Artesanía

Turismo Artesanía

A artesanía popular, cada vez menos, esparéxese por distintos núcleos da poboación rural. Nun censo desta actividade, realizado por técnicos do Servizo de Extensión Agraria en 1980, coñecíase a existencia de artesáns de sombreiros (Xallas, Arzón, Liñaio), cestos (Aro Lueiro, A Barquiña, Liñaio), corozas ou capas (A Barquiña) e pedras de filloas (Liñaio). Daquela a producción anual acadaba a cifra de corenta ou cincuenta pezas, cunha comercialización nos mercados comarcais de Negreira, Noia e Santa Comba, inda que dominaban que traballaba só para as necesidades caseiras.