividade polos recoñecementos a título póstumo a Emilio Lira Díaz, ex xogador da SD Negreira, e a Jesús Andrade Patiño, quen fora concelleiro de Deportes entre 1987 e 1999 sendo o creador en 1988 das escolas deportivas, as segundas de Galicia, e dos que fixo unha semblanza quen fora alcalde de Negreira nesa época, José Manuel López Tuñas, amigo persoal de ambos. Exerceu de padriño de honra da gala, o ex futbolista do Real Club Deportivo da Coruña, Fran González.

 

o atleta samuel lema 1

 

O premio ao mellor deportista foi para o lanzador de peso pertencente ao Club Atletismo Negreira, Samuel Lema Capeáns, actual campión galego sub23 en pista cuberta e bronce absoluto. O de deportistas promesas foi para: Uxío Trillo Ferreiro, xogador infantil de fútbol e fútbol sala, e Aitana Capeáns Rey, lanzadora de peso. O de traxectoria deportiva foi para Luís Zarco e Abel Pérez, monitores desde hai 25 anos da escola municipal de fútbol sala. O de mellor club, para a Asociación de Kárate O Coto polos seus resultados durante o pasado ano en campionatos galegos e nacionais e, por último, o de colaboración co deporte foi para cervexaría O Cotón.

 

Participaron autoridades locais, co alcalde Manuel Ángel Leis Míguez á cabeza, así como o deputado provincial Antonio Leira; os alcaldes da Baña, Andrés García Cardeso e de Ames, Blas García, ou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Pablo Sanmartín. A gala contou coas actuacións artísticas da escola de hip hop, dirixida por Raquel Castillo; o malabarista Fran Boza e, a acróbata Johanna Hesse, da compañía Pista Catro.

 

 

Imaxes: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

powered by social2s

xornadaInformativaSobreANovaPac

 

Negreira acolle unha xornada informativa sobre a nova PAC (Política Agraria Común), promovida dende a Oficina Agraria Comarcal, o luns día 13 de febreiro no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), a partir das 11:00 horas.

Dita xornada que está dirixida a explotacións agrarias da comarca de Barcala, vai ser impartida por Javier Franqueira, xefe do Servizo Territorial do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) na Coruña.

As axudas da Política Agraria Común son fundamentais para a viabilidade das explotacións agrarias da comarca de Barcala. Ata finais do pasado 2022 no empezaron a sair as novas normativas que acompañarán este proceso, polo que non houbo demasiado tempo para dar a coñecer todas as novidades, que ademais, son moi importantes coma no caso das que afectan ao que antes coñecíase como pago verde, que suponía un 25% da axuda. A modificación é sustancial no relativo a cuestión medioambientais.

powered by social2s