O sábado 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, cuxo lema é: Inclusión, tolerancia e respeto. Axudar a darlle visibilidade a un trastorno que cada vez é máis común entre a poboación: 1 de cada 150 nenos, é a idea que hoxe mesmo levaba á Escola Infantil Municipal, a realizar unha saída cos nenos/as polas rúas da vila portando un testemuño azul con este lema: ‪#‎PásaloPorElAutismo. Foron recibidos polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, na Casa do Concello.

 

O movemento asociativo do autismo de todo o mundo celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo co obxecto de concienciar á sociedade sobre este tipo de trastorno e promover a inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), moi preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidad o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Por resolución 62/139 do 18 de decembro de 2007 (A/RES/62/139), a Asemblea instou aos Estados membros, ás organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas e, a outras organizacións internacionais, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gubernamentais e ó sector privado, a que observen debidamente este día e tomen as medidas para a toma de conciencia a través da sociedade sobre os nenos/as con autismo.

0
0
0
s2sdefault