Ten cinco núcleos de poboación: Alvite, Niñavelle, Pedreiras, Pesadoira e Santo Tomé. Limitada polas montañas, a parroquia ocupa o val do río Donas. A súa poboación, dedicada á agricultura e á industria madeireira, emigrou masivamente a Sudamérica e Centroeuropa.